Calendario
Info da proba

O Barco

21/02/2016 12:00 - 14:00
Regulamento V CARREIRA POR PARELLAS "O BARCONAMORA"

O Centro Comercial Aberto O Barco, en colaboración coa Delegación F.G.A en Valdeorras e o Club ADAS-Proinor organiza a Vª Carreira Popular por Parellas “O Barconamora”, que se desenrolará o vindeiro 21 de Febreiro do 2016, de acordo o seguinte:
PROBA OFICIAL DA F.G.A
PROBA DO Iº CIRCUITO DE CARREIRA POPULARES “COMPARTINDO VALDEORRAS”.

As distancias son orientativas e non homologadas.
O circuíto urbano consta de unha volta de 5.000 mts. aproximadamente.
SAIDA e META estará situada na Praza José Otero en O Barco de Valdeorras

INSCRICIÓNS

1º.- As inscricións absoluta para a carreira se realizará a través a web de CARREIRAS GALEGAS
( http://www.carreirasgalegas.com/ ) ou nas oficinas do Centro Comercial Aberto, Praza de España
en O Barco.
2º.- As INSCRICIONS deberán estar en poder da Organización antes das 23.00 h. do xoves 18 de Febreiro.
3º.- As inscricións para a carreira serán de gratuítas.
4º.- As inscricións dos cativos Prebenxamín, Benxamín, Alevín, Infantil e Cadete, faranse ata 30 minutos antes do inicio das probas, na propia secretaría da proba, sendo esta inscrición gratuíta.
As carreiras de menores pertencen a fase previa do programa XOGADE da zona de Valdeorras.
5º.- .-A retirada de dorsais realizarase na secretaría habilitada para tal fin, na Praza José Otero no Concello de O Barco, de 10 a 11.30 h.

[u]PREMIOS


 Trofeos as tres primeiras parellas das categorías de parellas masculina, feminina e mixta.
 Nas carreiras Infantil, Alevíns, Benxamíns e Prebenxamíns entregaranse medallas para tódolos participantes ata chegar os 20 primeiros de cada categoría.
 Sorteos entre os participantes.