Calendario
Info da proba

Friol

29/05/2016 11:00 - 13:30
Regulamento IV Carreira Popular Concello de Friol

Data: 29 de maio de 2016.
Hora: 11:00h.
Lugar: Praza de España, Friol.
Distancia: de 100 a 5.000 m.
Organiza: CPI Dr. López Suárez e o Concello de Friol.
Web: Concello de Friol
Inscrición: ata o 25 de maio en ChampionChipNorte.

/ Comenta a Carreira de Friol no foro




REGULAMENTO DA PROBA

- A III Edición da Carreira Popular de Friol está organizada conxuntamente polo CPI Dr. López Suárez e o Concello de Friol.

- Poderán participar na proba todas aqueles que o desexen.

- Non estará permitido o acompañamento dos participantes mediante o uso de vehículos de axuda. A non observancia desta norma implicará a descalificación dos atletas acompañados.

- O dorsal deberá ser colocado visiblemente na parte dianteira do/a corredor/a, sen poder facer ningunha modificación nel.

- Na proba absoluta será obrigatoria a utilización do chip de cronometraxe subministrado pola organización excepto para os propietarios de chip amarelo que poden utilizalo seu.

- Todos os participantes polo feito de inscribirse, aceptan a publicación tanto do seu nome coma da súa imaxe nas clasificacións da proba, nos medios de comunicación e na internet.

- Dado o espírito deportivo e popular desta proba non se admitirán reclamacións. A participación leva implícita a aceptación do regulamento da proba.

- A organización disporá dos seguros pertinentes segundo a normativa vixente.

- A organización e os seus colaboradores non se fan responsables dos danos morais ou materiais que a si mesmos ou a outras persoas ocasionen os participantes nas carreiras.

- A organización da proba reservarase a facultade de decidir sobre calquera aspecto ou circunstancia non contemplada neste regulamento.

CARREIRAS DE MENORES
Disputaranse a partir das 11:00 da mañá no entorno da Colexio da localidade de
Friol. As categorías, as distancias e os horarios de cada un deles son as seguintes:
Categoría Pitufos: 2011 e posteriores 100 metros 11:00
Categoría Prebenxamín: 2009/2010 300 metros 11:05
Categoría Benxamín: 2007/2008 700 metros 11:10
Categoría Alevín: 2005/2006 1400 metros 11:15
Categoría Infantil: 2003/2004 1400 metros 11:25
Categoría Cadete: 2001/2002 2100 metros 11:35

CATEGORÍA ABSOLUTA
Disputarase a partir das 12:00 da mañá no entorno do Colexio da localidade de Friol sobre un circuito de 5 Km.

As categorías, tanto no apartado masculino como femenino, son as seguintes:
Categoría A: nacidos no 2000, 1999, 1998 e 1997
Categoría B: nacidos entre os anos 1996 e 1987
Categoría C: nacidos entre os anos 1986 e 1982
Categoría D: nacidos entre os anos 1981 e 1977
Categoría E: nacidos entre os anos 1976 e 1972
Categoría F: nacidos entre os anos 1971 e 1967
Categoría G: nacidos entre os anos 1966 e 1962
Categoría H: nacidos entre os anos 1961 e 1957
Categoría I: nacidos entre os anos 1956 e 1952
Categoría J: nacidos no ano 1951 e anteriores

INSCRIPCIÓNS (ata o mércores 25 de maio ás 24:00):
Categorías de menores: Farase a inscripción das categorías de menores na web www.championchipnorte.com

Carreira Absoluta: Inscripcións on-line na páxina: www.championchipnorte.com

No caso de que non sexas usuario, debes darte de alta no apartado “REXISTRATE” e seguir as instrucións para formalizar as inscricións que desexes en www.championchipnorte.com

A inscripción da carreira terá un coste de 3 € para os propietarios de chip amarillo do chip amarillo de championchip + 1 € de aluguer para os non propietarios.

PREMIOS
Categorías de Menores: Os tres primeros de cada categoría levarán un trofeo conmemorativo da carreira, agás os da categoría de pitufos, que non será competitiva.

Asimesmo, a todos os atletas das categorías de menores se lles entregará una medalla conmemorativa do evento.

Carrera Absoluta: Trofeos os tres primeros clasificados de cada categoría. Os tres primeros absolutos (tanto masculino como femenino) levarán un producto típico da zona. A todos los participantes se lles entregará una camiseta conmemorativa da carreira.

PERCORRIDO:
A carreira terá un percorrido de 5 km e a saída terá lugar diante do Colexio de Friol, na Praza de España. Dende ahí xiraremos a dereita tomando a Avenida de Lugo. Pasada a gasolinera, collemos a carretera de Ousá ata a rotonda, onde se tomará a circunvalación de Friol dirección o pobo. Alí collemos a Rúa Santa Isabel ata enlazar outra vez ca
Avenida de Lugo. Unha vez que se chega a altura do Colexio, darase unha volta o mesmo para entrar en meta.



ENTREGA DE DORSAIS E CHIPS DE CRONOMETRAXE CHAMPIONCHIP.
Os dorsais e os chips de cronometraxe entregaranse o día da proba (29 de Maio) na carpa da organización sita diante do Concello de Friol de 9:30 a 11:00.

INFORMACIÓN DE INTERESE PARA O ATLETA
- Aparcadoiros: os atletas disporán dunha zona de estacionamento na praza do concello e inmediacións do propio Centro Educativo.

- Duchas: unha vez rematada a proba estarán a disposición dos atletas as duchas nas instalacións polideportivas do propio Colexio.

INFORMACIÓN E RESULTADOS:

Os resultados da carreira popular estarán dispoñibles na páxina web oficial da proba www.championchipnorte.com e na páxina web do Concello de Friol.

/ Comenta a Carreira de Friol no foro