Calendario
Info da proba

Miño

25/06/2016 10:30 - 12:30
Regulamento II SAN PEDRO MIÑO

Comisión de Festas de Miño, organiza o II 10k SAN PEDRO MIÑO o 25/06/2016 na localidade de Miño baixo o control técnico da Federación Galega de Atletismo e incluida no Calendario Oficial da FGA.

SAÍDA: Será as 10:30 h. na zona deportiva da Galea (ao carón da Praza do Parchis). Os participantes deberán colocarse na liña de saída 10 minutos antes do comezo da proba. O trazado consta de zonas asfaltadas e non asfaltada (camiño de santiago)
INSCRICIÓNS: Con data límite mércores 22 de xuño de 2016 ás 23:59 h. PRECIO: 10€, dos cales se destinará unha parte a fins benéficos. Non se admitirán inscricións fóra do prazo establecido nin o día da carreira.
DORSAIS E CHIPS: Retiraranse na secretaría da organización ubicada na Praza do Parchis (ao carón do Concello de Miño) dende as 09:00 h. ata as 10:00 h. o dia da proba.
SERVIZOS:
Situarase un punto de avituallamento na metade do recorrido, asi como na chegada.
Servizo de duchas no pavillón municipal, situado a 300 m. da meta e señalizado.
TROFEOS:
Entregarase un trofeo aos tres primeiros clasificados de cada categoría, tanto masculino coma feminino.
Asemade tamén se entregará ao primeiro e primeira clasificado/a do concello de Miño (farase constar na inscripción) e ao participante máis veterano e para a máis veterana.
Asemade farase entrega dunha camiseta técnica conmemorativa do evento para todos os participantes.