Calendario
Info da proba

Vigo - HappyGoRunning

24/04/2016 11:00 - 12:15
Regulamento A HappyGoRunning - Cidade Universitaria é unha iniciativa do Servizo de Deportes da Universidade de Vigo na que colaboran entidades como o Concello de Vigo, a Fundación Galega contra o Narcotráfico ou o Círculo Mercantil de Vigo.

A X edición da carreira a pé desenvolverase o vindeiro 24 de abril no Campus Lagoas - Marcosende e nela agárdase superar ás 800 persoas participantes.

Existen dúas posibilidades de participación:

- 10K (tres voltas ao circuíto)
- 6,66K (dúas volta ao circuíto)

A carreira de 10 KM forma parte do Circuíto de Carreiras Populares de Vigo polo que as persoas participantes na HappyGoRunning - Cidade Universitaria 2016 quedarán inscritas automaticamente no circuíto.

O custe da inscrición será de 5 € para as persoas pertencentes á comunidade universitaria da Uvigo e de 7 € para o resto. Destinarase 1 € de cada inscrición a un proxecto solidario da Fundación Galega contra o Narcotráfico. As inscricións poderanse facer a través da web de Championchipnorte entre o 1 de marzo e o 19 de abril.

> Premios e agasallos:

- Clasificación Xeral: outorgaranse premios en metálico ás tres primeiras persoas clasificadas de cada xénero na carreira 10 k.
- Clasificación Universitaria Galaico-Duriense: outorgarase un premio ao campus gañador e agasallos as persoas, ata un máximo de 20, que o integren (consultar regulamento específico da Carreira Universitaria).

As persoas participantes terán a súa disposición servizo de comedor, cafeterias, ludoteca, duchas e vestiarios.

Máis información no tríptico do evento e na web do Servizo de Deportes da Universidade de Vigo.