Calendario
Info da proba

Mondoñedo - Toxiza

01/05/2016 8:00 - 13:00
Regulamento II Toxiza Classic Xtreme

O "Toxiza Clube de Montaña" e a "Asociación As San Lucas de Mondoñedo" organizan o próximo 1 de maio de 2.016 o II Toxiza Classic Xtreme.

Este ano haberá 2 probas:
- A TCX 19km, con 19 km de percorrido, un desnivel de +1.200m e un precio de 18€ (15€ para federados).
- A TCX 40km, con 40 km de percorrido, un desnivel de +2.050m e un precio de 23€ (20€ para federados).

A carreira transcorre ao longo da Serra da Toxiza, pasando por algún dos montes máis altos e máis significativos de Mondoñedo e da Mariña: a Toxiza, a Fraga Vella e Pena da Roca.

A Praza da Catedral de Mondoñedo será o lugar dende o que os corredores tomarán a saída (8:00 horas en ambas probas) e onde chegarán á meta.

O track da proba de 19km está dispoñible neste enlace.
O track da proba de 40km está dispoñible neste enlace.

A inscrición poderá realizarse en Champion Chip Norte ata 0 24 de abril ás 00:00 horas.

Podedes consultar máis información na páxina de Facebook do Toxiza Clube de Montaña.

A información da proba do ano pasado está dispoñible neste enlace.

Vémonos o día 1 de maio na Praza da Catedral de Mondoñedo!!!!