Calendario
Info da proba

San Xiao, Ferrol

10/01/2016 10:30
Regulamento XXXIII CARREIRA POPULAR SAN XIAO

Data: 10 de Xaneiro de 2016.
Hora: 10:30h.
Lugar: Pavillón de Esteiro.
Distancia: 10.000m.
Organiza: Concello de Ferrol.
Inscrición: en ChampionchipNorte.


A XXXIII CARREIRA POPULAR SAN XIAO, organizada polo Servizo de
Deportes do Concello de Ferrol co control técnico da Delegación en Ferrol da
Federación Galega de Atletismo, terá lugar o domingo 10 de xaneiro de 2016
a partir das 10:30 h da mañá. A proba está suxeita ás seguintes normas:
1. A saída e a chegada situaranse nas proximidades do Pavillón Municipal
de Esteiro.
2. A proba discorrerá por un circuíto de acordo co plano deseñado.
3. A organización contará coa axuda da Policía Local, Protección Civil,
persoal do Servizo de Deportes e voluntarios, que regularan o tránsito o
longo do percorrido.
4. Prohíbese o acompañamento dos participantes e o uso de coches de
apoio. O incumprimento desta norma implicará a inmediata
descalificación dos corredores que a infrinxiran. Os únicos vehículos
autorizados que poderán seguir a proba serán os das forzas de
seguridade e os de apoio a organización, que contarán con roupa
apropiada e visible.
5. A proba estará controlada polo Comité Galego de Xuíces, que
establecerá os correspondentes controis ao longo do circuíto
6. O percorrido estará sinalizado como mínimo cada kilómetro.
7. No percorrido estableceranse controis, así como un posto de
avituallamento.
8. O control de chegada pecharase unha hora despois de que entre en
meta o primeiro clasificado. Cando un participante sobrepase o tempo
previsto de peche de control (unha hora dende que entre o primeiro
clasificado), será avisado pola organización e deberá subir ao coche
oficial que pecha a carreira e abandonar a proba coa fin de non
entorpecer o tráfico automobilístico e o desenvolvemento da propia
actividade. No caso de continuar, farao baixo a súa responsabilidade,
debendo cumprir as normas e sinais, e considerarse un usuario máis da
vía, quedando eximida a organización de toda responsabilidade do que
puidese acontecer (Regulamento xeral de circulación R.D. 1428/2003).
9. A Organización ten suscrito un Seguro Colectivo de Accidentes e
Responsabilidade Civil. De tódolos xeitos, a Organización recomenda
aos participantes que, con anterioridade á proba, efectúen un
recoñecemento médico específico e que realicen un adestramento
axeitado para as características desta competición.
10. CATEGORÍAS:
10.1.- CATEGORIAS ABSOLUTAS:
Establécense as seguintes categorías masculinas e femininas:
· Xuvenil mulleres e homes Nados nos anos 1999 e 2000
· Júnior mulleres e homes Nados nos anos 1997 e 1998
· Promesa mulleres e homes Nados nos anos 1994, 1995 e
1996
· Nados en 1993 até aqueles con 35 anos feitos o día da proba
· Veterano 1 de 1976 a 1981
· Veterano 2 de 1975 a 1967
· Veterano 3 de 1966 a 1957
· Veterano 4 de 1956 a 1901
· Cadeira de rodas (CR)*
· Handbike (HB)*
· Discapacitados visuais (DV)*.
* Consideranse categorías non oficiais da F.G.A.
O percorrido será de 10.000 metros aproximadamente, e discorrerá polo
concello de Ferrol.
Inscricións. As inscricións das categorías absolutas poderán efectuarse a
partir do día 29 de decembro até as 22:00 h do día 6 de Xaneiro a través da
páxina web www.championchipnorte.com
Non se admitirá outra vía de inscrición que a sinalada anteriormente.
A retirada de chips e dorsais poderase efectuar ao longo do venres 8 e sábado
9 (de 9:30 a 13:30 e de 16:30 a 20:30 horas) no Pavillón polideportivo de A
Malata asi como o domingo 10 de setembro, dende as 8:00 ata as 9:30 horas
no pavillón de Esteiro.
O acto de recollida de dorsal e chips entenderse como confirmación da
participación.
A organización non se fai responsable das consecuencias derivadas dunha
inscrición defectuosa e/ou errónea por parte dos corredores ou a persoa en
quen delegaren.
No caso dos atletas discapacitados, deberan facer constar a circunstancia no
momento da inscripción así como enviar a deportes@ferrol.es copia da licencia
coa valoración da discapacidade recoñecida .
CADEIRAS DE RODAS E HANDBIKE
As cadeiras deberan ter un minino de 2 rodas grandes e 1 pequena.
Non permitirase a participación en cadeiras de rodas de paseo, que non
foran diseñadas para a actividade de atletismo.
Os atletas aseguraranse que ninguna parte dos seus membros inferiores
toquen o chan durante a carreira.
Será responsabilidade do competidor que a cadeira de rodas este conforme as
regras arriba indicadas e non retrasar a carreira mentres fai os axustes a
cadeira.
Todos os atletas en cadeiras de rodas levarán casco obligatoriamente durante
toda a carreira.
O desprazamento mediante alqun método, excepto o empuxe do corredor
sobre as rodas ou aros de impulsión suporía a descalificación.
DISCAPACIDADE VISUAL
Todos os atletas deberán obligatoriamente participar con un guía. Este guía se
identificará con un peto de color brillante facilitado por la organización. Si algún
atleta con discapacidad visual no tiene guía, la organización no le permitirá
participar en la prueba, por motivos de seguridad.
Cuando o corredor con discapacidade visual cruce a liñá de chegada o gúía
deberá estar por detrás de él.
O método de guía poderá ser elidido polo atleta. Poderá escoller entre ser
dirixido por un gúia que lle suxete o codo, o por medio de atadura ou ben correr
sen suxeccion. Non permitirase soster o atleta, suxeitarxe da sua roupa ou atar
as mans do atleta coas dos gúia. A atadura deberá deixar un espazo de
alomenos 5 cms entre as mans do atleta e as do guía. Ademáis o corredor
poderá recibir instruccions verbais do guía.
Os guías non poderán usar bicicleta ou outros medios mecánicos de
transporte.
O guía non poderá en ningún momento tirar do atleta ou empurrarlle para darlle
impulso. A infracción suporá a descalificación.
Independientemente de que empreguese atadura ou non, entre o atleta e o
guía non poderá haber en ningún momento unha distancia maior de 0,50 mts
10. 2.- CATEGORÍAS ESCOLARES
Establécense as seguintes categorías masculinas e femininas:
· Benxamín Nados/as nos anos 2007 e 2008
· Alevín Nados/as nos anos 2005 e 2006
· Infantil Nados/as nos anos 2003 e 2004
· Cadete Nados/as nos anos 2001 e 2002
As distancias a percorrer por categoría serán as seguintes:
HORA CATEGORIA DISTANCIA
* Cadetes masculino / feminino 4.000 mts aprox
* Infantil masculino/ feminino 2.000 mts aprox
* Alevín masculino/ feminino
* Benxamin masculino/ feminino 1.000 mts aprox
* Pendente de confirmación a consultar na web da delegación ferrolán da Federación Galega
de Atletismo www.fgatletismo.es/ferrol,
Na categoría escolar, son de aplicación as Bases do XV Circuito Ferrolán de
Carreiras Populares e de Campo a través (esta proba está incluida dentro do
circuito).
INSCRICIÓNS. Para participar nesta proba, deberase inscribir aos
participantes a través da seguinte dirección no formulario da páxina Web da
delegación www.fgatletismo.es/ferrol, o máis tarde, o mércores anterior á
carreira.
Lembramos que a carreira popular XXXIII CARREIRA POPULAR SAN XIAO é
tamén unha proba do XVI Circuito Ferrolán de Carreiras Populares e Campo a
Través, evento que forma parte do Programa Xogade, polo que será requisito
indispensable de cara á participación e puntuación no citado circuito1, inscribir
aos nenos no programa www.deporteescolargalego.com.
Asimesmo lembramos que no caso dos colexios, tal e como describe o art. 4 do
regramento do XVI Circuito Ferrolán de Carreiras Populares e Campo a Través,
ademais de efectuar a inscrición de cada un dos participantes, deberase remitir
un listado por categoría e sexo de todos os participantes de cada centro, que
1 Só para nenos/as participantes co seus clubes ou colexios no XVI Circuito Ferrolán de Carreiras Populares e de
Campo a través
deberá estar asinado polo Director/a de cada centro; áo Negociado de
Deportes do Concello de Ferrol o máis tarde, o mércores anterior á xornada.
11.- Premios. A organización premiará as tres primeiras persoas clasificadas
de cada categoría das absolutas e escolares. A entrega de trofeos realizarase
ás 13:00 h.
12.- Dado o espírito estritamente deportivo e popular desta proba, non se
admitirán reclamacións.
13.- O Servizo de Deportes do Concello de Ferrol, e a Federación Galega de
Atletismo non se fan responsables dos danos morais ou materiais sufridos
polas persoas participantes nesta proba ou que estas ocasionen a outras
persoas.
14.- A organización poderá modificar este regulamento ou o circuíto polo que
discorrerá a carreira sen aviso previo. Así mesmo, resérvase a facultade de
decidir sobre calquera circunstancia ou aspecto que non se considere neste
regulamento.
15.- Ao se inscribiren, todos os corredores aceptan a publicación do seu nome
e a súa imaxe nas clasificacións, medios de comunicación e/ou a internet. De
igual maneira, mediante a inscrición o/a corredor/a consente expresamente que
os seus datos sexan empregados pola organización para comunicacións
acerca da súa actividade.
En calquera caso, tal e como establece a Lei de protección de datos de
carácter persoal, as persoas interesadas poden exercer os seus dereitos de
acceso, rectificación, cancelación e oposición a través dun escrito ou correo
electrónico dirixido ao Servizo de Deportes do Concello de Ferrol, praza de
Armas s/n, 15402 Ferrol, .
16.- Coa inscrición na proba enténdense aceptadas todas as normas e demais
consideracións reflectidas neste regulamento.
17.- Disporase de servizo de duchas e gardarroupa no Pavillon Municipal de
Esteiro.