Calendario
Info da proba

Oleiros - Implicadas

08/05/2016 11:30 - 13:30
Regulamento V carreira solidaria CORRE CON IMPLICADAS

http://www.carreirasgalegas.com/carreira/v-carreira-solidaria-corre-con-implicadas/4e246cee-f4cb-eb2d-3f68-39d5b05c3c21

Implicadas No Desenvolvemento organiza, por quinto ano consecutivo, o domingo 08 de maio de 2016 ás 11:30h. a V CARREIRA SOLIDARIA en Oleiros coa colaboración da Federación Galega de Atletismo a través da súa Delegación en Coruña, do Concello de Oleiros e da Universidade da Coruña a través do Inef Galicia, DJ Dani, Masaje Ayurvédico Piero Piga e Las Delicias de Teresa.

Nesta carreira poderán participar tanto persoas populares como atletas federadas/os de todas as idades. Tamén haberá unha andaina para aquela xente que non poida ou non lle guste correr pero si participar nesta V edición de Corre con Implicadas.

LUGAR: Todas as categorías sairán do aparcamento de Inef (Bastiagueiro), punto que tamén será a meta para todas elas.

INSCRICIÓNS: Ata o xoves 05 de maio ás 23:59 horas. A recadación resultante de cada inscrición irá destinada a apoiar e dar continuidade aos proxectos de cooperación ao desenvolvemento que Implicadas No Desenvolvemento ten na India: “ERRADICACIÓN DO INFANTICIDIO FEMININO” en Salem e “EMPODERAMENTO DE MULLERES II” en Tiruchy.

RECOLLIDA DE DORSAIS E CHIPS: O mesmo día da proba, é dicir, o 08 de maio nas carpas habilitadas para tal efecto no lugar de saída ata 30 minutos antes do comezo de cada proba. Recoméndase chegar con suficiente tempo de antelación para evitar colas de última hora. Tamén poderán recollerse o VENRES 06 de MAIO nas instalacións do INEF de 10:00 a 12:00h ao lado de conserxería.

SERVIZOS: As instalacións do INEF tamén estarán abertas e á disposición das persoas participantes o día da carreira para facer uso das duchas.

PREMIOS:
Toda persoa participante que chegue e pase a meta terá un pequeno agasallo de Implicadas, unha auga e unha froita.
MEDALLAS: ás tres persoas mellores clasificadas de cada categoría (excepto para a andaina).
MEDALLA DOCE: para participantes PITUFOS/AS E PREBENXAMÍNAS/PREBENXAMÍNS.
LOTES SORPRESAS: sorteo de lotes sorpresas (un bono dunha masaxe aiurvédica donado por Piero Piga, lotes de merchadising de Implicadas).