Calendario
Info da proba

Bande

04/06/2016 19:00 - 21:00
Regulamento III CARREIRA VIA NOVA "CONCELLO BANDE"

Data: sábado, 4 de xuño de 2016.

Hora:
19:00 h Carreiras pitufos (prebenxamin) - 100m
19:15 h Carreiras benxamíns - 400m
19:30 h Carreiras alevín, infantil e cadete - 1 e 2km
20:00 h Carreira absoluta.

Lugar: Bande

Distancia: 8 km.

Organiza: Deputación de Ourense, Concello de Bande e VII Legio Gemina.

III CARREIRA POPULAR VÍA NOVA ``CONCELLO DE BANDE´´.
Data: Sábado, 4 de xuño do 2016.
Hora: a partir das 19:00. Proba absoluta ás 20:00 h.
Lugar: Praza da Constitución.
Distancia: desde 100m hasta 8 km
Organiza: Deputación de Ourense, Concello de Bande e Asociación VII Legio Gemina.
Inscrición: Límite 400 inscritos. Aboarase 6 Euros na proba absoluta para propietarios de Championchip e 7 Euros para non propietarios en Championchip http://championchipnorte.com.
Web: http://www.concellobande.com
Ou no telf.: 650 959 784
III CARREIRA POPULAR VÍA NOVA ``CONCELLO DE BANDE´´
Data: sábado, 4 de xuño do 2016.
Hora: a partir das 19:00. Proba absoluta ás 20:00 h.
Lugar: Praza da Constitución.
Distancia: desde 100m. ata 8 km.
Organiza: Deputación de Ourense, Concello de Bande e Asociación VII Legio Gemina.
Inscrición: Límite 400 inscritos. Aboarase 6 Euros na proba absoluta para propietarios de Championchip e 7 Euros para non propietarios en Championchip http://championchipnorte.com.
Web: http://www.concellobande.com
Ou no telf.: 650 959 784

REGULAMENTO
1.- XERAL:
A Deputación de Ourense xunto co Concello de Bande e a asociación VII Legio Gemina organiza a III Carreira Popular Vía Nova “Concello de Bande”, que terá lugar o próximo día 4 de xuño do 2016, con saía e meta na Praza da Constitución.
Participación: Poderán participar atletas federados e non federados.
2.- TEMPORALIZACIÓN
Data: Sábado, 4 de xuño de 2016.
Lugar: Praza da Constitución.

Horario e distancias:
17:00  Recollida de dorsais. (para a categoría de escolares ata 1/2 hora antes da súa saída e 1hora antes para os da carreira absoluta).
19:00  Categorías escolares
19:00 Prebenxamíns (100m)
19:15 Benxamíns (400m)
Alevíns: 1.000m. (1 Volta o Circuíto A)
19:30 Infantís: 2.000m. (2 Voltas o Circuíto A)
Cadetes: 2.000m. (2 Voltas o Circuíto A)

20:00  Carreira absoluta: 8 Km aprox. (2 Voltas Circuíto Ojo morado
21:15 aprox.  Entrega de premios.
3.- CATEGORÍAS:
Estableceranse as seguintes categorías cos seus correspondentes subgrupos:
Categoría escolar
PREBENXAMIN: de 2009 en adiante 100 m
BENXAMIN: 2007/20 08 400 m
ALEVÍN: Nados en 2005 e 2006 1.000 m
INFANTIL: Nados en 2003 e 2004
CADETE: Nados en 2001 e 2002 2.000 m
Categoría absoluta: 8 km aprox.
JUVENIL/JUNIOR atletas nacidos/as entre 1996 y 2000
SENIOR atletas nacidos/as entre 1982 y 1995
VETERANOS A. Masculinos M- ( 35-44)
VETERANOS B Masculinos M- (45-54)
VETERANOS C. Masculinos M- (55- 64)
VETERANOS D. Masculinos M- (65 POST)
VETERANAS A. Femininos W–(35-44)
VETERANAS B. Femininos W–(45-54)
VETERANAS C. Femininos W–(55-64)
VETERANAS D. Femininos W–(65 POST)
4.- PERCORRIDO
• Circuíto A.
Saída: Rúa Maestro Taibo, Rúa Faustino Santalices, Rúa campo da Feria, Rúa da Fonte. Meta: Rúa Maestro Taibo.
Correran as categorías de : Alevín, infantil e cadete.

• Circuíto B.
Saída: Rúa Maestro Taibo, Rúa San Roque, Rúa Lamas Calvelo, Rúa Outeiro do Rei, Rúa Badella, Rúa Faustino Santalices, Rúa Grupo Escolar, estrada acceso Martiñán, Rúa da Fonte Meta: Rúa Maestro Taibo.
Correran os da categoría absoluta.

5.- INSCRICIÓNS :
Categoría escolar: Desde prebenxamín ata cadete, no Concello de Bande, o mesmo día da proba ou mediante o formulario habilitado na paxina de ChamiponChip Norte http://championchipnorte.com/ (recomendable) e no telefono: 650 959 784 . A inscrición destas categorías será gratuíta.
Carreira absoluta: na páxina ChamiponChip Norte http://championchipnorte.com/, que se encargará das inscricións, dorsais, chips e resultados da categoría Absoluta ou no telf: 650959784. O custe da inscrición será de 6 euros + 1€ de aluguer de chip para o que non teña chip amarelo Championchip.
Non se admitirán inscricións fóra das datas previstas para elo.
AS INSCRICIÓNS DA CARREIRA ABSOLUTA CERRARASE O XOVES 2 DE XUÑO AS 23:59 OU CANDO SE CHEGUEN OS 400 INSCRITOS.

6.- PREMIOS:
- Trofeos para @s tres primeir@s clasificad@s da categoría absoluta e categoría escolar, masculino e feminina, e para @s primeir@s clasificad@ dos subgrupos da categoría absoluta (xuvenil, senior e veteranos), masculino e feminina.
- Premio ao 1º e 1ª clasificada do Concello de Bande (ten que estar empadroado/a no concello).
- Premio ao atleta máis veterano que participe na proba.
- Premio ao equipo con máis participación na categoría absoluta (ao inscribirse terán que especificar o club, contabilizaranse só os que cheguen a meta).
- En categoría prebenxamín e benxamín haberá medallas para tódol@s participantes ou ata os 50 primeiros clasificados entre as dúas carreiras.
OS ATLETAS QUE OBTEÑAN ALGÚN PREMIO DEBERÁN ACREDITARSE CO D.N.I. OU O PASAPORTE.
7.- AGASALLOS
Camisetas para os 250 primeiros inscritos da proba (para isto é obrigatorio inscribirse pola web de championchip ou no teléfono 650 959 784, avituallamento para todos os participantes e regalos para os máis pequenos (medallas, chuches, etc).
8.- SERVIZOS
• Entrega de dorsais e chips.
• Puntos kilométricos sinalizados.
• Avituallamento de meta.
• Servizos sanitarios.
. Roupeiro
• Vestiarios e duchas.
• Aparcamentos.
• Clasificacións publicadas o instante.
• Entrega de premios.
. Música
. Esponxas húmidas en caso de moita calor.
. Atraccións para nenos. Para que poidan correr os pais tranquilos.
. Atraccións tamén para os maiores para amenizar os tempos de espera.
- CEA POST CARREIRA.
Tódol@s que desexen pasar unha velada en compañía doutros corredores e compartir experiencias e anécdotas poderán facelo nunha cea o finalizar a entrega de trofeos sobre as 22:30h. O menú constará dun primeiro, un segundo, sobremesa, café e bebida por 12 €. Anotarse no telefono 650 959 784 antes do 2 de xuño. ANIMÁDEVOS.

Aperitivos chegada:
. Camisetas técnicas (250 primeiros inscritos).
. Mesa de Hidratación: Bebida recuperadora, auga ...
. Mesa de Froitas
. Mesa de chocolatinas
. Mesa de froitos secos e gominolas.
Para as categorías escolares daráselle a cada neno unha bolsa de chuches para facer a proba máis doce .
*Solicitamos a colaboración de tod@s para que estacionen en ditos parkings, mellorando a organización, evitándose o posible estacionamento no interior da proba.
*Todos estes servizos, están predispostos para o uso e comodidade dos participantes e acompañantes co fin de utilizar os vehículos particulares o menos posible.
NORMATIVA:
A) A saída e a chegada será na PRAZA DA CONSTITUCIÓN.
B ) A clasificación será absoluta.
C) Os participantes deberán colocarse na liña de saída dez minutos antes de que se dea esta.
D) Non estará permitido o acompañamento dos participantes mediante o uso de vehículos de axuda. O incumprimento desta norma suporá a eliminación d@ atleta acompañado.
E) O dorsal deberá ser colocado visiblemente na parte dianteira do/a corredor/a, sen poder facer ningunha modificación nel.
F) A Organización contará coa axuda dos organismos municipais competentes que regularán o tráfico ao longo de todo o percorrido. É unha obriga obedecer as indicacións de ditos organismos.
G) Na proba absoluta será obrigatoria a utilización do chip de cronometraxe ofrecido pola organización.
H) TODOS OS CORREDORES DEBERAN ENTREGAR O CHIP AO FINALIZAR A PROBA SE ESTE NON É O SEU PROPIETARIO.
I) A organización e os seus colaboradores non se fan responsables dos danos morais ou materiais que a si mesmos ou a outras persoas ocasione a participación nesta carreira.
J) A organización da proba reservarase a facultade de decidir sobre calquera aspecto ou circunstancia non contemplada neste regulamento.
K) Dado o espírito deportivo e popular desta proba non se admitirán reclamacións. A participación leva implícita a aceptación do regulamento da proba.
Organiza: Concello de Bande, Deputación de Ourense e a asociación VII Legio Gemina.