Calendario
Info da proba

Portosín T reta

28/02/2016 9:30
Regulamento portosin T reta

Circuito de carreiras do Concello de Porto do Son.


Art. 1 INFORMACIÓN XERAL
1.1. O CLUB AGRUPACION DEPORTIVA PORTO DO SON xunto co CONCELLO DE PORTO DO SON organizan “Portosin T reta”. Evento deportivo a desenrolarse no fin de semana do 27 e 28 de Febreiro de 2016, o cal pertence ó CIRCUITO DE CARREIRAS POPULARES DO CONCELLO, abrindo así este calendario atlético seguido de tres probas máis. Portosín T Reta está composto de dúas carreiras de montaña con diferencias na distancia e percorrido das mesmas, orientadas para todo tipo de corredores, dende os máis experimentados ata os que se inician no TRAIL RUNNING. Paralelamente, a xornada tamén ofrecerá unha Carreira Popular RUNNING FEST que englobará todo rango de idades descritas no apartado vinculado a esta modalidade que se desenrola no asfalto da zona portuaria da localidade. Estas tres probas disputaranse o sábado 27 de Febreiro. Xa na mañan do Domingo 28 de Febreiro terá lugar a andaina popular.
1.2. Estas catro actividades son as seguintes:
• ULTRA TRAIL:
Carreira de 42.195 metros, con un desnivel positivo de 1674 m. altitude:622m pendiente máxima de 38,1% e pendiente media de 7,1%. O tempo límite para percorrer a distancia queda fixado en 7 horas.
Lugar:
Portosín (Zona Portuaria)
Horario:
Saída: 11:00hChegada:18:00h
Puntos de Control
-Km10,8-Km16,3 -Km22,7-Km28-Km36,9-META.
Avituallamentos
-Km8,5(S/L)-Km16,2(L) -Km22,7(S/L)-Km28(L)-Km36,9(L)-META.(S/L)
*S = Sólido L = Líquido
Material Obrigatorio
-2 Barritas enerxéticas
-Chuvasqueiro
-Botellin
-Silbato
-Mochila ou cinturón
-Móvil
-DNI
-Venda elástica non adhesiva
-Gorra ou Buff
-Guantes.
-Manta térmica
- Documento oficial (artigo 4.3).
Tempos de corte
-km8,5
1h:20min
-Km16,3
2h 40min
-km22,7
3h40min
-km28
4h 38min
-km36
5h 58min
-Meta:
7h 00min.
Cámara de chamadas
Dende as 10:00h ata dez minutos antes de dar a saída.
OBRIGATORIO
1-Revisión de material
2-Revisión de chip e dorsal.
3-Información personalizada do percorrido e as súas características.
(charla técnica).
Teléfono de emerxencias: 660841237 (cada participante deberá apuntar na sua axenda este número antes da saída).
• TRAIL:
Carreira de 18.000 metros, con desnivel positivo de 757 m, altitude:566m, pendiente máxima de 38,1% e pendiente media de 8%. O tempo límite para percorrer a distancia queda fixado en 4h.
Lugar
Portosín
(Zona Portuaria)
Horario
Saída: 11:00h
Chegada:15:00h
Puntos de Control
-Km8,5
-Km10,8
-Km15,1
-META.
Avituallamentos
-Km8,5 (S/L)
-Km15,1 (L)
-META. (S/L)
*S = Sólido
L = Líquido
Material Obrigatorio
-Móvil
-Silvato
-DNI
-Venda elástica non adhesiva
-Manta térmica
-Documento oficial (artigo 4.3)
*Material recomendable describirase os días previos.
Tempos de corte
-km8,5
1h:50min
-Km15,1
3h 20min
-Meta:
4h. 00min.
Cámara de chamadas
Dende as 10:00h ata dez minutos antes de dar a saída.
OBRIGATORIO
1-Revisión de material
2-Revisión de chip e dorsal
3-Información personalizada do percorrido e as súas características.
(charla técnica).
Teléfono de emerxencias: 660841237 (cada participante deberá apuntar na súa axenda este número antes da saída).
• ANDAINA:
En esta modalidade poderán participar todas as persoas que o desexen a partir dos 14 anos de idade.
Consta dun percorrido de 20 kilómetros, cun desnivel positivo de 585 m. altitude:232m. pendiente máxima de 20,4% e pendiente media de 5,5%. O tempo límite para percorrer a distancia queda fixado en 5 horas.
Saída: 09:30 do Domingo 28 de Febreiro (parque infantil da zona portuaria).
Avituallamento: Na zona de chegada (Portosín), os participantes disporán de avituallamento sólido e líquido.
Actividade totalmente gratuita na cal se deben inscribir oficialmente na pasarela habilitada pola organización (non poderá participar ningunha persoa que non esté debidamente inscrita).
• RUNNING FEST PORTOSIN,
(Carreiras Populares de trazado urbano (zona portuaria)
1.3. Estableceranse as seguintes categorías de competición:
HOMES e MULLERES
-CATEGORÍA ABSOLUTA.
-CATEGORÍA SENIOR: Nacidos/as en 1994, 1995 y 1996; Nacidos/as en 1993 e anteriores, ata veterán.
-CATEGORÍA XUNIOR: Nacidos/as en 1999 y 2000; Nacidos/as en
1997 e 1998.
-CATEGORÍA VETERÁN 1: Dende o día que cumplan 31 anos ata 40 anos.
-CATEGORÍA VETERÁN 2: Atletas de idades comprendidas entre os 41 e 50 anos.
-CATEGORÍA VETERÁN 3: Atletas de 51 anos en diante.
-CATEGORÍA ALEVÍN: Atletas nacidos entre os anos 2005 e 2006.
-CATEGORÍA INFANTIL: Atletas nacidos entre os anos 2003 e 2004.
-CATEGORÍA CADETE: Atletas nacidos entre los anos 2001 e 2002.
As categorías BABY RUN e KIDS RUN teñen un carácter non competitivo polo que se fará entrega dunha medalla a tódolos participantes (non se garante medalla ós nen@s que non formalizasen previamente a súa inscripción) Límite: 24 de Febreiro (22:00h.).
1.4. A organización establecerá os siguientes premios y obsequios:
• Trofeo para @s tres primeir@s clasificad@s de tódalas categorías establecidas no presente reglamento, exceptuando as categorías non competitivas.
• As modalidades de Trail, Ultra e 8K recibirán camiseta técnica oficial do evento.
(O feito de non acudir á entrega de premios significa que renuncia ó correspondente premio).
1.5. Terán saída e meta na localidade de Portosín, percorrendo as inmediacións do monte Iroite e Enxa na proba máis longa. As probas de Ultra Trail, Trail e Andaina desenrolaranse a través de sendeiros e pistas. A proba de 8k será en circuito urban en Portosin.
1.6. Celebraranse entre las 15:00 horas do sábado 27 de Febreiro de 2016 ata as 21:30 horas. Cas seguintes horas de saída, por modalidades:
• Ultra Trail ás 11:00 horas
• Trail, ás 11:00 horas.
•Andaina, ás 09:30 horas. (Domingo 28)
•8k ás 20:00 horas.
Art. 2 PERCORRIDOS
2.1. Na web oficial www.sinson10k.com , poderanse descargar os diferentes percorridos así como os perfís.
2.2. A organización resérvase o dereito a modificar algún tramo dos percorridos, se así fose necesario, notificando de inmediato ós participantes por algún dos medios de comunicación dos que se dispón.
2.3. Tódolos percorridos estarán marcados pola organización con diferentes tipos de señalización (cintas de plástico que resalten co entorno, cintas reflectantes para o tránsito nocturno, banderíns, etc…). Estas marcas estarán dispostas no sentido da marcha da carreira, de tal maneira que o corredor non teña problema para velas. O corredor estará obrigado a seguir e localizar estas marcas.
2.4. Os tramos nos que se crucen estradas ou núcleos urbanos, non estarán pechados ao tráfico rodado. O corredor estará obligado a seguir as instruccións da autoridade ó mando ou ó persoal da organización e ten que saber que non ten prioridade de paso.
2.5. Estableceranse uns controis de paso definidos no artigo 7 do presente reglamento. Será obligatorio pasar polos controles establecidos (así como chegar antes dos tempos de peche horario), sendo penalizados aqueles corredores que non o fagan portando o chip e o dorsal que lles identifica.
2.6. A organización poderá poñer de maneira aleatoria cantos puntos de control estime oportuno, ó longo dos distintos percorridos.
2.7. A organización poderá deter a proba no caso de consideralo oportuno por algunha circunstancia que poida poñer en perigo ós corredores, voluntarios ou calqueira persoa involucrada no evento, non devolvendo en ningún caso o importe da inscripción. De interrumpirse a proba, tomaranse os tempos de paso do último control para realizar as clasificacións.
Art. 3 INSCRICIÓN E REQUISITOS
3.1. As inscricións realizaranse a través da web www.sinson10k.com ,ábrense o martes 19 de Xaneiro de 2016 ás 09:00 horas, e pechanse o mércores 24 de Febreiro de 2016 ás 22:00h ou o día en que se esgoten as prazas das distintas modalidades do evento.
3.2.O número máximo de participantes será de:
• Ultra trail (100 participantes)
• Trail (300 participantes)
• 8K carreira popular (500 participantes)
3.3. O importe da participación en cada unha das modalidades é a seguinte:
ULTRA TRAIL; TRAIL; 8K carreira popular
4€ ata o mércores 17 de Febreiro ás 22:00h.
5 € ata o mércores 24 de Febreiro ás 22:00h.
As probas abonaranse de xeito individual, é dicir, no caso de que un participante queira competir en varias probas terá que facer varias inscricións co seu correspondente pago.
3.4. A organización resérvase o dereito de reducir ou ampliar o número de prazas por motivos de seguridade.
3.5. As inscricións son estrictamente persoais e intransferibles, non sendo posible a sustitución dun corredor por outro.
3.6. A idade mínima para participar nas modalidades de trail e ultra queda fixada nos 15 anos.
3.7. Os participantes manifestan coñecer e aceptar as condicións do presente reglamento.

Art. 4. SEGURO, RESPONSABILIDADE CIVIL E SEGURIDADE.
4.1. A organización dispón dun seguro de resposabilidade civil ó igual que un seguro médico individual para cada participante.
4.2. A organización ten previsto un operativo de seguridade composto por membros de protección civil 112 e ambulancia medicalizada, vehículo de intervención rápida, hospital de campaña, médico, enfermeiro e sanitario.
4.3. Todo participante inscrito nas modalidades de Trail e Utra Trail, deberán cubrir un documento oficial o cal exprese estar apto para realizar unha disciplina desta esixencia e non padecer ningunha enfermidade de tipo coronaria, pulmonar ou outra doenza que poña en risco a vida de dito deportista. (DOCUMENTO ANEXO)
Art. 5 RECOLLIDA DE DORSAIS, CÁMARA DE CHAMADAS E CHARLA TÉCNICA.
5.1. A recollida de dorsais realizarase o mesmo día da proba na zona de saída e meta, no seguinte horario para as distintas carreiras:
• Ultra Trail, e Trail: dorsais de 09:00h ata 10:00h. Cámara de chamadas de 10:00h a 10:45h.
Charla técnica de 10:45h a 10:55h.
• Running Fest: dorsais unha hora antes de cada proba a partir das 16:00h.
5.2. Para a retirada de dorsais será obrigatorio presentar o DNI ou pasaporte, podendo retirarse por unha persoa distinta ó destinatario, facéndose ésta responsable, eximindo de toda responsabilidade á organización.
5.3. Todo participante, durante a carreira, deberá levar, de forma obligatoria e visible, na parte dianteira do corpo e fixado ás catro esquinas o dorsal, podendo ser excluido da carreira en caso contrario.
Art. 6. MODIFICACIÓNS E DEREITO DE ADMISIÓN.
A organización resérvase o dereito de realizar as modificacións oportunas, cando por algún motivo o estime necesario e asemade resérvase o dereito de admisión.
Art.7. MEDIO AMBIENTE
As carreiras desenrólanse na súa maior parte por paraxes de excepcional beleza natural, polo que será obligación de todos preservar o entorno evitando arroxar desperdicios fora das áreas de control. A tal efecto colocaranse contedores de lixo ata unha distancia máxima de 25 metros dende o posto de control. Será motivo de descalificación o incumprimiento desta norma por parte dos participantes. Non estará permitido sairse do percorrido, tirar desperdicios, facer ruido como para molestar á fauna e, en xeral, non comportarse con respecto de cara á natureza, ós cascos urbáns por onde transcorre a proba. As probas Ultra Trail, Trail e Andaina entran dentro de espazos mancomunados da Serra do Barbanza, polo que os participantes, asumirán a lexislación que marca as pautas de comportamento, así como as restriccións dentro de este entorno natural.
Art. 8 DEREITO DE IMAXE.
A aceptación do presente reglamento, implica obligatoriamente que o participante autoriza á organización á grabación total ou parcial da súa participación na mesma, presta o seu consentemento para que poida ser utilizada a súa imaxe na promoción e difusión da proba, de tódalos xeitos posibles e cede tódolos dereitos relativos á súa explotación, comercial e publicitaria que a organización considere oportuno executar.
Art. 9 INFRACCIÓNS TÉCNICAS
1. Non seguir o itinerario marcado pola organización tomando atallos para acortar o mesmo (FALTA GRAVE).
2. Quitar ou alterar as marcas de balizamento dos percorridos, dalgún modo que perxudique o correcto progreso do participante (FALTA MOI GRAVE).
3. Recibir axuda externa, excepto en casos de emerxencia (FALTA GRAVE).
4. Non levar posto o dorsal na parte dianteira do torso ou muslo anclado polas catro esquinas. Levar o dorsal dobrado ou enrolado. Manipulación do dorsal. (FALTA MOI GRAVE).
5. Non levar durante a competición, perder ou manipular o chip proporcionado pola organización (FALTA MOI GRAVE).
6. Non pasar o control da zona de saída. (DESCALIFICACIÓN INMEDIATA).
7. Abandonar de maneira voluntaria desperdicios ó longo do percorrido (FALTA MOI GRAVE).
8. Non marcar os envoltorios da comida que se leve en carreira co número do dorsal (FALTA GRAVE).
9. Alterar calqueira mobiliario ou sinal que a organización colocase para o correcto funcionamiento do evento (FALTA MOI GRAVE).
10. Impedir que outro corredor nos adiante estando en competición e de xeito voluntario (FALTA GRAVE).
11. Non levar o material obligatorio exigido pola organización durante todo o percorrido, ou negarse a mostralo a calquer persoa da organización nun control ou fora deste (DESCALIFICACIÓN INMEDIATA).
12. Non seguir as instruccións de calquera membro da organización, árbitro, responsable de zona, responsable de avituallamento ou membro dos servicios de emerxencia e seguridade (FALTA GRAVE).
13. Non auxiliar a outro participante de maneira voluntaria, no caso de que este o precise (FALTA MOI GRAVE).


REGLAMENTO CIRCUITO DE CARREIRAS POPULARES DO CONCELLO DE PORTO DO SON:


Art.1.INFORMACIÓN XERAL

O Concello de Porto do Son en conxunto co clube A.D.Porto do Son, organiza o Circuito de Carreiras Populares do Concello de Porto do Son. Dito circuito consta de 4 probas (Portosín T Reta/Xuño Carreira Popular/Enxa Xtrem/Sin-Son 10k).
Art. 2 CARREIRAS E CATEGORÍAS DO CIRCUITO.
2.1. CARREIRAS
• Portosín T reta
• Xuño Carreira Popular
• Enxa Xtrem
• Sin Son 10k 2016
2.2 CATEGORÍAS
Estableceranse as seguintes categorías dentro do presente circuito.
XUNIOR VETERÁN 1 VETERÁN 3
SENIOR VETERÁN 2 ABSOLUTA

Art.3 SISTEMA DE PUNTUACIÓN E CLASIFICACIÓNS.

• Portosín T reta: 1º Clasificado (8puntos); 2ºClasificado (6puntos); 3º Clasificado (4puntos); 4º Clasificado (3puntos); 5º Clasificado (2puntos); 6º Clasificado (1 punto).
• Xuño Carreira Popular: 1º Clasificado (8puntos); 2ºClasificado (6puntos); 3º Clasificado (4puntos); 4º Clasificado (3puntos); 5º Clasificado (2puntos); 6º Clasificado (1 punto).
• Enxa Xtrem: 1º Clasificado (8puntos); 2ºClasificado (6puntos); 3º Clasificado (4puntos); 4º Clasificado (3puntos); 5º Clasificado (2puntos); 6º Clasificado (1 punto).
• Sin Son 10k 2016: 1º Clasificado (20puntos); 2ºClasificado (15puntos); 3º Clasificado (10puntos); 4º Clasificado (7puntos); 5º Clasificado (5puntos); 6º Clasificado (3 puntos).
As puntuacións e clasificacións son de carácter individual e premian tanto ao apartado masculino como o feminino.
Art.4 PREMIOS
• Trofeo ós 3 primeiros clasificados de cada categoría tanto no apartado masculino como no feminino.
• Regalos ós 6 primeiros clasificados de cada categoría (homes e mulleres).
• Inscrición gratuita ó primeiro de cada categoría en tódalas probas do Circuito de Carreiras Populares do Concello de Porto do Son edición 2017.
(Os premios repartiranse na última das catro probas no protocolo de entrega de premios).


MÁIS INFORMACIÓN.

www.sinson10k.com