Calendario
Info da proba

Sigüeiro (Oroso)

30/04/2016 17:30
Regulamento IV Carreira Pedestre Concello de Oroso

Data: 30 de Abril.
Hora: A partir das 17:30h.
Lugar: Rúa Camiño inglés á carón do concello, Sigüeiro.
Distancia: 10Km..
Organiza: Concello de Oroso.
Inscrición: en Carreiras Galegas.


IV CARREIRA PEDESTRE CONCELLO DE OROSO
Sábado 30 de abril de 2016
Sigüeiro - Oroso
A partir das 17:30 horas
REGULAMENTO
1.- As probas disputaranse na localidade de Sigüeiro - Oroso. A saída e chegada de cada proba farase na rúa Camiño Inglés a carón da casa do Concello e o circuíto correspondente a cada categoría estará debidamente sinalizado.
2.- Poderán participar todas aquelas persoas que o desexen, con ou sen licenza federativa. O control da carreira estará a cargo do Comité de Xuíces da Federación Galega de Atletismo, Delegación de Santiago de Compostela.
3.- A inscrición da proba absoluta (de junior-promesa a veteráns) poderá realizarse nas webs www.carreirasgalegas.com e www.fgatletismo.es/santiago con data límite: mércores 27 de abril ás 23:59 horas.
A inscrición das carreiras escolares (de pitufo a xuvenil) farase tamén a través das páxinas web www.carreirasgalegas.com e www.fgatletismo.es/santiago debendo rellenar o formulario de inscrición (data límite: mércores 27 de abril ás 23:59 horas).
PREZOS DA INSCRICIÓN
CATEGORIAS ESCOLARES (de pitufo a xuvenil incluídos): GRATUITA
PROBA ABSOLUTA (de junior-promesa a veteráns): 5 € por participante
* O pago da inscrición poderá realizarse pola pasarela de pago das páxinas web www.carreirasgalegas.com. Para calquera dúbida co proceso de inscrición poderán poñerse en contacto co teléfono 981 291 799 ou no em@il FGAsantiago@gmail.com.
Non se admitirán inscricións fóra do prazo establecido nin se admitirán inscricións o día da carreira.
4.- Os dorsais retiraranse na secretaría da organización ubicada no Centro Cultural a carón da SAIDA das probas e fronte a Casa do Concello o sábado 30 de abril de 10:30 a 14:00 horas (opción recomendable especialmente para atletas locais que deberán tentar recollelo en xornada de mañán). En xornada de tarde haberá prazo límite de 30 minutos antes de cada proba correspondente.
5.- PREMIOS
Recibirán trofeos os 3 primeiros clasificados de cada categoría establecida no presente regulamento, masculinos e femininos e tamén os tres primeiros clasificados da proba junior–promesa, senior e veteranos masculino e feminino.
Nas categorías prebenxamín e pitufo recibirán medallas todos os participantes, non haberá trofeos para esta categoría.
Os premios non serán acumulativos, de xeito que ningún corredor/a poderá recibir dous trofeos. A entrega de trofeos farase ao rematar a carreira.
6.- Todo/a corredor/a que chegue á meta sen o seu dorsal ou non o leve colocado de xeito correcto na zona anterior do corpo, será automáticamente descualificado.
7.- Os participantes deberán colocarse na zona de saída 10 minutos antes do comezo da súa proba.
8.- Os atletas que obteñan algún premio poderáselles solicitar que acrediten a súa idade coa presentación do DNI ou pasaporte.
9.- Aínda que a proba sexa de carácter estritamente deportivo e popular, admitiranse reclamacións, pero agárdase un espírito e un comportamento deportivo por parte de todos os participantes. As reclamacións aos resultados oficiais formularánselle ao xuíz árbitro da competición non máis tarde de 30 minutos despois da publicación dos resultados.
10.- O horario das saídas poderá ser modificado, a criterio do xuíz árbitro da proba, en función do número de participantes de cada categoría.
11.- Todo o non recollido neste regulamento resolverase de acordo co Regulamento da RFEA e FGA para probas en ruta en vigor.
Categorías e horarios
CATEGORÍA
ANO DE NACEMENTO
HORA
DISTANCIAS
Junior-Promesa
1994-1995-1996-1997-1998
17:30 h
10.000 m
Senior
1993 ata veteranos
17:30 h
10.000 m
Veterano A masculino
Nados entre 1981 e 1971
17:30 h
10.000 m
Veterano B masculino
Nados entre 1970 e 1961
17:30 h
10.000 m
Veterano C masculino
Nados no 1960 e anteriores
17:30 h
10.000 m
Veterana D feminino
Nados entre 1981 e 1966
17:30 h
10.000 m
Veterana E feminino
Nados no 1965 e anteriores
17:30 h
10.000 m
Pitufo
Nados en 2011 e posteriores
18:30 h
300 m
Prebenxamín
Nados en 2009-2010
18:40 h
300 m
Benxamín
2007-2008
18:50 h
1000 m
Alevín
2005-2006
19:00 h
2000 m
Infantil
2003-2004
19:15 h
2000 m
Cadete
2001-2002
19:30 h
3000 m
Xuvenil
1999-2000
19:45 h
3000 m
ENTREGA DE PREMIOS A PARTIR DAS 20:30
NOTA: Esta proba pertence ao Calendario Oficial da Federación Galega de Atletismo e mediante a súa inscrición o corredor consente expresamente que os seus datos básicos sexan cedidos a esta entidade para a tramitación, ante a compañía de seguros, dos seguros obrigatorios de accidentes e Responsabilidade Civil así como a xestión da licencia de día de ranking popular e probas de ruta. En todo caso e tal como establece a lei de Protección de Datos, o interesado pode exercer no futuro os seus dereitos de acceso, rectificación, cancelación e oposición mediante escrito ou correo electrónico á Federación Galega de Atletismo. Avda. de Glasgow 13 15008 A Coruña