Calendario
Info da proba

Frades

07/05/2016 16:30 - 20:00
Regulamento III CARREIRA PEDESTRE POPULAR CONCELLO DE FRADES 2016

O Concello de Frades celebra a súa III Carreira Pedestre Popular o sábado 7 de maio de 2016 na localidade de Ponte Carreira (estrada Ordes-Ponte Carreira DP-3802) baixo o control técnico da Federación Gallega de Atletismo (Delegación en Santiago). As probas estarán as suxeitas ó seguinte:

REGULAMENTO

1- Poderán participar atletas federados e non federados; haberá unha soa clasificación. O control da carreira estará a cargo do Comité Galego de Xuíces da Federación Gallega de Atletismo, Delegación Santiago de Compostela.

2- CATEGORIAS DOS PARTICIPANTES, DISTANCIAS E HORARIO DAS PROBAS
O percorrido da carreira será dunha distancia de 8.6 km en ruta. A SAÍDA E A CHEGADA ESTARÁ SITUADA NA PRAZA PÚBLICA DE PONTE CARREIRA.
Todos os participantes deberán colocarse na liña de SAIDA 5 minutos antes do inicio de cada proba.

HORA CATEGORIA ANO DE NACEMENTO DISTANCIAS
16:30 h Pitufo Nados en 2012 e posteriores* 300 m aprox
(1 Volta á praza)
16:40 h Prebenxamín Nados en 2009-2010-2011* 500 m aprox
16:50 h Benxamín 2007-2008 800 m aprox
17:00 h Alevín 2005-2006 800 m aprox
17:15 h Infantil 2003-2004 2000 m aprox
17:35 h Cadete 2001-2002 3000 m aprox
18:00 h Xuvenil Nados en 1999-2000 3000 m aprox
18:30 h Junior Nados entre 1997 e 1998 8600 m aprox
18:30 h Promesa Nados entre 1994-1995-1996 8600 m aprox
18:30 h Senior Nados entre 1993 e 1982 8600 m aprox
18:30 h Veteranos 1 Nados/as no 1981 e 1976 8600 m aprox
18:30 h Veteranos 2 Nados/as entre 1975 e 1967 8600 m aprox
18:30 h Veteranos 3 Nados/as entre 1966 e 1957 8600 m aprox
18:30 h Veteranas 4 Nados/as en 1956 e anteriores 8600 m aprox
18:30 h Veteranas B Nadas entre 1970 e anteriores 8600 m aprox
ENTREGA DE PREMIOS

O percorrido da proba absoluta estará indicado e sinalizado cada kilómetro.

3- INSCRICIÓNS

*PROBAS ESCOLARES (ata xuvenil incluido).
Realizaránse a través do formulario online presente nas páxinas www.emesports.es
Deberán rellenar os datos requeridos no formulario online: nome e apelidos, data de nacemento completa, localidade de procedencia, club e nº de licenza federativa ou seguro escolar (se o ten), teléfono de contacto ou correo electrónico. Data límite ata o martes 3 de maio ás 23.59 horas.As inscrición para as categorías escolares serán gratuitas.

*CATEGORÍAS ADULTOS (junior, promesa-senior e veteráns).
As inscricións realizaránse a través da web www.emesports.es. Non se aceptarán inscricións fora de prazo, con datos incompletos ou sin todos os obrigatorios presentes no formulario de inscrición online.

PREZOS DA INSCRICIÓN:

- CATEGORÍAS ESCOLARES: GRATUITA
- ADULTOS (De xuvenil-junior ata veteranos): 5,00 €

*INSCRICIÓN POR CLUBES FEDERADO

*Os equipos, clubes, centros… que desexen obtar ós premios en metálico deberán formalizar a inscrición individual de cada atleta na web www.emesports.es e remitir un correo electrónico á dirección de correo FGAsantiago@gmail.com cos datos do clube xunto co listado de atletas que participarán na proba selado pola Federación Galega de Atletismo ou delegación correspondente no seu defecto. SEN ESTE CORREO ELECTRONICO NON PODERAN OPTAR OS PREMIOS EN METALICO. Na clasificación por clubes poderán entrar os atletas das categorías junior, promesa, senior e veteráns.

Admitiránse inscricións ata o martes 3 de maio ás 23.59 horas. NON SE ADMITIRAN INSCRICIONS FORA DO PRAZO ESTABLECIDO. Os dorsais recolleránse na Secretaría da Competición sita na Praza Pública de Ponte Carreira ata media hora antes do inicio de cada proba. O dorsal deberá levarse en todo momento durante o transcurso da proba colocado de forma visible na zona do peito.

Os atletas locais deberán indícalo cubrindo a casilla correspondente no momento da inscrición.
Os atletas da proba absoluta correrán cun CHIP que lles será entregado na Secretaría no momento de recoller o dorsal.

Para calquer información adicional poderán chamar ao teléfono 600852222 (Lino).

4-Haberá servizo de vestiario e duchas a disposición de todos os atletas sito no Pavellón Municipal ao carón do CPI de Ponte Carreira (a 700 metros da saida).

A organización disporá a disposición de todos os atletas un servicio de fisioterapia, roupeiro e ademais de persoal sanitario e ambulancia.

Tamén haberá hinchables para os mais pequenos.

5-RETIRADA DE DORSAIS E CHIPS

Realizaránse o día da proba na Secretaría da Competición sita na Praza Pública de Ponte Carreira ata media hora antes do inicio de cada proba.

*CONTROL CON CHIP: A proba de adultos estará controlada a través dun CHIP que se entregará a cada corredor no momento da recollida do dorsal e que deberá colocarse nas zapatillas antes da saída da súa proba.

E obrigatorio una vez crucen a liña de meta entrégalo nuns recipientes habilitados para tal efecto.

Todos os corredores teñen a obriga de devolver o CHIP o finalizar a súa proba.

6-O longo do percorrido á organización ubicará controis nos canles poderase descalificar a calquera atleta que incumpla a normativa da competición (sairse do percorrido, sacar o dorsal, obstaculizar ou empurrar a outros atletas…).

7. Todo atleta que chega a liña de meta sen o su dorsal colocado correctamente na zona do peito será descalificado.


8- PREMIOS ESPECIAS DA CARREIRA POPULAR

- Haberá trofeos para os 3 primeiros clasificados de cada categoría (en mulleres e homes), agás nas categorías pitufo e prebenxamín que non haberá clasificación.

- Trofeo para as 3 primeiras mulleres e os 3 primeiros homes da carreira absoluta (junior, promesa, senior e veteranos/as).

- Trofeos para os 3 primeiros clasificados empadroados no Concello.

- Trofeos para os 3 primeiros equipos clasificados na clasificación final.

- Trofeo para o clube, entidade ou colexio que aporte máis participantes á proba.

- Medallas para tódolos participantes escolares (de pitufo a cadete).

- Os trofeos non serán acumulativos agás os correspondentes os atletas locais.

- Entrega de camisetas técnicas para tódolos participantes.

AO REMATE DA PROBA HABERÁ FROITA E BEBIDA PARA TÓDOLOS PARTICIPANTES.

PREMIOS EN METÁLICO
(Só para a Carreira Absoluta: JUNIOR-PROMESA-SENIOR e VETERÁNS).

PREMIOS INDIVIDUAIS

1º Clasificado/a: 250 €
2º Clasificado/a: 150 €
3º Clasificado/a: 100 €
4º Clasificado/a: 75 €
5º Clasificado/a: 50 €

PREMIOS POR CLUBES FEMENINO

1º Equipo clasificado: 150 € 1º Equipo clasificado: 150 €
2º Equipo clasificado: 100 € 2º Equipo clasificado: 100 €
3º Equipo clasificado: 50 € 3º Equipo clasificado. 50 €

A clasificación por clubes será establecida a través dos 6 primeiros corredores en cruzar a liña de meta, pola suma dos seus postos, gañando o equipo que menos puntos acade.en caso de empate gañará o equipo que mellor clasifique o seu 4º componente. Os equipos poderán ser mixtos.Para puntuar nesta clasificación é necesario que alo menos 8 corredores do clube logren concluir a carreira.

O abono dos premios en metálico realizaránse ó concluir a entrega de premios, para o cal os gañadores dos mesmos deberá acreditar a súa identidade do DNI.

9. Nesta proba poderán participar atletas federados e non federados. A participación de atletas de outras Federaciones Autonómicas e atletas extranxeiros rexirase polo “REGLAMENTO PARA LAS COMPETICIONES DE CAMPO A TRAVÉS, MARCHA, RUTA, MONTAÑA, TRAIL Y REUNIONES DE PISTA CUBIERTA Y AIRE LIBRE 2016-2017”, a través do seu artigo 3.4. Dito regulamento poderá consultarse no seguinte enlace:
http://www.rfea.es/normas/pdf/reglamento2016/03_reglamento_comp.pdf

10- As reclamacións ós resultados oficiais deberán formularse verbalmente o Xuiz Árbitro da Competición, non mais tarde de 30 minutos despois da publicación dos mesmos.

11- Todo o non previsto no presente regulamento, resolverase de acordo co Regulamento Internacional de Atletismo en vigor.


12- Tódolos participantes polo feito de inscribirse na proba, aceptan o presente regulamento. En caso de dúbida prevalecerá o criterio da organización, prohibindo a participación sin estar inscrito ou sin levar dorsal.