Calendario
Info da proba

Tordoia

14/05/2016 16:30 - 19:30
Regulamento VII CARREIRA PEDESTRE POPULAR TORDOIA IN ESSENCE
I ANDAINA
Sábado 14 de maio de 2016
Seixán, Cabaleiros (Tordoia)
A partir das 16:45 h horas

O Concello de Tordoia organiza a VII Carreira Popular Pedestre de Tordoia en Seixán (Cabaleiros) o sábado 14 de maio ás 16:45 horas e de acordo ao seguinte:

REGULAMENTO

1. Poderán participar atletas federados e non federados; haberá unha soa clasificación conxunta. O Control das carreiras estará a cargo da organización.

2. Categorías dos participantes:

Categorías e horarios

CATEGORIA ANO DE NACEMENTO HORA DISTANCIAS
ANDAINA De 2000 e anteriores 16:45 h 6850 m
Xuvenil 1999-2000 17:45 h 6850 m
Junior 1997-1998 17:45 h 6850 m
Promesa 1994-1995-1996 17:45 h 6850 m
Senior 1993 ata veteranos 17:45 h 6850 m
Veterano/a 1 Nados/as entre 1976 e 1981 17:45 h 6850 m
Veterano/a 2 Nados/as entre 1967 e 1975 17:45 h 6850 m
Veterano/a 3 Nados/as entre 1957 e 1966 17:45 h 6850 m
Veterano/a 4 Nados/as en 1956 e anteriores 17:45 h 6850 m
Pitufo Nados en 2011 e posteriores 18:35 h 100 m
Prebenxamín Nados en 2009-2010 18:45 h 300 m
Benxamín e Alevín 2007-2008 e 2005-2006 18:55 h 700 m
Infantil e Cadete 2003-2004 e 2001-2002 19:00 h 1800 m
ENTREGA DE PREMIOS AS 20:00 HORAS




3. INSCRICIONS

 A inscrición da proba absoluta (de xuvenil a veterán) poderá realizarse na web www.carreirasgalegas.com con data límite o mércores 11 de maio ás 23:59 horas*.

 A inscrición das carreiras escolares (de pitufo a cadete) farase tamén a través da páxina web www.carreirasgalegas.com debendo rellenar o formulario de inscrición (data límite: mércores 11 de maio ás 23:59 horas).

PREZOS DA INSCRICION

 CATEGORIAS ESCOLARES (de pitufo a cadetes incluídos): GRATUITA

 PROBA ABSOLUTA e ANDAINA (de xuvenil a veterán): 5 €

* O pago da inscrición poderá realizarse pola pasarela de pago da páxina web www.carreirasgalegas.com. Para calquera dúbida co proceso de inscrición poderán poñerse en contacto co teléfono 981 291799 ou no em@il FGAsantiago@gmail.com.

Non se admitirán inscricións fóra do prazo establecido nin se admitirán inscricións o día da proba.

4. PREMIOS E TROFEOS

Haberá trofeo para os 3 primeiros clasificados de cada categoría e sexo, e para o primeiro home e a primeira muller mellor clasificados empadroados no Concello de Tordoia da carreira absoluta.
Tamén outorgaranse trofeo os 3 primeiros clasificados da xeral absoluta (premios NON acumulativos).
Na andaian NON haberá premiación.

5. A saída terá lugar no Campo da festa de Cabaleiros (Seixán). Os participantes estarán na saída 5 minutos antes do comezo da súa proba.

6. A entrega de dorsais terá como tempo límite 30 minutos antes da proba e realizarase a carón da saída das probas. Os dorsais colocaranse nun lugar visible na parte anterior do corpo (zona próxima ao peito), respetándose a publicidade existente neles.

7. Está rigurosamente prohibido o acompañamento dos participantes e tamén a entrada ao circuíto de toda persoa allea á carreira.

8. Todos/as os/as corredores terán un Seguro de Accidentes Deportivos (MAPFRE), (no caso de non estar federados), e o correspondente R.C., polo que estará prohibido correr sen estar inscrito dentro do prazo establecido.

9. A Organización resérvase a facultade de decidir sobre calquera aspecto ou circunstancia non contemplada neste regulamento. A participación nas probas suporá a total aceptación deste Regulamento.



10. Haberá servizo de duchas no Pavillón Polideportivo Municipal de Cabaleiros.

11. Todo o non recollido no presente regulamento rexirase pola normativa de probas en ruta da FGA e da RFEA en vigor.