Calendario
Info da proba

CCNOS - Recinto Ferial

07/05/2016 17:45 - 19:45
Regulamento CCNOS - Recinto Ferial

REGULAMENTO XERAL ADULTOS
A Concellería de Deportes do Concello de Lugo organiza a XVI Edición do Circuíto de Carreiras
Populares Larsa Corre con Nós cuias probas se celebrarán baixo o seguinte Regulamento e
datas:
1.- DATAS DAS PROBAS ADULTOS 2016
CARREIRA DATA HORA PROBA SAIDA OUTROS

CARREIRA
SABADO
16 XANEIRO
2016
18:00 H
NOCTURNA MONUMENTAL
(SAIDA PRAZA MAIOR)
19:00
ADULTOS
DUCHAS
PISTAS ATLETISMO
CIUDAD CULTURAL

CARREIRA
DOMINGO
14 FEBREIRO
2016
12:00 H
ESTRADA RIO RATO
SAIDA TOLDA
12:00
MENORES
APARCADOIRO E
DUCHAS
PISTAS ATLETISMO
GREGORIO PEREZ
RIVERA

CARREIRA
DOMINGO
13 MARZO
2016
12:00 H C.C. AS TERMAS
12:00
MENORES
DUCHAS
PISCINA
FRIGSA

CARREIRA
DOMINGO
17 ABRIL
2016
12:00 H
PASEO OMBREIRO
(SAAMASAS-ANXO CARRO)
12:00
MENORES
DUCHAS
POLIDEPORTIVO
PALOMAR

CARREIRA
SABADO
07 MAIO
2016
17:00 H RECINTO FEIRAL
17:00
MENORES
DUCHAS
POLIDEPORTIVO
PALOMAR

CARREIRA
DOMINGO
5 XUÑO
2016
12:00 H
FINAL ADULTOS
PARQUE DE FRIGSA
12:00
ADULTOS
DUCHAS
PISCINA FRIGSA
2.- CATEGORÍAS ADULTOS 2016
· CATEGORIA “E” : 1995 - 2000
· CATEGORIA “F” : 1990 – 1994
· CATEGORIA “G” : 1985 - 1989
· CATEGORIA “H” : 1980 – 1984
· CATEGORIA “I” : 1975 – 1979
· CATEGORIA “J” : 1970 – 1974
· CATEGORIA “K” : 1965 – 1969
· CATEGORIA “L” : 1960 – 1964
· CATEGORIA “M” : 1955 – 1959
· CATEGORIA “N” : 1954 e ANTERIORES
3.- REGULAMENTO ADULTOS 2016
 Circuíto formado por 6 probas.
 Poderán participar nestas probas todas as persoas nadas en 2000 e anteriores.
3.1.-INSCRICIÓNS
 Inscricións para a PRIMEIRA proba do ata o Martes 12 de Xaneiro de 2016 ás
14:00 h .
 Despois desta primeira proba, novas Inscricións ata as 23:00 h do MÉRCORES
anterior a cada unha das probas
o Poderá ser modificada tal data por parte da Organización, anunciándoo
previamente.
 En www.championchipnorte.com
3.2.- RECOLLIDA DE DORSAIS
 Para a primeira proba:
o O/a atleta no formulario de inscrición da páxina web de
Championchipnorte.com indicará na mesma cal será a súa elección para
recoller o dorsal.
 Envío directo a domicilio
 Envío á localidade para recoller nunha tenda específica
 Centro Comercial As Termas SABADO 16 DE XANEIRO DE 2016
de 10:00 h a 14:00 h
 NON SE ENTREGARÁN DORSAIS O MESMO DIA DAS
CARREIRAS POR CUESTIÓNS DE ORGANIZACIÓN.
 Para o resto das probas informarase previamente e especificarase para cada
carreira polo que os/as novos/as corredores/as estarán atentos ás informacións
na páxina de ChampionchipNorte.com e nos seus correos electrónicos.
3.3.- RECOLLIDA DE CHIPS
 Se non tes CHIP doutros anos, e o adquiriche por Internet, deberás de recollelo
xunto co teu dorsal nas mesmas datas.
3.4.- OBRIGATORIEDADE DE PORTAR O CHIP E O DORSAL EN CADA PROBA
 Hai un ÚNICO dorsal para todo o circuíto que se recollerá unicamente na
primeira proba do mesmo na que se participe, E OBRIGATORIO LEVAR O
DORSAL EN TODAS AS PROBAS, e non alterar nin manipular o mesmo
tapando ou ocultando parte da publicidade impresa, podendo no caso contrario
a Organización descualificar ao/á corredor/a.
 Para participar neste circuíto é OBRIGATORIO portar en cada carreira o chip
de Championchip para poder saír nas clasificacións ( se non o tes poderalo
adquirir ou facer a túa inscrición no circuíto na páxina de
www.championchipnorte.com por un precio de 20 € ) e tamén portar o dorsal
claramente colocado na parte frontal da camiseta.
 O atleta que non porte o chip non poderá entrar na clasificación da proba e
non lle contará de ningún xeito para a clasificación final do circuíto.
 O atleta que non porte o dorsal, non terá dereito ó avituallamento final de
carreira e deberá desviarse do embudo final o rematar a súa carreira pois non
poderá ser identificado pola organización como participante do circuíto Larsa
Corre con Nós, podendo chegar a ser descualificado se así o estima a
organización de carreira por non cumprir o regulamento.
 Os CHIPS son persoais e intransferibles polo que a suplantación da
personalidade dos atletas, sancionarase coa expulsión do circuíto do portador e
do/a atleta que foi suplantado/a , anulando todos os dereitos adquiridos coa
inscrición no circuíto.
 No caso de Perda do Chip, o/a atleta poderá mercar outro a través da páxina
de Championchip o mesmo prezo de 20 € adultos / 5€ menores (aluguer).
 No caso de Perda ou Rotura de Dorsal, poderá solicitar un segundo dorsal
dentro dos prazos para novas inscricións indicadas para cada proba á
Concellería de Deportes en deportes@concellodelugo.org.
3.5.- CLASIFICACIÓN XERAL INDIVIDUAL
 Para puntuar neste circuíto terás que participar en 5 das 6 probas que
compoñen o circuíto.
 Se corres 6 probas poderás descartar unha carreira, e puntuarás cos teus
mellores 5 resultados para a xeral individual.
 En caso de empate entre atletas para a xeral final:
o Maior número de probas disputadas
o Mellor resultado nas carreiras disputadas
o Mellor resultado na proba final ( Frigsa ).
 A CLASIFICACIÓN XERAL INDIVIDUAL PUBLICADA, será a definitiva da proba
formada polos corredores e corredoras participantes na mesma.
 Haberá unha CLASIFICACIÓN XERAL INDIVIDUAL MASCULINA e unha
CLASIFICACIÓN XERAL INDIVIDUAL FEMININA .
3.6.- CLASIFICACIÓN INDIVIDUAL POR CATEGORÍAS
 Este circuíto será puntuable en cada carreira en función da clasificación por
categorías.
 Para entrar na clasificación final deberá de participar polo menos en 5 das 6
probas que compoñen o circuíto para poder optar os premios finais para os/as
tres primeiros/as de cada categoría.
 A puntuación alcanzada irá en función do posto acadado en cada unha das
probas: 1º-1 pto / 2º - 2 ptos / 3º - 3 ptos..... de xeito que a puntuación canto
menor sexa significará mellor posición na clasificación individual.
 Se o/a atleta finaliza todas as probas descartará automaticamente o peor posto
puntuando cos mellores cinco resultados acadados.
 Ao rematar a derradeira proba do circuíto ( Frigsa )
3.7.- CLASIFICACIÓN POR EQUIPOS
 Haberá Clasificación por Equipos nas diferentes categorías:
o XERAL EQUIPOS MASCULINOS : puntuan 6 homes
o XERAL EQUIPOS FEMININOS : puntuan 6 mulleres
o XERAL EQUIPOS MIXTOS : puntuan 3 Homes + 3 Mulleres
 O formar parte dun equipo Masculino ou Feminino descarta o/a atleta para
formar parte dun Mixto e viceversa.
 Para puntuar en cada carreira deberán de facelo cun mínimo de atletas tal
como se define.
 O equipo deberá de puntuar nas 6 carreiras do circuíto.
o A través da plataforma de Championchip: EQUIPOS NO CCNOS
 O/A atleta debera de seguir os pasos da plataforma para darse de alta nun
equipo sempre habéndose dado de alta previamente como atleta en
Championchipnorte.com
 O prazo para a configuración dos equipos remata o Martes 12 de XANEIRO de
2016, o equipo que figure ese dia na conta do atleta é o que pasará a formar
parte durante todo o circuíto sen posibilidade de cambios nin rectificacións pois
a plataforma non o permitirá.
 As/os atletas na súa inscrición deberán de reflexar o mesmo nome de equipo
para que se faga efectivo na clasificación.
 As atletas femininas puntúan por postos dentro da xeral feminina e os atletas
masculinos o mesmo na xeral masculina.
 O/A ATLETA QUE NON PORTE DORSAL OFICIAL OU O TEÑA
MANIPULADO NA SÚA ENTRADA A META, poderá ser descualificado e
eliminado da clasificación por equipos, polo que pasaría a puntuar o
seguinte compoñente que entre en meta.
 Os tres primeiros equipos clasificados de cada categoría do circuíto terán trofeo
na cerimonia final do mesmo ( Proba de Frigsa ).
3.8.- RESULTADOS DE CADA CARREIRA
 Os/as atletas poderán comprobar o seu resultado escaneando no seu dorsal o
código QR mediante o seu teléfono móbil.
 Aparecerán o mesmo día da proba na páxina www.championchipnorte.com , e
posteriormente publicaranse as clasificacións xerais e por categorías.
3.9.-PREMIOS Á PARTICIPACIÓN NO CIRCUÍTO
 O longo do circuíto os nosos patrocinadores sortearán entre todos/as os/as
participantes adultos chegados/as á meta, diversos agasallos que serán
anunciados coincidindo coa publicación dos resultados
3.10.-OBSERVACIÓNS FINAIS
- O FEITO DE INSCRIBIRSE NESTA CARREIRA IMPLICA A ACEPTACIÓN DESTE
REGULAMENTO e declara recoñecer e aceptar que a Organización poderá facer uso
das imaxes das probas con fins puramente informativos e promocionais do evento.
- Todos os participantes, estarán cubertos por un seguro da proba
-De acordo co que establece a Lei Orgánica 15/1999 de 13 de Decembro, da protección
de datos de carácter persoal, o participante poderá exercer o seu dereito de acceso a
estes ficheiros co obxecto de rectificar ou cancelar de forma parcial ou total o seu
contido. Para exercitar este dereito deberá solicitalo nas direccións indicadas na ficha
de inscrición
-Os organizadores e colaboradores das probas non se farán responsables dos danos
morais, materiais ou persoais que así mesmos e a outras persoas ocasionen ós
participantes das carreiras.
- Dado o carácter estritamente deportivo e popular destas probas, non se admitirán
reclamacións sobre os resultados das carreiras. A participación leva implícita a
aceptación do Regulamento do circuíto CCNOS.
- A partir da segunda proba poderán inscribirse todos/as os novos/as atletas que
queiran segundo as condicións anteriormente expostas no regulamento, e sempre e
cando haxa dispoñibilidade de dorsais e chips.