Calendario
Info da proba

Carnota

27/03/2016 10:30
Regulamento IV CARREIRA VIQUINGA CARNOTA


Inscricións AQUÍ

REGULAMENTO


Nesta competición poden participar todas aquelas persoas que o desexen, tanto nenos/as como adultos/as.

NORMATIVA XERAL

1.A carreira estará controlada mediante cronometraxe electrónica.

2.A proba terá unha distancia de 18.000 metros.

3.A saída estará situada na Casa do Concello.

4.O comezo da carreira será ás 10:30 h, aproximadamente.
*Nota: os horarios non están libres de sufrir algunha modificación se se presenta algún imprevisto de última hora. No caso de que para o día da celebración da proba se decrete unha alerta laranxa, a proba será suspendida automaticamente

5.A organización da proba resérvase o dereito a modificar horarios ou o percorrido, aprazar ou suspender a carreira, se así o estima oportuno, por razóns climatolóxicas ou de seguridade.

6.Os/as atletas que, durante o transcurso da proba, circulen por fóra do espazo delimitado polos vehículos de sinalización de inicio e fin de carreira considéranse, para todos os efectos, usuarios normais da vía.

7.Toda persoa que corra sen estar inscrita, farao baixo a súa responsabilidade e non poderá participar de trofeos nin obsequios. Tampouco estará amparada polos seguros da proba.

8.Cada participante toma parte na carreira baixo a súa responsabilidade e ha de ter un nivel de condición física e saúde suficiente para afrontala.

9.Debido ao carácter estritamente deportivo e popular da proba non se admitirán reclamacións. A participación é libre e leva implícita a aceptación do Regulamento xeral da proba e do circuíto . O Concello de Carnota non se fará responsable dos danos físicos, morais ou materiais que ocasione a participación nesta carreira. Os aspectos non recollidos neste Regulamento resolveranse segundo o criterio da comisión organizadora, cuzas decisións serán inapelables.

10.A organización porá á disposición das persoas participantes un servizo de ambulancia para os/as atletas que presenten algún síntoma de lesión.

11.A organización non pode garantir a cobertura ao longo de todo o percorrido.

12.Ofrécese un servizo de gardarroupa para todo aquel corredor ou corredora que o precise.

13.A organización pon á disposición dos/das participantes na carreira o Pavillón Polideportivo Municipal de Carnota para que se poidan asear.

14.O tempo máximo de duración da proba será de 1 hora a partir da entrada en meta do primeiro corredor ou corredora. A partir dese intre os corredores que permanezan en ruta deberán abandonala e non se garantirá a súa cobertura.

15.Existirá un posto de avituallamento intermedio, aproximadamente no quilómetro 7, no que se habilitarán papeleiras para tirar os residuos.

16.Está prohibido tirar desperdicios ou envoltorios ao longo da carreira. No avituallamento haberá servizo de recollida de desperdicios.

17.Os únicos vehículos que poderán seguir a proba, serán os autorizados pola organización.

18.En caso de retirada avisarase ao persoal da organización.

19.Non se permite o acompañamento de animais.

20.Os/as participantes autorizan aos organizadores a rexistrar total ou parcialmente a súa participación mediante fotos, vídeos, televisión ou calquera outro medio de difusión

INSCRICIÓNS

Os deportistas inscritos comprométense a aceptar estritamente o presente regulamento e calquera posible modificación.

1.Para formalizar a inscrición deberase cubrir o formulario que hai na páxina web Galitiming

2.Termos e prezos das inscricións:

*Establécese un máximo de 250 participantes.
*As inscricións efectuaranse na páxina GALITIMING e poderanse facer ata o martes 22 de marzo, ou ata alcanzar os 250 participantes.
*A solicitude de inscrición para os/as deportistas menores de idade deberá ir acompañada dunha autorización paterna/materna, segundo o modelo establecido pola organización. O dito modelo, que se pode descargar na páxina web de Galitiming deberá imprimirse e presentarse debidamente cuberto e asinado á hora de recoller o dorsal.
*O prezo de cada inscrición será de 5€
*A inscrición para os/as atletas de menores de idade será gratuíta.
*Non será posible formalizar inscricións fóra de prazo.
*En ningún caso se devolverá o importe da inscrición.

3.A entrega de dorsais abrirase ás 9:15 h na Casa do Concello e permanecerá aberta ata 15 minutos antes do inicio da proba.

4.Calquera atleta con problemas médicos (alerxia, atencións especiais, etc.) deberá facelo constar no reverso do dorsal da proba.

5.As inscricións realizaranse nos lugares que se indican no regulamento e dentro dos prazos sinalados. Quen non se axuste a estas indicacións non poderá participar na proba.

CLASIFICACIÓNS E TROFEOS E MEDALLAS E A SÚA ENTREGA

1.Establécense os seguintes premios :

*Trofeo ou medalla aos 3 primeiros clasificados e clasificadas da categoría absoluta.
*Trofeo ao mellor clasificado/a empadroado/a ou nado/a no concello de Carnota.
*Medalla para todos os participantes de categorías base. En categoría pitufo levarán medalla todos/as os/as participantes. Nas categorías Cativos I e Cativos II, levarán medalla todos os participantes, e subirán ao podio os/as tres primeiros/as de cada unha destas categorías.
*Camiseta conmemorativa para todas as persoas participantes na carreira.

2.As clasificacións da carreira poderán consultarse na páxina web de Galitiming.


PERCORRIDOS E HORARIOS DAS CARREIRAS DAS DIFERENTES CATEGORÍAS


CATEGORÍA IDADES DISTANCIAS HORARIOS
Pitufo 2009-2012 300 m (aprox.) 11:20 horas
Cativos I 2005-2008 1.000m (aprox.) 11:10 horas
Cativos II 2001-2004 2.000 m (aprox.) 10:45 horas
Absoluta 2000 e anteriores 18.000 m (aprox.) 10:30 horas

*Nota: os horarios non están libres de sufrir algunha modificación se se presenta algún imprevisto de última hora. No caso de que para o día da celebración da proba se decrete unha alerta laranxa, a proba será suspendida automaticamente.