Calendario
Info da proba

Vila de Cruces

22/05/2016 11:00
Regulamento I Carreira Popular "O Galo Corre", Vila de Cruces

Data: 22 de Maio.
Hora: 11:00h.
Lugar: Praza do concello, Juan Carlos I.
Distancia: 7,7Km.
Organiza: Concello de Vila de Cruces.
Inscrición: en EmeSports.



REGULAMENTO DA I CARREIRA POPULAR “O GALO CORRE”
DE VILA DE CRUCES
22 de Maio de 2016
1- O Concello de Vila de Cruces, organiza a I carreira popular “O galo corre” de Vila de
Cruces , que terá lugar o 22 de Maio. Trátase dunha proba de carreira a pé non federada
que contará co apoio técnico de EMESPORTS, que levará a cabo a cronometraxe da
mesma.
2- As categorías nas que se poderá participar e a distancia a percorrer e horarios serán as
seguintes:
3- O prazo de inscrición permanecerá aberto ata o 18 de maio do 2016. Para facer a
inscrición será necesario apuntarse antes de esa data na páxina www.emesports.es .
4- O prezo da carreira variará en función da categoría dos partipantes sendo:
Ø Gratuito: Cadete, infantil, alevín, benxamín, pitufos e chupete.
Ø 7 Euros: de Categoría Xuvenil (incluída) en diante.
5- O prezo da inscripción inclúe:
Ø Aluguer do chip de cronometraxe que se devolverá ó remate da proba.
Ø Dorsal personalizado da proba.
Ø Seguro de accidentes deportivo.
Ø Servizo de ambulancia.
Ø Regalo de participación na carreira popular de Vila de Cruces.
Ø Avituallamento durante a carreira e o remate da mesma.
Categoría Ano de nacemento Distancia Horario
Chupete 2011 e posteriores 100 m. 12:40 H.
Pitufos 2009-2010 250 m. 12:30 H.
Benxamín 2007-2008 700 m. 12:15 H.
Alevín 2005-2006 700 m. 12:15 H.
Infantil 2003-2004 1.600 m. 12:00 H.
Cadete 2001-2002 1.600 m. 12:00 H.
Xuvenil 1999-2000 7.700 m. 11:00H.
Xunior 1997- 1998 7.700 m. 11:00 H.
Promesa 1994-1996 7.700 m. 11:00 H.
Senior 1981-1993 7.700 m. 11:00 H.
Veteran A 1971-1980 7.700 m. 11:00 H.
Veteran B 1961- 1970 7.700 m. 11:00 H.
Veteran C 1951-1960 7.700 m. 11:00 H.
Veteran D 1941-1950 7.700 m. 11:00 H.
Veteran E Anteriores ó 1940 7.700 m. 11:00 H.
Ø A organización ofrecerá a posibilidade de ducharse no pavillón municipal de Vila
de Cruces que está situado a 700 metros da saída. 42°47'29.5"N 8°09'56.4"W
6- A saída da carreira e a chegada terá lugar na praza do Concello “Juan Carlos I”.
42°47'38.0"N 8°10'11.8"W
7- A organización habilitará unhas zonas donde os participantes poderán deixar as súas
pertenzas durante a realización da proba, así mesmo, a organización non se fará
responsable de calquera problema que ocurra nos espazos habilitados.
8- Tódolos participantes polo feito de tomala saída, aceptan o presente regulamento e a
cesión dos dereitos de imaxe (sen fins comerciais) á organización.
9- O percorrido da carreira será polo casco urbano de Vila de Cruces; dito percorrido
estará cerrado ó tráfico durante o periodo da mesma, ainda así,recomendamos a tódolos
participantes presten atención por se algún vehículo salta calquera sinalización que estea
colocada para o corte da circulación.
10- A I carreira Popular de Vila de Cruces “O galo corre” contará con servizo de
ambulancia para calquera incidente que se poida producir durante a realización da
proba. A organización non se fará responsable dos accidentes, nos que puidera ser
causa, a neglixencia dos participantes. Recomendamos a tódolos participantes que se
teñen alguna doenza ou limitación que poida requerir unha atención especial no
desenvolvemento da proba o comuniquen á organización, de non facelo, as
consecuencias serán sempre da súa responsabilidade.
11- A tódolos participantes se lle dará o dorsal personalizado correspondente a súa
categoría, que deberá colocar no peito de forma visible para súa identificación durante a
proba e chegada. A recollida de dorsais farase o mesmo día da proba, o 22 de maio na
praza do Concello “Juan Carlos I”, dende 1 hora antes do inicio de cada proba.
12- Tódolos atletas dende a categoría benxamín, estarán identificados a través dun chip que
se entregará en aluguer a cada participante e que deberán colocar nas zapatillas antes da
saída. Chegar a meta sen CHIP será motivo de descalificación. Todos os participantes
teñen a obriga de devolvelo ó finalizar a proba nos puntos sinalados ó pasar a meta.
13- A organización colocará ó longo do percorrido puntos de control, os cales serán
descalificantes para o que cometa algunha irregularidade.
14- A organización colocará un punto intermedio de posto de auga na carreira absoluta, e
despois na chegada haberá froita e demais alimentos e auga para tódolos participantes.
15- A organización conta cun seguro de responsibilidade civil e contratará outro de
accidentes, pero cada participante, polo mero feito de formalizar a inscrición, faise
responsable individualmente dos danos que cause no desempeño da actividade, sempre
e cando esta non se realice nas condicións establecidas ou dentro dos circuitos
delimitados. A organización tampouco se responsabiliza dos obxectos persoais que
poidan extraviarse ou danarse nas zonas nas que habilitará.
16- A entrega de trofeos fárase ó acabar tódalas probas.
Ø Os trofeos non serán acumulativos.
Ø Medallas para as categorías Chupete, pitufos, benxamín e alevín.
Ø Trofeo para os 3 primeiros homes e mulleres, da carreira Absoluta.
Ø Trofeo para os 3 primeiros de cada categoría é sexo.
Ø Haberá un obsequio especial para os primeiros atletas masculino e femenino da
carreira absoluta.
13- O feito de inscribirse na proba suporá a TOTAL aceptación das bases que conforman
este regulamento, polo que o descoñecemento do mesmo non exime do cumprimento.