Calendario
Info da proba

Santiago - Universitaria

21/04/2016 19:30 - 20:15
Regulamento II CARREIRA UNIVERSITARIA SOLIDARIA CAMPUS NA NUBE - RUNFORMED
Transcorre polo Campus Universitario da USC e a Alameda Compostelana.

Xoves 21 de Abril as 19:30 hrs

/ Comenta a Carreira Solidaria Universitaria neste tema do foro



Recollida de dorsais, o mércores e xoves de 8:30 a 20:30 en Campus na Nube.

Servizo de gardarroupa e duchas.

A meta será no interior do Estadio de atletismo da USC.

ABERTA A PARTICIPACION DE TODO O MUNDO.
Peche de inscripcións, o luns 18 as 24:00 hrs.


O Servizo de Reprografía, Edición e Impresión dixital, Campus na Nube, s.l., da Universidade de Santiago de Compostela e a asociación de alumnos RunForMed, en colaboración coa Universidade de Santiago de Compostela, a Fundación USC Deportiva e a Federación Galega de Atletismo, organizan o xoves 21 de Abril de 2016, na zona do Campus Sur da Universidade de Santiago de Compostela a I Carreira Universitaria Solidaria, (Campus na Nube-RunForMed), coa finalidade de recadar fondos que axuden este año es en favor de la "Fundación Andrea", unha fundación que da apoio aos nenos con enfermedades de larga duración, crónicas e terminales.

As probas estarán suxeitas o seguinte:

REGULAMENTO
Nesta esta carreira poderán participar tanto atletas federados como NON federados das categorías de cadete e superiores (2000 e anteriores).

LUGAR DE SAIDA, HORA E DISTANCIA DAS PROBAS
Todas as categorías sairán ás 19:30 horas da Avenida Antonio R. Ibáñez, a carón das Pistas de Tenis da Universidade de Santiago, e o punto de chegada será no Estadio de Atletismo da Universidade de Santiago de Compostela, onde se habilitará un servizo de duchas e vestiarios para todos os participantes.

A carreira dará 2 voltas a un circuito para sumar un total de 5700 m (distancia aproximada). A primeira volta serán 2500 m aprox. E a segunda 3200 aprox.

CATEGORIAS DE PARTICIPACION
Estableceranse as seguintes categorías:
- CADETE Nados/as no 2001 e 2002
- XUVENIL Nados/as no 1999 e 2000
- JUNIOR Nados/as no 1997 e 1998
- PROMESA Nados/as no 1994, 1995 e 1996
- SENIOR Nados/as entre 1982 e 1993
- VETERANOS/AS A Nados/as entre 1972 e 1981
- VETERANOS/AS B Nados/as entre 1962 e 1971
- VETERANOS/AS C Nados/as en 1961 e anteriores

INSCRICIONS
As inscricións en todas as categorías faranse:
On-line, na páxina web da Federación Galega de Atletismo www.carreirasgalegas.com . Tamén poderán acceder á mesma a través das webs www.fgatletismo.es/santiago e www.atletismogalego.org . O prazo de inscrición permanecerá aberto ata o luns 18 de abril ás 23:59 horas. Deberán rellenar o formulario de datos presente nestas webs.

Presencial, en todos os locais de Campus na Nube ubicados nas Facultades de Farmacia, Dereito, Psicoloxía, Medicina, Filoloxía, Económicas e Aulario Novoa Santos con prazo límite o luns 18 de abril as 19:00 horas.

Dado o carácter solidario da proba en beneficio das asociacións mencionadas, as inscripcións terán un donativo de 5 euros + 3 euros de gastos de organización. O citado donativo irá dirixido íntegramente e a partes iguais para ambas asociacións e será entregado públicamente ao remate da proba na zona de entrega de premios ubicada no Estadio de atletismo da USC.

Aquelas persoas que non poidan participar na proba e desexen colaborar altruistamente con esta causa, poderán facer as súas donacións nos locais de Campus na Nube ou no nº de conta 2080 0388 23 3040000239 poñendo no concepto “Carreira Universitaria Solidaria”.

Asi mesmo dentro da propia páxina de inscrición, será posible, colaborar con:
- DORSAL 0: En colaboración con esta causa pero non poden participar na carreira.
- Donativo: todas aquelas persoas participantes na carreira e desexen realizar un donativo.

RECOLLIDA DE DORSAIS

Os dorsais recolleranse a partir do mércores día 20 no local de Campus na Nube na Praza do Seminario de estudos galegos, a carón da Facultade de Farmacia en horario de 8:30 a 19:30 horas., e ate unha hora antes da saída da proba (21 de abril as 19:30 hs.). Recoméndase chegar con suficiente tempo de antelación para evitar colas de última hora.

Habilitaráse un servizo de guardarroupa o día da proba, nas instalacións de Campus na nube para todos aqueles participantes que desexen deixar as súas pertenencias e nas propias instalacións das pistas de atletismo da Universidade de Santiago de Compostela.

DESCALIFICACIONS: toda persoa que incumpra as normas da competición ou as impostas nos regulamentos das probas en ruta pola RFEA e FGA será descalificada a criterio do xuíz/a árbitro/a da competición.

CONTROL DAS PROBAS
O cronometraxe e control técnico das probas correrá a cargo do Comité Galego de Xuices da Federación Galega de Atletismo que colabora altruistamente con esta causa.

PREMIOS
Ao finalizar as probas farase a entrega dos premios e agasallos das empresas e entidades colaboradoras.

PREMIOS e AGASALLOS
MEDALLAS os 3 primeiros clasificados das categorías establecidas no presente regulamento así como os / as 3 primeiros / as da clasificación xeral da proba absoluta.
AGASALLOS dos colaboradores.

TODO O NON PREVISTO NO PRESENTE REGULAMENTO RESOLVERASE SEGUNDO OS REGLAMENTOS DA FGA E RFEA VIXENTE PARA PROBAS EN RUTA.

/ Comenta a Carreira Solidaria Universitaria neste tema do foro

NOTA: Esta proba pertence ao Calendario Oficial da Federación Galega de Atletismo e mediante a súainscrición o corredor consente expresamente que os seus datos básicos sexan cedidos a esta entidade para a tramitación, ante a compañía de seguros, dos seguros obrigatorios de accidentes e Responsabilidad Civil así como a xestión da licencia de día de ranking popular e probas de ruta. En todo caso e tal como establece a lei de Protección de Datos, o interesado pode exercer no futuro os seusdereitos de acceso, rectificación, cancelación e oposición mediante escrito ou correo electrónico á Federación Galega de Atletismo. Avda de Gasgow 13 15008 A Coruña