Calendario
Info da proba

A Rúa

29/05/2016 11:00 - 13:00
Regulamento IIª CARREIRA E ANDAINA POPULAR CONTRA O CANCRO

O Clube Atletismo Rúa coa colaboración do Concello de A Rúa de Valdeorras e a Delegación da F.G.A en Valdeorras, organiza a IIª CARREIRA E ANDAINA POPULAR CONTRA O CANCRO, que se desenrolará o vindeiro 29 de Maio do 2016.

Proba oficial da F.G.A

CIRCUITO:


As distancias son orientativas e non homologadas.
O circuíto consta de unha volta (5.000 m) ou duas voltas (10.000 m).
SAIDA e META estará situada na Calle Fondo da Rúa do Concello de A Rúa.

INSCRIPCIÓNS:

1º.- As inscricións para a carreira e a andaina se realizará a través:

ANTICIPADA:

Carreira Absoluta
(populares e federados) 7 € Ata as 23.59 h. do Xoves 24/05/2016
Nas Tendas Trisport en A Rúa, O Barco y www.carreirasgalegas.com

Andaina 7 € Ata as 23.59 h. do Xoves 24/05/2016
Nas Tendas Trisport en A Rúa, O Barco y www.carreirasgalegas.com

Categorías Inferiores
(populares e federados) 2 € Ata as 23.59 h. do Xoves 24/05/2016
Nas Tendas Trisport en A Rúa, O Barco y www.carreirasgalegas.com

PROPIO DÍA:

Carreira Absoluta
(populares e federados) 10 € No mesmo dia ata 1 hora antes do comezo da proba

Andaina 10 € No mesmo dia ata 1 hora antes do comezo da proba

Categorías Inferiores
(populares e federados) 10 € No mesmo dia ata 1 hora antes do comezo da proba


2º.- A retirada de dorsais realizarase na secretaría habilitada para tal fin, na carpa habilitada onde a saída.
3º.- Co dorsal da proba terás dereito a participar no sorteo que se realizará ao rematar a proba.

O recadado coas inscricións será doado a Asociación Española Contra el Cáncer “AECC”.

Agradecese a inscrición con antelación.


REGULAMENTO:


1º.-Tódolos participantes terán asignado un dorsal, este irá situado no peito e terá que ser visible no
desenrolo da proba.
2º.-Faranse control de paso en varios puntos do circuíto que a organización establecerá durante o transcurso
da proba polos cales terán que pasar os participantes para non ser descalificados.
3º.- O peche do control será 1 hora despois de que entre o 1º clasificado en meta.
4º.-As reclamacións deberán ser feitas verbalmente ao xuíz árbitro, non más tarde de 40 minutos despois de
comunicarse oficialmente os resultados.
5º.-Será motivo de descalificación, entre outros, os seguintes aspectos: non realizar todo o circuíto da
carreira, manipular o dorsal, falsificar datos persoais.
6º-Todos os participantes o fan baixo a súa propia responsabilidade e polo feito de saír acepta o presente
regulamento.
7º- Seguro: todos os participantes estarán amparados por unha póliza de Responsabilidade Civil e accidentes
deportivos, excluídos os casos derivados de un padecemento latente, imprudencia o inobservancia das leis, da
normativa da competición, etc. Tamén quedan excluídos os casos producidos polo desprazamento; o lugar da
competición ou dende o mesmo. Non se permitirá a existencia no percorrido de ningún vehículo axeno a
organización, estando estes últimos debidamente identificados.
8º.- A organización dispoñerá de SERVICIOS MÉDICOS E AMBULANCIA dende una hora antes do comezo da
carreira e ata media hora despois de pechar o acto. Os Servicios médicos, están facultados para retirar da
carreira a calquera participante que manifestase un mal estado físico durante o desarrollo da mesma. Así
mesmo, recomendase a todos os inscritos, leven a cabo antes de tomar parte na carreira un recoñecemento
de aptitude médico-deportivo que descarte calquera patoloxía que impida a súa participación.
9º.- O descoñecemento de este regulamento non exime do seu cumprimento.
10º.- Todo o non previsto na presente normativa se rexerá polas normas de competición da FGA, RFEA e IAAF para a presente tempada, así como todo o regulamentado por instancias superiores.

NOTA: Esta proba pertence ao Calendario Oficial da Federación Galega de Atletismo e mediante a súa inscrición o corredor consente expresamente que os seus datos básicos sexan cedidos a esta entidade para a tramitación, ante a compañía de seguros, dos seguros obrigatorios de accidentes e Responsabilidade Civil así como a xestión da licencia de día de ranking popular e probas de ruta. En todo caso e tal como establece a lei de Protección de Datos, o interesado pode exercer no futuro os seus dereitos de acceso, rectificación, cancelación e oposición mediante escrito ou correo electrónico á Federación Galega de Atletismo. Avda. de Glasgow 13 15008 A Coruña.

PREMIOS:

- Haberá trofeo os 3 primeiros clasificados das 2 Carreiras Populares masculina e feminina.
- Haberá trofeos aos 3 Clubes, Asociacións, Ximnasios… mais numerosos.
- Haberá un agasallo todos os nenos das categorías inferiores.


HORARIOS-CATEGORIAS Y DISTANCIAS:


11:00H ANDAINA POPULAR Todas as Idades 5.000 M
11:30H CARREIRA POPULAR ABSOLUTA Dende o 1998 en adiante 5KM Y 10KM 11:30H CARREIRA POPULAR CADETE – JUVENIL 99-2000-01 e 02 5.000 M
13:00H INFANTIL – ALEVIN 2003-04-05 e 06 1.500 M 13:10H BENJAMIN – PREBENJAMIN 2007-08-09 e 10 400 M 13:20H CHUPETIN 2011 e anteriores 100 M 13:30H ENTREGA DE TROFEOS E SORTEO