Calendario
Info da proba

Moraña - Carreira Carneiro ó Espeto

24/07/2016 10:00
Regulamento REGULAMENTO IV CARREIRA CARNEIRO Ó ESPETO 2016
MORAÑA
1.- O Club de Atletismo +9 Moraña, en colaboración co Concello de Moraña, a Deputación de Pontevedra e La Caixa, organiza a Carreira Carneiro ó Espeto 2016, que terá lugar o domingo 24 de xullo a partir das 10:30 horas, estando situadas a saída e a meta na Rúa 5 de Santa Lucía (Moraña).
2.- A carreira é aberta á participación de calquera persoa, sen necesidade de ter licenza federativa.
3.- O percorrido será un circuíto semiurbano ó que se darán dúas voltas ata completar 10 km. As distancias a percorrer adaptaranse ás idades de cada categoría.
O circuíto será o seguinte: Rúa 5, Mos, Rúa 1, Rúa 12, Rúa Dr. Batallán, Rúa 3, Buelo, Rúa 7, Rúa 6, Rúa 5.
4.- Ás 10:30 será a primeira carreira.
A entrega de premios será a partir das 13:15 h.
5.- Categorías (masculina e feminina):
Pitufos: Nacidos a partir do ano 2011
Prebenxamíns: Nacidos nos anos 2010-2009
Benxamíns: Nacidos nos anos 2008-2007
Alevíns: Nacidos nos anos 2006-2005
Infantís: Nacidos nos anos 2004-2003
Cadetes: Nacidos nos anos 2002-2001
Xuvenís: Nacidos nos anos 2000-1999
Absoluta: Elite: de 18 a 34 anos
Veteranos A: masculino: de 35 a 39 anos
feminino: de 35 a 39 anos
Veteranos B: masculino: de 40 a 44 anos
feminino: de 40 a 44 anos
Veteranos C: masculino: de 45 a 49 anos
feminino: de 45 a 49 anos
Veteranos D: masculino: de 50 a 54 anos
feminino: de 50 anos en adiante
Veteranos E: masculino: de 55 a 59 anos
Veteranos F: masculino: de 60 anos en diante.
CATEGORÍA HORA SAÍDA DISTANCIA
Infantís / Cadetes 10:30 h 4 km
Xuvenís / Absoluta 11:00 h 10 km
Alevíns 12:15 h 2 Km
Parellas 12:20 h 2,5 Km
Benxamíns 12:30 h 1.400 m
Prebenxamíns 12:45 h 1.000 m
Pitufos 13:00 h 250 m
6.- Como novidade este ano, teremos a carreira de parellas. As parellas poderán ser masculinas, femininas ou mixtas.
Correrán con dobre dorsal co mesmo número e terán que saír, correr e chegar xuntos á meta. Quedarán descalificadas as parellas nas que os seus membros cheguen por separado.
Terán que inscribirse cun nome para a parella e especificar os nomes de cada participante.
7.- Premios: Haberá trofeos para os tres primeiros clasificados/as de cada categoría e da absoluta. Haberá trofeo para o corredor e corredora de máis idade, e camisetas técnicas e avituallamento para os participantes na liña de chegada.
Haberá premios en metálico para os tres primeiros clasificados de cada unha das seguintes categorías:
ABSOL. SENIOR VET. A VET. B VET. C VET. D VET. E VET. F XUVENIL
MAS/FE MAS/FE MAS/FE MAS/FE MAS/FE MAS/FE MASC. MASC. MAS/FE
1º150€ 1º30€ 1º 30€ 1º 30€ 1º 30€ 1º 30€ 1º 30€ 1º 30€ 1º 30€
2º100€ 2º 20€ 2º 20€ 2º 20€ 2º 20€ 2º 20€ 2º 20€ 2º 20€ 2º 20€
3º 75 € 3º 10 € 3º 10 € 3º 10 € 3º 10€ 3º 10 € 3º 10€ 3º 10€ 3º 10 €
Estos premios non son acumulativos: Só se entregará o de maior cuantía. Para recollelo, terá que presentarse o interesado/a provisto de DNI.
O primeiro premio da absoluta masculino e feminino, ademáis do premio en metálico e o trofeo, entregaráselles un bono dunha cea para dúas persoas.
Teremos un premio especial de 100 euros para os atletas, masculino e feminino, que establezan un novo record:
Masculino ano 2015: Víctor Riobó 33:04
Feminino ano 2015: Paula Mayobre 37:08

Premio de 100 euros para o clube con máis participantes que rematen a carreira.
8.- Inscricións: As categorías de Pitufos a Alevíns inscribiranse no correo electrónico clubatletismomorana@gmail.com ata o xoves 21 ás 14:00 h. Farán constar: nome, apelidos, data de nacemento, enderezo, DNI e teléfono.
Nestas categorías admitiranse inscricións na liña de saída ata unha hora antes da saída.
Para as carreiras absoluta, xuvenil, cadete e infantil as inscricións faranse na páxina www.emesports.es ata o 21 de xullo ás 23:59 h.Os atletas locais deberán especificalo na inscrición. Os atletas federados deberán poñer a que club pertencen.
Prezo inscrición: 5 € para os inscritos ata o 12 de xullo.
7 € para os inscritos a partir do 13 de xullo
Categoría parellas: 7€ a parella
Categorías cadete e infantil: 1 €
Categorías de pitufo a alevín: gratuíta
9.- Os atletas deberán estar na liña de saída 10 minutos antes do comezo da carreira.
10.- Será motivo de descalificación calquera infracción grave ou comportamento antideportivo que estime a Organización.
11.- A Organización non se fará cargo dos obxectos de valor extraviados polos corredores.
12.- A participación supón a total aceptación deste regulamento. Todo corredor, polo feito de tomar a saída, acepta tanto o presente regulamento coma as decisións que tome a Organización en caso de dúbidas.
13.- Haberá duchas no Pavillón Municipal de Deportes, a 600 metros da liña de meta.
14.- Prégase aos atletas de todas as categorías entreguen un kilo de comida non perecedeira no lugar de entrega de dorsais, xa que é unha carreira solidaria.
15.- A ORGANIZACIÓN DA CARREIRA A PARTIR DAS 12:30 H SERVIRÁ PINCHOS PARA TODOS OS ATLETAS PARTICIPANTES. ADEMÁIS DOS HABITUAIS, ESTE ANO TEREMOS PINCHO DE CARNEIRO Ó ESPETO.[/color]