Calendario
Info da proba

Moaña

05/06/2016 10:00 - 12:00
Regulamento Kilómetro Vertical Moaña

https://championchipnorte.com/evento/detalle/id/762/i-open-carrera-vertical-ria-de-vigo---vertical-sprint-moana-2016

A carreira celebrarase o día 5 de xuño de 2016 con saída dende Meira (Moaña) e chegada ó cumio do Monte Faro Domaio, e rexerase polo presente regulamento. A saída será a partir das 10:00 horas. Os corredores regresarán andando dende a meta ata a liña de saída, sen entorpecer ós corredores que estean ascendendo na proba.

A proba terá un percorrido aproximado de 3,5km e discorrerá por parte dos montes do Concello de Moaña, acumulando un desnivel positivo de 600 metros aproximadamente.

A carreira será contrarreloxo e a saída será en quendas de 3 corredores organizados por número de dorsal. A saída non será segmentada nin por sexo nin por idade.

CATEGORÍAS: Poderán participar as persoas que o desexen, maiores de 18 anos, ata un máximo de 360 participantes, repartidos nas categorías de: Absoluta (masculina e feminina) / Veteranos 45 ou máis / Veteranas 40 ou máis.

INSCRICIÓNS: Dende o 1/03/2016 ata o 2/06/2016 na páxina: carreiraverticalriadevigo.xistra.org

PREZO: O importe subvencionado da inscrición inicial é de 5€ para os corredores federados e 8€ para os non federados. Estes prezos aumentarán conforme se aproxime a data do evento. Despois o prezo normal será de 10€ tanto para federados coma para non federados. Dita inscrición dá dereito a participar na proba, seguro de asistencia sanitaria e de responsabilidade civil, avituallamentos, equipos de apoio, e cantos obsequios ou regalos consiga a organización.

SINALIZACIÓN E CONTROIS: O percorrido estará sinalizado con cintas de plástico, sendo obrigatorio o paso polos controis que poidan ser establecidos.

TEMPOS DE PASO: A organización establece un tempo máximo de carreira de 1h 15min para cada corredor dende o momento da súa propia saída. Poderá haber tempos de corte intermedios que serán publicados antes da saída. Os corredores que non acaden os controis nos tempos máximos, deberán retirarse da proba xa que nin a organización nin os servizos de asistencia poden garantir a súa cobertura. Así mesmo os “Corredores Escoba” ou o responsable de cada control terán potestade para retirar da proba a calquera corredor/a se o seu tempo en carreira ou o seu estado de saúde así o aconsella. O/A corredor/a que se retire durante o transcurso da proba, deberá avisar ó control máis próximo e facer entrega do dorsal.

AVITUALLAMENTOS: Existirá un único avituallamento líquido e sólido na meta da proba. Así mesmo na Zona Deportiva de Meira haberá avituallamento para os corredores que regresen ó punto de inicio.
Nota: en caso de que a climatoloxía obrigase, podería haber un avituallamento líquido intermedio.

PREMIOS: Entregarase un trofeo ós tres primeiros de cada categoría.

Quedará descualificado/a desta proba todo o que non cumpra o presente regulamento, non complete a totalidade do percorrido, deteriore ou ensucie a contorna, non leve o seu dorsal ben visible ou desatenda as indicacións da organización.

A organización resérvase o dereito a realizar as modificacións que considere necesarias en función dos diferentes condicionantes, así como a suspensión da proba se as condicións meteorolóxicas o obrigan ou por forza maior.

Os/as participantes están obrigados a auxiliar ós accidentados e a respectar as normas de circulación nos cruzamentos coas estradas.

Os únicos vehículos autorizados a seguir a proba serán os designados pola organización, quedando totalmente prohibido, para evitar posibles accidentes, seguir ós corredores en moto, bicicleta, quad ou similar polo circuíto.

A organización declina toda responsabilidade en caso de accidente, neglixencia, así como dos obxectos perdidos de cada participante. Os participantes exoneran á organización de toda responsabilidade en caso de accidente ou lesión. En todo o non contemplado neste regulamento, a proba basearase nos regulamentos da Federación Galega de Montañismo e da Federación Española de Deportes de Montaña e Escalada (FEDME).

INSCRICIÓNS E INFORMACIÓN

Establécese un número máximo de participantes en 360 corredores.

PREZOS:

Prezo dende o 1/03/2016 ata o 25/05/2016: 5€ (federados FEDME) / 8€ (non federados FEDME).
Prezo dende o 26/05/2016 ata o 2/06/2016: 10€.

Inscricións: na páxina web carreiraverticalriadevigo.xistra.org/inscricions

Outras informacións:

A inscrición pechará cun máximo de 360 participantes.
Lugar de concentración, acreditacións e entrega de dorsais: Domingo dende as 8:30h ata as 9:30h na zona Deportiva de Meira (Moaña).
Lugar de saída e control de dorsais: A Ribeira (Meira) dende as 9:30h ata as 9:55h
Saída da proba: en grupos de 3 corredores dende as 10:00h

Os corredores que excedan os tempos de corte deberán retirarse da carreira. Tódolos corredores deberán levar na parte frontal do corpo (peito) o número de carreira ben visible. A súa ocultación será motivo de penalización ou descualificación. Farase un seguimento escrupuloso das normas medioambientais. Calquera abandono de lixo durante a carreira fóra das zonas habilitadas será considerado descualificación inmediata, se ben pode ser comunicado no momento de chegar á meta.