Calendario
Info da proba

Mazaricos

08/05/2016 10:30
Regulamento I Carreira Pedestre Concello de Mazaricos

Data: 8 de Maio.
Hora: 3km: 11:00h, 10km: 11:45h.
Lugar: Campo da Feira, Mazaricos.
Distancia: 3km e 10km..
Organiza: Concello de Mazaricos.
Inscrición: en ChampionChipNorte.


REGULAMENTO
IIICircuito de carreiras populares “Correndo pola Costa da Morte”Regulamento| 1
1.- IDEOLOXÍA
O Circuíto de Carreiras Populares “Correndo pola Costa da Morte” é un programa anual de carreiras
populares, que ten por obxectivo fomentar a práctica de actividade física e deportiva como medio
para alcanzar unha vida máis saudable.
Dito circuíto está promovido e organizado por un conxunto de concellos da Costa da Morte:
Camariñas, Carnota, Cee, Corcubión, Dumbría, Fisterra, Mazaricos, Muxía, Vimianzo e Zas.
Nesta competición poden participar todas aquelas persoas que o desexen, tanto nenos/as como
adultos (dende os 3 anos).
As posibilidades de participación son fundamentalmente dúas en sénior:
 Corredores de carreiras: son aqueles deportistas (adultos e menores de idade) que se
inscriben nunha ou en varias das probas das que se compón o circuíto pero que non
participan na competición do circuíto. Deberán facer unha inscrición por cada unha das
probas nas que desexen participar. Nas categorías de adultos os corredores terán a
posibilidade de inscribirse na proba 3K Contra o Cancro ou 10K.
Na proba 3K Contra o Cancro participarán en categoría absoluta independentemente da súa
idade. A distancia desta proba poderá variar entre os 3.000 e os 4.000 metros en función do
concello organizador.
Na proba 10K (categorías sénior, M40 e M50) a distancia poderá variar entre os 8.000 e
10.000 metros en función do concello organizador.
 Corredores de circuíto (3K Contra o Cancro e 10K): son deportistas (adultos) que se inscriben
co obxectivo de completar un mínimo de sete probas do circuíto na modalidade de 3K Contra
o Cancro ou 10K. Estes atletas entran na clasificación particular das probas nas que
participan e tamén na clasificación xeral do circuíto. Deberán facer unha única inscrición e
correr obrigatoriamente con chip amarelo.
En categorías base as posibilidades de participación son fundamentalmente dúas:
 Corredores de circuíto (todas as categorías excepto Pitufo): son os atletas que participan na liga.
 As inscricións para os corredores/as de circuíto pecharanse antes da celebración da cuarta
proba puntuable.
 Farase na Plataforma championchip www.championchipnorte.com.A autorización paterna
para todo o circuíto deberá imprimirse e ser presentada debidamente cuberta e asinada á hora
de recoller os dorsais e chip en cada unha das probas do circuíto (o chip terán que devolvelo
despois de cada carreira).
 A autorización poderá ser descargada en www.championchipnorte.com ou nas páxinas web
dos diferentes Concellos organizadores.
 Teñen que asistir a un mínimo de sete carreiras do total do circuíto para puntuar.
 Corredores de carreira:
1) Plataforma championchip www.championchipnorte.com A autorización paterna deberá
imprimirse e ser presentada debidamente cuberta e asinada á hora de recoller os dorsais.
Dita autorización poderá ser descargada en www.championchipnorte.com ou na páxina web
dos diferentes Concellos organizadores.
IIICircuito de carreiras populares “Correndo pola Costa da Morte”Regulamento| 2
2.- PROBAS
 O circuíto estará composto por un total de 10 probas. Comezará o día 13 de marzo de 2016 coa V
Carreira Popular Concello de Camariñas, e rematará o 16 de outubro de 2016 coa III Carreira
Popular Concello de Fisterra.
CONCELLO DATA PROBA
1ª proba Camariñas 13-03-2016 V Carreira Pedestre Concello de Camariñas
2ª proba Vimianzo 24-04-2016 VI Carreira Pedestre Concello de Vimianzo
3ª proba Mazaricos 08-05-2016 I Carreira Pedestre Concello de Mazaricos
4ª proba Dumbría 28-05-2016 II Carreira Pedestre Concello de Dumbría
5ª proba Zas 04-06-2016 III Carreira Pedestre Concello de Zas
6ª proba Cee 25-06-2016 III Carreira Pedestre Concello de Cee
7ª proba Muxía 10-07-2016 III Carreira Pedestre Concello de Muxía
8ª proba Carnota 21-08-2016 XXV Carreira das Areas Concello de Carnota
9ª proba Corcubión 17-09-2016 XV Carreira Pedestre Vila de Corcubión
10ª proba Fisterra 16-10-2016 III Carreira Pedestre Concello de Fisterra
 Os horarios das carreiras das distintas categorías serán establecidos polo concello organizador e
poderán ser consultados en www.championchipnorte.com así coma nas diferentes páxinas web
dos concellos.
3.- CATEGORÍAS, DISTANCIAS E HORARIOS
CATEGORÍA IDADES DISTANCIAS HORARIOS
Pitufo Mixto 2009, 2010, 2011, 2012 300 m. (aprox.) 13:00
Benxamín
Masculino
2008-2007 1.000 m. (aprox.) 10:30
Feminino
Alevín
Masculino
2006-2005 1.000 m. (aprox.) 10:30
Feminino
Infantil
Masculino
2004-2003 3.000 m. (aprox.) 11:00
Feminino
Cadete
Masculino
2002-2001 3.000 m. (aprox.) 11:00
Feminino
Xuvenil
Masculino
2000-1999 3.000 m. (aprox.) 11:00
Feminino
Absoluta 3K
Contra o Cancro
Masculino
1998 (incluído) e anteriores 3.000 m. (aprox.) 11:00
Feminino
Sénior 10K
Masculino
1977-1998
10.000 m.
CIRCUÍTO HOMOLOGADO
11:45
Feminino
Veteranos M40
Masculino
1967-1976
10.000 m.
CIRCUÍTO HOMOLOGADO
11:45
Feminino
Veteranos M50
Masculino
1966 (incluído) e anteriores
10.000 m.
CIRCUÍTO HOMOLOGADO
11:45
Feminino
IIICircuito de carreiras populares “Correndo pola Costa da Morte”Regulamento| 3
4.- PERCORRIDOS
Carreira Alevín e Benxamín: 1.000 m. aproximadamente (10:30 h.)
Percorrido: Campo da Feira, Avda. 13 de Abril, Rua Miguel Figueira, Rua do Batan, Rua Wolfran, Rua
do Xallas, Avda. Francisco Suarez Salgado, Campo da Feira
IIICircuito de carreiras populares “Correndo pola Costa da Morte”Regulamento| 4
Carreira 3K Contra o Cancro (categorías Absoluta, Xuvenil, Cadete e Infantil): 3.000 m
aproximadamente (11:00 h.)
Percorrido: Campo da Feira, Rua Benito Jurjo, Avda. !3 de Abril, Rua Miguel Figueira, Rua Rey
Ferradas, Igrexa, Quintans, A Picota, Rua do Wolfran, Rua do Xallas, Avda. Francisco Suarez Salgado,
Campo da Feira
IIICircuito de carreiras populares “Correndo pola Costa da Morte”Regulamento| 5
Carreira 10K (categorías Sénior, M40 e M50): 10.000 m (11:45 h.)
CIRCUÍTO HOMOLOGADO POLA FEDERACIÓN ESPAÑOLA DE ATLETISMO
O circuíto 10K e un recorrido de 5 Km ao que se lle dan 2 voltas:
Percorrido: Campo da Feira, Rua Benito Jurjo, Avda. !3 de Abril, Rua Miguel Figueira, Rua Rey
Ferradas, Igrexa, Quintans, Lugarnovo, Sanfoga, A Picota, Rua do Xallas, Avda. Francisco Suarez
Salgado, Campo da Feira
IIICircuito de carreiras populares “Correndo pola Costa da Morte”Regulamento| 6
Carreira Pitufos: 300 m aproximadamente (13:00 h.)
Percorrido: Circuito do Campo da Feira.
IIICircuito de carreiras populares “Correndo pola Costa da Morte”Regulamento| 7
5.- NORMATIVA XERAL E DE SEGURIDADE do III Circuíto de Carreiras Populares Correndo pola
Costa da Morte e particulares da I Carreira Pedestre Concello de Mazaricos
1. Todas as probas incluídas no programa do circuíto de carreiras populares “Correndo pola Costa da
Morte” rexeranse pola regulamentación de Seguridade Víal do Estado e da Comunidade
Autónoma de Galicia, que establece os requisitos esixidos para a celebración de probas
deportivas na vía urbana (Real Decreto 1428/2003 do 21 de novembro, publicado no BOE nº 306
do 23 de decembro de 2003 sobre a ocupación da vía pública; e o Real Decreto 849/1993 do 4 de
xuño de 2003, sobre a contratación do seguro de responsabilidade civil e de accidentes).
2. Cada proba estará subscrita ao seguro de responsabilidade civil do concello onde se realice, ou
da Federación Galega de Atletismo. Tamén contará cun seguro de accidentes que terá as
coberturas mínimas esixidas no Real Decreto 849/199.
3. Así mesmo todas as probas contarán cun servizo médico-sanitario, que constará dunha
ambulancia e un médico para aquelas probas que non superen os 750 participantes.
4. A organización da proba resérvase o dereito a modificar horarios e ou percorridos, así como
aprazar ou suspender a carreira se así o estima oportuno por razóns de seguridade.
5. No caso de que para o día de celebración da proba se decrete unha alerta laranxa a proba será
suspendida automaticamente. Buscarase unha data adecuada para desenvolvela e non se
devolverán os cartos da inscrición.
6. Os atletas que durante o transcurso da proba, circulen por fóra do espazo delimitado polos
vehículos de sinalización de inicio e fin de carreira, considéranse a todos os efectos usuarios
normais da vía.
7. Toda persoa que corra sen estar inscrita, farao baixo a súa responsabilidade e non poderá
participar de trofeos nin obsequios. Tampouco estará amparada polos seguros da proba.
8. Poderanse efectuar reclamacións ante o Xuíz Árbitro da proba. A participación é libre e leva
implícito a aceptación do Regulamento Xeral da proba. Todo o non previsto neste regulamento
resolverase de acordo, por esta orden, as normas da F.G.A., RFEA e I.A.A. F. en vigor.
9. O concello de Mazaricos porá a disposición dos participantes na carreira o Pavillón Polideportivo
de A Picota para que se podan cambiar e duchar.
10. Os únicos vehículos que poderán seguir a proba, serán os autorizados pola organización.
11. O concello de Mazaricos porá a disposición dos corredores e corredoras da carreira 3K Contra o
Cancro e 10K un servizo de fisioterapia.
12. Os e as participantes adultos recibirán un agasallo conmemorativo no momento da recollida dos
dorsais.
13. Descualificacións:
 O servizo médico da competición está facultado para retirar durante a proba a calquera atleta que
manifeste un mal estado físico.
Todo atleta que non realice o percorrido completo.
 O atleta que manifeste un comportamento non deportivo ou se reitere en protestas ante a
organización.
IIICircuito de carreiras populares “Correndo pola Costa da Morte”Regulamento| 8
6.- DEREITOS DE IMAXE, USO DE DATOS E AUTORIZACIÓNS
Os deportistas inscritos comprométense a aceptar estritamente o presente regulamento e calquera
posible modificación.
A solicitude de inscrición para os deportistas menores de idade deberá ir acompañada dunha
autorización paterna segundo o modelo establecido pola organización. Dito modelo poderase
descargar da páxina web do concello organizador así coma de www.championchipnorte.com.
A realización da inscrición implica ter lido, entendido e adquirido os compromisos que a continuación
se expoñen:
 O atleta inscrito declara que está en bo estado físico e ten pasado os pertinentes recoñecementos
de saúde.
 Calquera atleta con problemas médicos (alerxia, atencións especiais,...) deberá facelo constar no
reverso do dorsal da proba.
 O atleta inscrito autoriza e acepta a publicación do seu nome e apelidos e a súa imaxe nas
clasificacións, medios de comunicación e internet,(…) para a promoción do deporte. Calquera
persoa inscrita poderá prohibir a utilización da súa imaxe previa solicitude expresa por escrito.
7.- SISTEMA DE CRONOMETRAXE / CHIPS E RECOLLIDA DE DORSAIS
 Para controlar as probas estableceranse controis de cronometraxe por chip (deberá ir suxeito aos
cordóns das zapatillas).
 Será obrigatorio o uso de chip para todas as categorías (facilitado pola organización), agás pitufo.
 Será obrigatorio o uso de dorsal para todas as categorías (facilitado pola organización).
 O atleta que non porte o chip non poderá entrar na clasificación da proba nin lle computará na
clasificación do circuíto.
 O atleta que non porte dorsal poderá ser descualificado se así o estima a dirección de carreira.
 O horario de apertura das mesas para a recollida de dorsais será ás 9:00 na Praza da Picota. Os
dorsais e chips poderanse recoller ata 30 minutos antes do inicio da proba.
 Os corredores de circuíto 10K ou 3K Contra o Cancro que participan na liga deberán usar
obrigatoriamente o “chip amarelo”. Do mesmo xeito empregarán un único dorsal para todas as
probas do circuíto.
 Tanto o dorsal coma o chip (no caso de non posuílo) recollerase na primeira proba do circuíto
na que participen os inscritos, no lugar habilitado para tal efecto. A retirada de dorsal e chip
deberá realizarse como mínimo con 30 minutos de antelación ao inicio da carreira.
 No caso da perda do chip o atleta deberá mercar outro a través da páxina de Championchip.
 No caso da perda ou rotura do dorsal, poderá solicitar outro á organización. Non haberá
posibilidade de solicitar un terceiro dorsal.
 Os corredores de carreira e os corredores de categorías inferiores (os de circuíto e carreira)
usarán o “chip de carreira”, que deberán devolver á organización ao remate da mesma.
 Estes corredores deberán recoller o seu dorsal e chip antes da carreira no lugar habilitado para
tal efecto ata 30 minutos antes do inicio da proba.
IIICircuito de carreiras populares “Correndo pola Costa da Morte”Regulamento| 9
 Os chips son persoais en intransferibles polo que a suplantación da personalidade dos atletas,
sancionarase coa expulsión do circuíto do portador e do/a atleta suplantado, anulando todos os
dereitos adquiridos coa inscrición no circuíto.
8.- INSCRICIÓNS
As inscricións realizaranse a través da páxina web www.championchipnorte.com, ata o mércores 4
de maio ás 23:59.
As inscricións para os participantes nas categorías sénior, M40 e M50 só se poden facer a través da
plataforma de Championchip.
As inscricións para os atletas menores de idade poderá realizarse a través da plataforma
championchip ou presentando un formulario de inscrición no departamento de deportes do concello
organizador, ou no lugar indicado polo concello organizador a tal efecto.
Existen dous tipos de inscrición para atletas adultos:
 Corredores de circuíto: son os atletas que participan na liga.
 Os atletas poderán participar no circuíto 10K ou no 3K Contra o Cancro (deberán especificalo
no momento de realizar a inscrición).
 Teñen que asistir a un mínimo de sete probas do total do circuíto.
 Deben usar obrigatoriamente “chip amarelo” e usarán un dorsal único para todo o circuíto.
 Realizarán a inscrición e o pago unha única vez.
 As inscricións para os corredores de circuíto pecharanse antes da celebración da cuarta proba
puntuable.
 Corredores de carreira: son atletas (adultos) que só participan de maneira puntual nalgunha das
probas do circuíto.
 OS CORREDORES DE CARREIRA PODERÁN INSCRIBIRSE NA PROBA 10K OU NA PROBA 3K
CONTRA O CANCRO.
 Non participan na liga.
 Deberán realizar a inscrición para aquelas probas nas que queiran participar.
 Deberán correr cun chip que se lles facilitará no momento da recollida do dorsal e que deberán
devolver ao remate da proba.
Cotas de inscrición:
 A inscrición para os atletas adultos (sénior e veteranos) para unha proba determinada terá un
custo de 5 € para aqueles corredores que posúan chip, e de 6 € para aqueles corredores que
deban alugar o chip.
 A inscrición para os atletas adultos (sénior e veteranos) para o circuíto terá un custo de 25 € para
aqueles que teñan chip en propiedade, e de 35 € (25 € de inscrición + 10 € pola compra do “chip
amarelo”) para aqueles que deban mercar o chip.
A participación no circuíto de carreiras populares “Correndo pola Costa da Morte” permite aos
atletas adquirir o “chip amarelo” en propiedade por un prezo reducido de 10 €. Dito chip será
válido para participar en calquera proba cronometrada por Championchip.
IIICircuito de carreiras populares “Correndo pola Costa da Morte”Regulamento| 10
Existen dous tipos de inscrición para atletas de categoría base (as cales serán gratuítas)
Corredores de circuíto (todas as categorías excepto Pitufo): son os atletas que participan na liga.
 As inscricións para os corredores/as de circuíto pecharanse antes da celebración da cuarta
proba puntuable.
 Farase na Plataforma championchip www.championchipnorte.com.A autorización paterna
para todo o circuíto deberá imprimirse e ser presentada debidamente cuberta e asinada á hora
de recoller os dorsais en cada unha das probas do circuíto. Dita autorización poderá ser
descargada en www.championchipnorte.com ou en www.mazaricos.gal
 Teñen que asistir a un mínimo de sete carreiras do total do circuíto.
Corredores de carreira:
1) Plataforma championchip www.championchipnorte.com A autorización paterna deberá
imprimirse e ser presentada debidamente cuberta e asinada á hora de recoller os
dorsais. Dita autorización poderá ser descargada en www.championchipnorte.com ou
www.mazaricos.gal.
2) Presentando a autorización paterna asinada no Sevizo Municipal de Deportes do
concello de Mazaricos.
Os participantes de categoría Pitufo poderán facer a inscrición do seguinte xeito:
1) Plataforma championchip www.championchipnorte.com A autorización paterna deberá
imprimirse e ser presentada debidamente cuberta e asinada á hora de recoller os dorsais.
Dita autorización poderá ser descargada en www.championchipnorte.com ou na páxina web
dos diferentes Concellos organizadores.
2) Presentando a autorización paterna asinada no Departamento de Deportes dos diferentes
Concellos organizadores ou entregándoa nas conserxerías dos Centros Educativos.
As inscricións realizaranse a través da páxina web www.championchipnorte.com, ata o
mércores 4 de maio ás 23:59.
9.- CARREIRA 3K CONTRA O CANCRO
Na 3ª edición do Circuíto é que este ano a carreira 5K pasa a ser
3K e seguiremos colaborando coa Asociación Provincial Contra
o Cancro. Deste xeito todo o que se recade coas inscricións
desta proba (agás o correspondente ao aluguer ou compra de
chips) irá destinado a ese fin e será entregado a dita asociación
cando remate do circuíto, na gala de entrega de trofeos.
Así mesmo todas aquelas persoas que desexen colaborar coa Asociación Provincial contra o
Cancro, sen participar en ningunha competición, poderán facelo inscribíndose no apartado Fila 0
que aparecerá na web www.championchipnorte.com, dentro de cada unha das probas que
compoñen o circuíto.
IIICircuito de carreiras populares “Correndo pola Costa da Morte”Regulamento| 11
10.- CLASIFICACIÓNS E TROFEOS/MEDALLAS NA I CARREIRA PEDESTRE CONCELLO DE MAZARICOS
A entrega de trofeos das diferentes probas realizarase ás 13:15 na Praza da Picota
 Clasificacións da proba 10K:
 Optan a esta clasificación todos os/as atletas participantes na proba.
 Recibirán trofeo e/ou medalla e subirán ao podio os tres primeiros/as clasificados/as en
cada unha das categorías (sénior, M40 e M50), independentemente da súa condición de
corredores de carreira ou de corredores de circuíto.
 Recibiran trofeo e/ou medalla o primeiro e primeira clasificado/a empadroado/a do
Concello de Mazaricos.
Clasificacións da proba 3K Contra o Cancro:
 Optan a esta clasificación todos os/as atletas participantes na proba.
 Recibirán trofeo e/ou medalla e subirán ao podio os tres primeiros/as clasificados/as en
cada unha das categorías Absoluta (nados en 1998 ou antes), Xuvenil, Cadete e Infantil
independentemente da súa condición de corredores de carreira ou de corredores de circuíto.
Clasificacións da proba Benxamín e Alevín:
 Optan a esta clasificación todos os/as atletas participantes na proba.
 Recibirán trofeo e/ou medalla e subirán ao podio os tres primeiros/as clasificados/as en cada
unha das categorías Benxamín e Alevín.
Medallas conmemorativas:
 Ademais nas categorías Pitufo, Benxamín e Alevín, recibirán medalla conmemorativa todos os
participantes en ditas probas.
11.- CLASIFICACIÓNS E TROFEOS/MEDALLAS DO III CIRCUÍTO CORRENDO POLA COSTA DA MORTE
Clasificacións do circuíto 10K:
 Para poder optar a esta clasificación os atletas deben inscribirse no circuíto 10K. Os atletas que
participen en todas as probas pero non se inscriban no circuíto non optan a esta clasificación.
 Os atletas participantes no circuíto deberán completar un mínimo de sete probas para poder
optar aos premios.
 No caso de correr máis de 7 probas, o atleta puntuará cos mellores 7 resultados acadados.
 A puntuación acadada irá en función do posto obtido en cada unha das probas (1º posto=1
punto / 2º posto=2puntos / 3º posto=3 puntos….de xeito que o/a atleta con menor suma de
puntos, será o/a vencedor/a en cada unha das categorías.
 No caso de empate a puntos o sistema de desempate será o seguinte:
Número de probas rematadas.
Maior número de mellores postos.
 Maior distancia en quilómetros recorridos (no caso de que as carreiras teñan distintas distancias).
 Recibirán trofeo e/ou medalla de campións do circuíto os tres primeiros e tres primeiras
clasificados/as das categorías sénior, M40 e M50.
 Recibirán trofeo e/ou medalla o primeiro e primeira clasificado/a local (empadroados nos
concellos organizadores do circuíto).
IIICircuito de carreiras populares “Correndo pola Costa da Morte”Regulamento| 12
 Recibirán trofeo e/ou medalla o primeiro e primeira clasificado/a foráneo (atletas non
empadroados nos concellos organizadores do circuíto).
 Clasificacións do circuíto 3K Contra o Cancro:
 Para poder optar a esta clasificación os atletas deben inscribirse no circuíto 3K Contra o Cancro.
Os atletas que participen en todas as probas pero non se inscriban no circuíto non optan a esta
clasificación.
 Os atletas participantes no circuíto deberán completar un mínimo de sete probas para poder
optar aos premios.
 No caso de correr máis de7 probas, o atleta puntuará cos mellores 7 resultados acadados.
 A puntuación acadada irá en función do posto obtido en cada unha das probas (1º posto=1
punto / 2º posto=2puntos / 3º posto=3 puntos….de xeito que o/a atleta con menor suma de
puntos, será o/a vencedor/a en cada unha das categorías.
 No caso de empate a puntos o sistema de desempate será o seguinte:
 Número de probas rematadas.
 Maior número de mellores postos.
 Maior distancia en quilómetros recorridos (no caso de que as carreiras teñan distintas
distancias).
 Recibirán trofeo e/ou medalla de campións do circuíto os tres primeiros e tres primeiras
clasificados/as da categoría absoluta.
 Clasificacións do circuíto de base:
 Para poder optar a esta clasificación os atletas deben inscribirse no circuíto de cada categoría
de base. Os atletas que participen en todas as probas pero non se inscriban no circuíto non
optan a esta clasificación.
 Recibirán trofeo e/ou medalla de campións do circuíto os tres primeiros e tres primeiras
clasificados/as das categorías benxamín, alevín, infantil, cadete e xuvenil.
 Os atletas participantes no circuíto deberán completar un mínimo de 7 probas para poder optar
aos premios.
 No caso de correr máis de sete probas, o atleta puntuará cos mellores 7 resultados acadados.
 A puntuación acadada irá en función do posto obtido en cada unha das probas na súa categoría
(1º posto=1 punto / 2º posto=2puntos / 3º posto=3 puntos….de xeito que o/a atleta con menor
suma de puntos, será o/a vencedor/a en cada unha das categorías.
 No caso de empate a puntos o sistema de desempate será o seguinte:
 Número de probas rematadas.
 Maior número de mellores postos.
 Maior distancia en quilómetros recorridos (no caso de que as carreiras teñan distintas
distancias).
 Premios especiais:
 Recibirán un diploma conmemorativo todos/as os/as corredores/as de circuíto que rematen
todas as probas do circuíto na modalidade na que se inscribiron.
IIICircuito de carreiras populares “Correndo pola Costa da Morte”Regulamento| 13
 Recibirán un diploma conmemorativo todos/as os/as corredores/as de circuíto de base que
rematen todas as probas do circuíto na modalidade na que se inscribiron.
 Entrega de trofeos aos campións de circuíto:
Unha vez rematadas as probas do Circuíto de Carreiras Populares “Correndo pola Costa da Morte”
organizarase un acto de entrega de trofeos/medallas a todos/as os/as tres primeiro atletas en cada
unha das categorías, así como un acto de entrega dos premios especiais.
O lugar e data no que terá lugar dito acto de entrega será comunicado coa suficiente antelación.
Organizan:
IIICircuito de carreiras populares “Correndo pola Costa da Morte”Regulamento| 14