Calendario
Info da proba

Santiago - Esclerosis

29/05/2016 9:00 - 13:00
Regulamento II Carreira e Andaina Solidarias pola Esclerose Múltiple


REGULAMENTO XERAL
Art.1)
A Asociación Compostelá de Esclerose Múltiple (A.C.E.M.), organiza a
“II Carreira e Andaina Solidarias pola Esclerose Múltiple”, o domingo 29 de maio de 2016, na localidade de Santiago de Compostela, baixo o control técnico da Federación
Galega de Atletismo, a través da súa delegación en Santiago de Compostela.

Art.2)
Poderán participar atletas federados e non federados; haberá unha clasificación
conxunta. A cronometraxe e control da carreira estarán a cargo do Comité de Xuíces
da Federación Galega de Atletismo.

Art.3) CATEGORÍAS
Masculina e Feminina:
•Pitufos:ano nacemento (2011
-actualidade)
•Escolares A: ano nacemento (2007-2010)
•Escolares B: ano nacemento (2004-2006)
•Escolares C: ano nacemento (2003 ata 16 anos)
Absoluta- Sub 23: 17-23 anos-
Senior: 24-34 anos-
Veteranos 1: 35-44 anos
- Veteranos 2: dende os 45 anos
•ANDAINA: todas as idades

Art.4) DISTANCIAS E HORARIOS
•Pitufos: 150 metros. Saída: 12:50
•Escolares A: 500 metros. Saída: 11:00
•Escolares B: 2,5 km. Saída: 11:15
•Escolares C: 5 km. Saída: 11:15
•Absoluta (Sub23-Senior
-Veteranos 1 e 2): 5 km.
Saída: 12:00
•ANDAINA: 2,5 km.
Saída: despois da saída da carreira absoluta

Art.5) LUGAR DE SAÍDA E PERCORRIDO
A saída e a meta da proba terán lugar no
estanque da Residencia Universitaria
(Avenida de Antonio Raimundo Ibáñez). O seu percorrido desenvolverase ó longo da
Alameda e a Residencia.

Art. 6) INSCRICIÓNS
(lugar, data límite e prezo)
O custo da inscrición é de 5 euros.
- A partir do terceiro membro da unidade familiar inscrito, será gratuíto. Para
obter esta bonificación, deberase notificar a inscrición á ACEM no mail
acemcarreirasolidaria@gmail.com (indicando, no seu caso, se participa na
Carreira ou na Andaina).
A inscrición será efectiva dende o momento en que se faga o ingreso da cuota, que
poderá realizarse nas formas seguintes:
•Na Asociación Compostelá de Esclerose Múltiple, sita na rúa
Queixume dos
Pinos nº 4
(Salgueiriños)
en Santiago de Compostela, en horario de luns a
venres de 9:00 a 14:00 horas.
• Na Federación Galega de Atletismo, a través da súa páxina web:
http://www.carreirasgalegas.com
•Nas contas bancarias de

“la Caixa": ES85 2100 2186 9902 0038; ou de
“Abanca” ES68 2080 0319 6330 4001 9077 (sen cargos en calquera sucursal
ou caixeiros das entidades). Será preciso enviar e-
mail cos datos do(s)
participante(s), indicados no artigo 9 deste
regulamento, a:
acemcarreirasolidaria@gmail.com
especificando idade, Carreira, Andaina ou
Dorsal 0.
No caso do
Dorsal 0
, debe indicarse no concepto do ingreso e notificalo ao
email
acemcarreirasolidaria@gmail.com
ou chamar ós teléfonos 981 57 52 40 ou 620 53 34
71.
O
prazo de inscrición
comeza o día
2 de maio, e rematará o mércores 25 de maio.
Non se aceptarán inscricións por teléfono nin inscricións fóra dos prazos indicados.

Art.7
) RETIRADA DE DORSAIS E CHIPS
(lugar e hora)
A retirada dos dorsais, poderá realizarse de dous xeitos:
1) De forma anticipada en
Decathlon
Santiago de Compostela (Rúa de Polonia,
2. Polígono da Costa Vella) nos seguintes horarios:
-
Venres 27 de maio: de 16:00 a 20:00 horas.
-
Sábado 28 de maio: de 11:00 a 13:00 horas e de 16:00 a 20:00 horas.
2) O mesmo día da carreira
no lugar de
saída
, dende as 9:45 e ata 30 minutos
antes do comezo de cada unha das carreiras e da andaina.

Art. Molón PREMIOS
Individuais:
-
Ós/ás tres pr
imeiros/as corredores/as da carreira absoluta, tanto masculina
como feminina.
-
Ós/ás tres primeiros/as corredores/as de cada categoría, tanto masculina como
feminina (agás na categoría Pitufos, que recibirán todos unha medalla). No
caso de que algunha categ
oría non teña suficientes corredores, a organización
resérvase o dereito a unila a outra.
*Os premios non serán acumulativos.
Grupos:
-
Equipos Federados:
premio ós tres primeiros equipos federados absolutos
(FGA). A clasificación será establecida a través dos 6 primeiros/as
corredores/as en cruzar a liña de meta, pola suma dos seus postos, gañando o
equipo que menos puntos acade. En caso de empate gañará o equipo que
mellor clasifique o seu 6º compoñente. Os equipos poderán ser mixtos (homes
e mulleres). Será imprescindible que cada atleta indique o nome do equipo
federado na súa inscrición individual, e que cada club
envíe a listaxe
coa
composición do equipo ó mail da Delegación da Federación Galega de
Atletismo en Santiago de Compostela (FGAsantiago@gmail.
com), con prazo
límite ata o
xoves 26 de maio
.
-
Equipos Non Federados
: premio ós tres primeiros equipos absolutos non
federados. A clasificación será establecida a través dos 6 primeiros/as
corredores/as en cruzar a liña de meta, pola suma dos seus postos,
gañando o
equipo que menos puntos acade. En caso de empate, gañará o equipo que
mellor clasifique o seu 6º compoñente. Os equipos poderán ser mixtos (homes
e mulleres). Será imprescindible que cada atleta indique o nome do equipo non
federado na súa inscri
ción individual.

Art. 9) DATOS
Os datos obrigatorios para inscribirse son: nome, apelidos, NIF ou pasaporte, data de
nacemento completa, xénero (masculino ou feminino), dirección e teléfono.
Rexeitarase calquera inscrición á que lle falte algún dos datos s
inalados. No caso dos
atletas federados na presente tempada, deberán indicar a maiores o seu número de
licencia coa FGA, e nome do seu club.
Aqueles/as atletas que proporcionen datos falsos, serán descalificados.

Art. 10) CLASIFICACIÓN
A clasificación será
absoluta, por categorías (agás Pitufos), por equipos federados e
por equipos non federados.

Art. 11) CONTROL DA CARREIRA
A carreira absoluta estará controlada a través dun chip dun só uso integrado no dorsal,
que se entregará a cada corredor/a, e que deberá levar colocado no peito de forma
visible, sen cortes nin dobreces.
Todo corredor/a que non entre na liña de meta co seu dorsal, ben visible, colocado por
diante, ou que incumpra as normas establecidas no regulamento da Federación
Galega de Atletismo e d
a RFEA referente a probas en ruta, será descalificado.
A carreira estará baixo o control do Comité Galego de Xuíces da Federación Galega
de Atletismo
que colaborará altruistamente coa causa.
A organización contará coa axuda dos organismos oficiais competentes que regularán
o tráfico ó longo de todo o percorrido.
O control da chegada pechará 50 minutos despois de que entre en meta o primeiro
corredor da categoría absoluta.

Art. 12) VEHÍCULOS
Non estará permitido o acompañamento na proba de ningún vehículo al
leo á
organización. Nin mascotas, bicicletas, patíns ou persoas non inscritas na proba que
poidan acompañar, avituallar ou marcar ritmos ós participantes.
Debido ás características da proba, permitiranse as cadeiras de rodas con ou sen
motor.

Art. 13) RECL
AMACIÓNS
As reclamacións ós resultados oficiais, deberán formularse verbalmente ó Xuíz Arbitro
da Competición non máis tarde de 30 minutos despois da publicación dos mesmos.

Art. 14) SERVIZOS
Contarase con servizos de ambulancia, médico, vehículos de sinal
ización e escoba.
Contarase tamén con garda-
roupa na liña de saida/meta e duchas
no Estadio de
Atletismo da Universidade de Santiago de Compostela, no Campus Vida (Sur).
Haberá avituallamento ao final das carreiras e da andaina.
A proba conta tamén cun seg
uro de Responsabilidade Civil e un Seguro de Accidentes
Deportivos para todos os participantes (carreiras
-andaina).

Art.15) PROTECCIÓN DE DATOS
Todos os participantes, polo feito de formalizar a inscrición, dan o seu consentimento
para que a Organización e
a entidade ALLIANZ SEGUROS, por si mesmos ou por
terceiras entidades, traten informaticamente e coa finalidade exclusivamente
aseguradora e deportiva, os seus datos de carácter persoal, de acordo coas opcións
contidas na inscrición.
De acordo co que
establece a Lei Orgánica 15/1999, de 13 de decembro, de
protección de datos de carácter persoal, o participante poderá exercer o seu dereito de
acceso a estes ficheiros co obxecto de rectificar ou cancelar de forma parcial ou total o
seu contido. Para exer
citar este dereito deberá solicitalo nas direccións indicadas na
ficha de inscrición.

Art. 16) OUTROS
Todo o non previsto no presente regulamento resolverase de acordo co regulamento
da FGA, RFEA e IAAF en vigor.

NOTA
: Esta proba pertence ó Calendario Oficial da Federación Galega de Atletismo e
mediante a súa inscrición o corredor consente expresamente que os seus datos básicos sexan
cedidos a esta entidade para a tramitación, ante a compañía de seguros, dos seguros
obrigatorios de accidentes e Responsabilidade Civil así como a xestión da licenza de día e
ranking popular de probas de ruta. En todo caso e tal como establece a lei de Protección de
Datos, o interesado pode exercer no futuro os seus dereitos de acceso, rect
ificación,
cancelación e oposición mediante escrito ou correo electrónico á Federación Galega de
Atletismo. Avenida de Glasgow 13 -
15008 A Coruña.