Calendario
Info da proba

Ferrol - Asfedro

05/06/2016 12:10
Regulamento Andaina Solidaria ASFEDRO

Información e inscricions en Carreiras Galegas

A Asociación ASFEDRO xunto á colaboración do Clube Atletismo Castro de Lobadiz, Federación Galega de Atletismo, Concello de Ferrol,AAVV Caranza…e outras entidades, organizan a III Carreira Solidaria S.O.S. Drogodependencias Ferrolterra.

A proba celebrarase o día 05 de xuño de 2016 comenzando a tanda de carreiras a partir das 11:00 horas. A saída e meta estará situada na rúa Emilia Pardo Bazán (Piscina de Caranza, Ferrol). Contaremos co parking do IES Roldolfo Ucha situado enfrente da piscina de Caranaza. Simultáneamente realizarase unha Andaina, aberta a todos os públicos.

Horarios e distancias:

11:00 Infantís, nados no ano 2004/2003: 2.000m
11:20 Alevíns, nados no ano 2006/2005: 1.000m
11:30 Benxamines, nados no ano 2008/2007: 800m
11:45 Prebenxamins, nados no ano 2010/2009: 100m
12:00 Biberóns, nados no ano 2011: 80m
12:10 Desde categoría cadete, nados no ano 2002/2001 ata veteranos: 5.000m.
12:10 Andaina 5000m. (Inmediatamente despois da salda da Carreira absoluta).

As inscripciones a través da web pecharanse o xoves 2 de xuño.

RETIRADA DE DORSAL:

Os participantes poderán retirar o dorsal o sábado 4 de xuño ou o domingo 5 de xuño nos seguintes lugares:

Sábado 4: Na sé de ASFEDRO, sito na rúa Cádiz s/n, Bloque 17 de Caranza (Ferrol). En horario de 10:00 a 13:30 e de 17:00 a 20:00

Domingo 5: No lugar da saída (xunto á piscina de Caranza) ata 30 minutos antes do comezo de cada proba.

AVITUALLAMENTOS E SERVIZOS

Na zona de meta establecerase o avituallamiento final.

Trala carreira, haberá actuacións musicais e ofertaranse pratos típicos e bebidas a prezos populares. Os beneficios serán a favor da asociación ASFEDRO.


Comenta no foro correr en galicia