Calendario
Info da proba

Moeche

04/06/2016 17:00 - 19:30
Regulamento III CARREIRA POPULAR DE MOECHE

REGULAMENTO DA III CARREIRA POPULAR DE MOECHE

1. ORGANIZACIÓN:
O Concello de Moeche organiza a III Carreira Popular de Moeche. A proba terá lugar o Sábado 4 de Xuño de 2016 ás 17:00 horas, con saída na Casa do Concello e discorrerá polas vías do Concello de Moeche. Haberá control técnico por parte da empresa de servizos deportivos PRUEBA-T en todas as categorías.

2. PARTICIPACIÓN:
A proba estará aberta a todos/as os/as atletas, federados ou non, sen distinción de sexo ou nacionalidade.

3. CATEGORÍAS:
Pitufos M/F 2011-2013 150 m 17:00
Prebenxamín M/F 2010-2009 500 m 17:10
Benxamín M/F 2008-2007 500 m 17:15
Alevín M/F 2006-2005 1000 m 17:20
Infantil M/F 2004-2003 1000 m 17:20
Cadete M/F 2002-2001 2000 m 17:35
Xuvenil M/F 2000-1999 2000 m 17:35
Absoluta M/F 1998 e anteriores 8000 m 18:00
Senior M/F:
1998-1982
Veterán A M/F:
1981-1965
Veterán B M/F:
1964 e anteriores

4. INSCRICIÓNS:
 A inscrición será gratuíta para os/as atletas das categorías menores (nados no ano 1999 ou posteriores) e de 4€ para os/as atletas da categoría absoluta (nados no ano 1998 ou anteriores) e poderá realizarse a través da páxina web da empresa de servizos deportivos PRUEBA-t: www.prueba-t.es.
Calquera dúbida ou máis información serán atendidas no teléfono 639417975
ou por correo electrónico: daniel.feijoo@moeche.es.
 O prazo de inscrición rematará o Xoves 2 de Xuño ás 23:59 h.
 Límite de prazas carreira absoluta: 500
 Non se admitirán inscricións fóra do prazo.
 A inscrición da proba é persoal e intransferible.
 A realización da inscrición implica ter lido, entendido e aceptado o regulamento da proba.
 A proba estará controlada polo persoal da empresa de servizos deportivos
PRUEBA-T e estarán capacitados para descalificar a calquera atleta que incumpra o regulamento.
Protección de datos: Todos/as os/as corredores/as ao realizar a inscrición aceptan a publicación do seu nome e imaxe na clasificación, medios de comunicación e/ou internet. Mediante a inscrición o corredor/a consinte expresamente que os seus datos sexan empleados pola organización para comunicacións acerca da súa actividade. En todo caso e tal e como establece a Ley de Protección de datos, o interesado pode exercer os seus dereitos de acceso, rectificación, cancelación e oposición mediante un escrito ou correo electrónico.

5. ENTREGA DE DORSAIS:
Os dorsais entregaranse o día da proba na zona habilitada pola organización
(Casa do Concello), ata media hora antes da saída de cada proba.

6. GARDAROUPA:
A organización habilitará un servizo de gardaroupa, pero non se responsabiliza
dos efectos depositados no interior das bolsas. Estará instalado na Casa de Concello.

7. SERVIZO DE DUCHAS:
A organización poñerá a disposición dos/as corredores servizo de duchas.
(Pavillón Municipal de Deportes).

8. PERCORRIDOS:
 A saída situarase na casa do Concello de Moeche e as diferentes carreiras realizaranse no entorno próximo arredor de toda a localidade.
 É obrigatorio que os corredores leven durante toda a carreira o dorsal no peito, debendo chegar á meta con él.
 O percorrido da categoría absoluta estará señalizado en cada Km.
 As distancias sinaladas son aproximadas.
 A organización resérvase o dereito de realizar modificacións ou cambios no percorrido se a seguridade o require; e na distribución das saídas dependendo da cantidade de inscritos.

CATEGORÍA PITUFOS (2011 e anteriores)
CATEGORÍA PREBENXAMÍN (2010-2009) e BENXAMÍN (2008-2007)
BENXAMÍN (2007-2006) SAÍDA-CHEGADA 150m 500m
CATEGORÍA ALEVÍN (2006-2005)-INFANTIL (2004-2003) 1000m
CATEGORÍA CADETE (2002-2001)-XUVENIL (2000-1999)
IDEM CIRCUÍTO ANTERIOR (2 VOLTAS) 2000m
CATEGORÍA ABSOLUTA (8KM)

9. AVITUALLAMENTO:
Haberá servizo de avituallamento sólido e líquido ao final da proba por cortesía de
Supermercados Claudio , Supermercado Ubaldo e supermercado O Cruce.

10. VEHÍCULOS:
Os únicos vehículos autorizados a seguir a proba son os designados pola organización, que regularán o tráfico ao longo do percorrido. Queda totalmente prohibido seguir aos corredores en coche, moto ou bicicleta, polo perigo que pudierasupoñer para os atletas, así como a participación de animais.

11. PREMIOS :
 A organización premiará aos tres primeros/ras clasificados/as de cada categoría Masculina e Feminina.
 Trofeo para o mellor Modestino e mellor Modestina (empadroados) en categoría absoluta.
 Os/as corredores da categoría pitufos e pre-benxamín recibirán todos/as unha medalla.
 A entrega de trofeos realizarase unha vez remate a proba da categoría absoluta.

12. SEGURO:
A proba conta cun seguro de accidentes para todos/as os/as corredores/as que cubre os posibles danos e responsabilidade civil.
Esta carreira disporá de ambulancia medicalizada para atender posibles incidencias.
Igualmente o atleta declara estar en condicións físicas óptimas para realizar dita proba. Todos/as os/as participantes polo feito de inscribirse, aceptan o presente regulamento i en caso de duda ou de surxir algunha situación non reflexada no mesmo, acatarase o que dispoña o Comité Organizador da proba.

13. DESCALIFICACIÓNS:
A proba estará controlada por técnicos da empresa de servizos deportivos Prueba-t e polo persoal do concello de Moeche; e estarán capacitados para descalificar a calquera atleta que incumpra o regulamento.

MÁIS INFORMACIÓN:
http://inscripciones.prueba-t.es/inscripcion/reglamento.php?id=3414