Calendario
Info da proba

Xinzo de Limia

18/06/2016 20:15 - 23:15
Regulamento XII CARREIRA POPULAR NOCTURNA XINZO DE LIMIA

A XII CARREIRA POPULAR NOCTURNA DE XINZO DE LIMIA, está organizada pola Concellería de Deportes do Concello de Xinzo de Limia en colaboración coa A. D. Limiactiva.
Esta proba celebrarase o sábado 18 de xuño de 2016, a partir das 20:15 H estando suxeita ó seguinte
REGULAMENTO XERAL
1. A saída e meta estarán situadas na Praza San Roque de Xinzo de Limia.
2. Tódolos participantes deberán colocar o dorsal no peito para a súa identificación durante a carreira e na chegada a meta.
3. Ó longo do percorrido, a organización establecerá os controis que estime oportunos e poderase descalificar ós participantes que cometan algunha irregularidade.
4. O control de chegada pecharase 40 minutos despois de que chege o primeiro clasificado.
5. En todo momento estará disposto unha ambulancia e un médico como intervención para os primeiros auxilios.
6. A organización dispón dun seguro de responsabilidade civil e de accidentes.
7. A entrega de dorsais realizarase na Praza de San Roque ata media hora antes do inicio de cada proba.
8. Os atletas que obteñan algún premio, deberán acreditar a súa identidade con DNI, ou calquera outro documento que os identifique, se a organización o considera necesario.
9. Os atletas premiados, terán que estar presentes no acto de entrega de trofeos, non podendo delegar a recollida noutra persoa.
10. Dado o carácter popular e festivo desta carreira, a organización agarda de tódolos participantes o mellor espírito deportivo.
11. O descoñecemento deste regulamento non exime do seu cumprimento.
INSCRICIÓNS
A inscrición poderase facer ata o día 16 de xuño ás 23:59 H.

Formas de realiza-la inscrición:
• Pavillón de Deportes de Xinzo de Limia
• www.championchipnorte.com

Cuota de inscrición:
• Carreira absoluta: 3 euros para os propietarios de chip.
4 euros para os que necesiten alquilar o chip.
• Resto de carreiras: Inscrición de balde.

Non se admitirán inscricións que entren fóra do prazo sinalado, nin as que non cumpran os requisitos obrigatorios.


PERCORRIDOS
HORA CATEGORÍAS VOLTAS DISTANCIA
20:15 H BENXAMÍN
ALEVÍN 2 VOLTAS CIRCUITO PEQUENO 1.060 METROS
20:30 H INFANTIL
CADETE 3 VOLTAS CIRCUITO PEQUENO 1.590 METROS
20:50 H PREBENXAMÍN 2 MINIVOLTAS 300 METROS
20:55 H PITUFOS 1 MINIVOLTA 150 METROS
21:10 h ENTREGA DE TROFEOS ESCOLARES
21:30 H XUVENIL
IÚNIOR
PROMESA
SÉNIOR VETERANS 2 VOLTAS GRANDES 6.250 METROS
22:20 H ENTREGA DE TROFEOS






CATEGORÍAS
CATEGORÍAS MIXTA
A) PITUFOS Nad@s no 2011, 2012, 2013 e 2014
CATEGORÍAS HOMES / MULLERES
Ojo morado PREBENXAMÍN Nad@s en 2009 e 2010
C) BENXAMÍN nad@s en 2007 e 2008.
D) ALEVÍN nad@s en 2005 e 2006.
E) INFANTÍL nad@s en 2003 e 2004.
F) CADETE nad@s en 2001 e 2002.
G) XUVENIL nad@s en 1999 e 2000.
H) IÚNIOR nad@s en 1997 e 1998
I) PROMESA nad@s en 1994, 1995 e 1996
J) SÉNIOR nad@s dende 1993 ata veteráns
K) VETERÁNS +35 Maiores de 35 anos.
L) VETERÁNS +40 Maiores de 40 anos.
M) VETERÁNS +45 Maiores de 45 anos.
N) VETERÁNS +50 Mairoes de 50 anos.
O) VETERÁNS +55 Maiores de 55 anos
P) VETERÁNS +60 Maiores de 60 anos