Calendario
Info da proba

Desafio San Mamede

22/05/2016 9:00 - 14:00
Regulamento Desafio San Mamede

1.-LUGAR:

Celebraráse o domingo 22 de maio de 2016, a saída terá lugar dende a praza onde está ubicado o centro social de Castro de Escuadro , dentro do Concello de Maceda (Ourense).

2.- HORARIO:
9:15 h para a modalidade ANDAINA
9:00 h para a modalidade CARREIRA

3.- CARACTERISTICAS DA PROBA
A proba de carreira de montaña ten unha distancia de 21 km., o seu punto máis alto é de 1601 metros e o máís baixo de 659 metros, cuns desniveis que chegan ata o 38%.
ç
Os participantes deberán ser conscientes que este tipo de evento deportivo está considerado como del “Alto Risco”.
A organización conta cun seguro de responsabilidade civil e seguro de accidentes.
A organización contará cun servizo médico e de ambulancia.

4.-INSCRICIÓNS:
Poderanse realizar dende as 00:00 horas do dia 4 de abril de 2016 ata as 00:00 do día 15 de maio de 2016. Non se realizarán inscricións o mesmo día da proba nin se admitirán inscricións posteriores ao remate do prazo de inscricións. As inscricións realizaranse:

1.- Online a través da pasarela de pago da páxina web de championchipnorte:
https://championchipnorte.com

2.- Presencial:
Cubrindo un formulario e facendo o pago o contado en calquera das direccions que se sinalan a continuación:

Tenda Cool Sport
Dirección: Avenida da Habana nº 57, 32004 Ourense
Tf: 988105050

Concello de Maceda
Direccion: rua toural 2, 32700 Maceda
Tf: 988463001

No caso de que queira desistir da inscrición poderá facelo ata 8 días antes da proba, será devolto o 50% do valor da inscrición.

Os atletas poderán incribirse a título individual ou representando a clubs.

5.- PREZO:
O importe da inscrición para as diferentes modalidades (ANDAINA e CARREIRA) será o seguinte:
4 ao 30 abril 2016 (para os pagos das cuotas de inscrición realizados entre ámbalas datas)
10 € para a modalidade ANDAINA
12 € para ós participantes FEDERADOS na FEDERACIÓN GALEGA DE MONTAÑA na modalidade CARREIRA DE MONTAÑA
15 € para ós participantes NON FEDERADOS

1 ao 14 maio 2016 (para os pagos das cuotas de inscrición realizados entre ámbalas datas)
10 € para a modalidade ANDAINA
15 € para ós participantes FEDERADOS na FEDERACIÓN GALEGA DE MONTAÑA namodalidade CARREIRA DE MONTAÑA
18 € para ós participantes NON FEDERADOS

5.- NORMAS
O evento rexirase según o regulamento de Carreiras por Montaña da Federación Española de Deportes de Montaña e Escalada (Consultar en www.fedme.es) e seguindo as seguintes normas:
a) No poden participar menores de 18 anos na modalidade de carreira e menores de 14 anos na modalidade andaina a data na que se celebra o evento (22 de maio de 2016).
Ojo morado Os participantes deberán informar a organización se ten algún tipo de enfermidade ou dolencia.
c) Será motivo de descalificación:
• Non pasar por todos os controis de paso.
• Recibir axuda externa fora dos lugares autorizados (ata uns 100m dos avituallamentos).
• Ensuciar e degradar o itinerario (é obligatorio que cada corredor leve os seus propios desperdicios e deixalos nos lugares sinalizados pola organización).
• O dorsal levarase sempre visible durante toda a proba, no peito.

Non prestar auxilio a cualquiera participante que sufra algún accidente e informar no control máis cercano.
• No se pode obstaculizar voluntariamente a outro corredor.
• Os participantes obedecerán as instruccións dos membros da organización e dos controis de paso.

d) É obligatorio avisar nun control ou a un membro da organización do abandono e entrega do correspondente dorsal.
e) O mal tempo non é obstáculo para a celebración da proba, salvo no caso de que as condicións climatolóxicas sexan moi adversas, a organización habilitará un percorrido alternativo (PERCORRIDO DA MODALIDADE ANDAINA) para garantir a seguridade dos participantes no evento.

f) A organización reservase o dereito a realizalas modificacións que considere necesarias en función dos diferentes condicionantes, así como a suspensión da proba si as condicións meteorolóxicas o obrigan, ou por algunha causa de forza maior.

g) A organización prevé uns tempos de paso e corte en determinados controis para a carreira de montaña: KM.7 (1h. 50m.), KM.14 (3h.15m.) e un tempo máximo de 5 h para completar a totalidade do percorrido.

h) O final da proba pode haber control antidoping.

i) A organización declina toda responsabilidade en caso de accidente, lesión ou neglixencia, así como dos obxectos de cada participante. Os participantes exoneran a organización de toda responsabilidade en caso de accidente ou
lesión.

j) Os corredores deberán ter as condicións físicas requeridas para a distancia e a dureza do itinerario. Levarán a indumentaria e o calzado axeitados para a modalidade deportiva na que se inscriban.

k) A cota de inscrición dará dereito a participar na proba, seguro de accidentes, bolsa do corredor, avituallamentos, gardaroupa, duchas, comida postcarreira e participar no sorteo de cantos agasallos consiga a organización.

l) En todo o que non se contemple neste regulamento, a proba regularase polo disposto nos reglamentos da Federación de Montaña de Galicia e da Federación Española de Deportes de Montaña e Escalada (FEDME).

6.- AVITUALLAMENTOS

A distribución dos avituallamentos será a seguinte:
1. CARREIRA (TRAIL): km 6 (líquido), 7.5 (líquido e sólido), 10 (líquido e sólido) e
15 (líquido e sólido) e 19 (liquido)
2. ANDAINA: km 6 (líquido e solido), 9.5 (líquido)

7.-PREMIOS

a) Na modalidade Carreira, entregaranse trofeos conmemorativos os tres
primeiros/as clasificados/as das seguintes categorías:
Absoluta: os 3 primeiros/as clasificados/as na proba.
Mellor atleta local
O participante ou a participante mais veteran na proba

Na modalidade de CARREIRA DE MONTAÑA, a efectos da Copa Galega de
Carreiras por Montaña, os participantes estarán ao disposto ou recollido no
regulamento de competición das carreiras por Montaña da FEDERACIÓN GALEGA
DE MONTAÑISMO.

Ojo morado A proba conta cun “premio especial” para o corredor/a que chegue primeiro o Alto
de San Mamede.

c) A modalidade ANDAINA non ten carácter competitivo.

8.- DEREITOS DE IMAXE

A aceptación e inscripción na proba, e polo tanto do presente regulamento,
implica que o participante autoriza á organización DESAFIO SANMAMEDE á grabación
total ou parcial da súa participación na mesma, presta o seu consentimento para que
poida ser utilizada a súa imaxe na promoción e difusión da proba de todas as formas
posibles (radio, prensa, vídeo, foto, DVD, Internet, carteis, medios de comunicación,
etc.), e cede os dereitos relativos á explotación comercial e publicitaria que a
organización considere oportuno executar...
A organización de DESAFIO SANMAMEDE garante o pleno cumprimento da
normativa de protección de datos de carácter persoal, e así o inscrito queda informado a
través deste regulamento e presta o seu consentimento á incorporación dos seus datos
aos ficheros automatizados existentes e ao tratamento dos mesmos para a súa
utilización en relación con xestións administrativas, comerciais e outras actividades
propias da organización ao Club Via XVIII Maceda, o titular dos datos terá dereito de
acceso, rectificación, cancelación e oposición nos términos previstos na Lei Orgánica
15/1999 de 13 de Decembro, de Protección de Datos de Carácter Persoal
Todo corredor debe coñecer e respetar o regulamento da proba. A inscrición
implica cumprimento deste Regulamento.

9.- DESAFIO SAN MAMEDE SOLIDARIO

Un ano mais este evento ten un lado solidario que nos define, este ano decidimos
aportar o 20 % da recaudación das inscricicions o seguinte proxecto promovido pola
ASAMBLEA COMARCAL DE CRUZ VERMELLA DE MACEDA.

Programa: Loita contra a pobreza e a exclusión
Colectivo: Persoas afectadas pola crisis socioeconómica en xeral (ingresos menores a
500€/mes) en particular.
Maiores con Responsabilidades familiares (maiores de 65 con fillos e netos a cargo,
máis de 2 membros na unidade familiar)
Persoas de familias con todolos membros en paro (ingresos menores a 500€/mes)
Parados longa duración (mái de 1 ano en desemprego)
Persoas sen Fogar

10.- COMPORTAMENTO DOS PARTICIPANTES NAS DIFERENTES PROBAS.
Os participantes que se inscriban en calquera das probas CARREIRA e ANDAINA non
poderan tomar a saida acompañados de animais.
Os participantes que tomen saida na modalidade ANDAINA deberán saber que nalgun
momento do percorrido se van a atopar cos corredores, os cales lle deben facilitar o
paso na medida do posible para evitar accidentes ou caídas.