Calendario
Info da proba

Ponteareas - Picaraña

01/05/2016 10:30 - 12:00
Regulamento Subida á Picaraña

INSCRICION EN http://www.caminhantesdocondado.es/subida-a-picarana-2016.html

Carreira organizada polo Clube Caminhantes do Condado, que se vai desenvolver no Concello de Ponteareas (Pontevedra), e cun percorrido que vai dende a zoa da Piscina Municipal de Ponteareas ata a Cruz da Picaraña, polo tradicional camino da Romería da Picaraña.

A saída da proba será ás 10:30 dende o parking da Piscina Municipal de Ponteareas.

Cunha distancia de 4 km. e un desnivel positivo de aproximadamente 350 metros, supón un verdadeiro desafío para tod@s @s participantes. O terreo polo que discorre será asfalto-terra (pistas).

Poderán inscribirse participantes a partir de 14 anos.

As categorías serán:

- Cadete (14-15)
- Juvenil (16-17)
- Junior (18-19)
- Promesa (20 a 22)
- Senior (23 a 34)
- Veteranos A (35 a 39)
- Veteranos B (40 a 44)
- Veteranos C (45 a 49)
- Veteranos D (50 a 54)
- Veteranos E (55 a 59)
- Veteranos F (60 e máis)

Será necesario mínimo 4 participantes do mesmo sexo en cada categoría na liña de saída para a constitución da mesma; os atletas das categorías non constituídas serán asignados á categoría inmediatamente anterior á que lle corresponda.

Haberá premios (medallas) para os primeiros clasificados, masculinos e femeninos, de cada una das categorías descritas.

Igualmente haberá un premio en metálico, de 100 €, para record de carreira, masculino e femenino, absoluta. A intención e establecer un premio en metálico (que poderá ser acumulativo) para as seguintes edicións que superen os tempos record establecidos nas anteriores edicións.

A inscrición é de 5 €.

Os participantes contarán con un avituallamiento líquido e sólido ao chegar á meta.
[b]
A información se actualizará na web: http://www.caminhantesdocondado.es/subida-a-picarana-2016.html

Calquera consulta se poderá efectuar no seguinte foro: http://www.correrengalicia.org/index.php?name=Forums&file=viewtopic&t=17993