Calendario
Info da proba

San Miguel de Oia

07/02/2016 10:00 - 13:30
Regulamento XXXIX TROFEO DE CAMPO A TRAVÉS SAN MIGUEL DE OIA, VIGO

Data: domingo, 7 de febreiro de 2016.
Hora: a partires das 10:00 h.
Lugar: San Miguel de Oia, Vigo.
Distancia: de 100 a 8.000m. / Planos
Organiza: Sociedade Deportiva Atletismo San Miguel de Oia.
Inscrición: ata o 4 de febreiro de 2016 en carreirasgalegas.com

REGULAMENTO

A Sociedade Deportiva Atletismo San Miguel de Oia, ten o privilexio de convidalos a participar no XXXIX Trofeo de Campo a Través que se celebrará o vindeiro 7 de febreiro de 2.016 a partires das 10:00 da mañá nos campos Loureiro – Camiño da Verdella de San Miguel de Oia, dacordo coas seguintes normas:

1º A participación nesta carreira será gratuita e aberta a atletas federados ou non federados con excepción dos atletas extranxeiros agas os portugueses que non teñan sido internacionais nos últimos cinco anos.

Celébranse varias carreiras e a hora de saida e distancias a percorrer das probas serán:

HORA CATEGORÍA ANO VOLTAS DISTANCIA
10:00 CADETE FEMENINO 01-02 1 V. PEQUENA + 1 V. GRANDE 2.100 m.
10:15 CADETE MASCULINO 01-02 2 V. GRANDES 3.150 m.
10:35 INFANTIL FEMININO 03-04 1V. GRANDE 1.575 m.
10:50 INFANTIL MASCULINO 03-04 1V. PEQUENA + 1 V. GRANDE 2.100 m.
11:00 ALEVÍN FEMININO 05-06 2 V. PEQUENAS 1.075 m.
11:10 ALEVÍN MASCULINO 05-06 2 V. PEQUENAS 1.075 m.
11:20 CARREIRA POPULAR (Ambos sexos) 96- e ANTERIORES 5V. GRANDES 8.000 m
12:10 XUVENIL E JUNIOR (Ambos sexos) 97-98-99-00 1V.PEQUENA+ 2V. GRANDES 3.700 m.
12:30 BENXAMÍN FEMININO 07-08 2V. PEQUENAS 1.075 m.
12:40 BENXAMÍN MASCULINO 07-08 2V. PEQUENAS 1.075 m.
12:50 PREBENXAMÍN FEMININO* 09-10 1V. PEQUENA 527 m.
13:00 PREBENXAMÍN MASCULINO* 09-10 1V. PEQUENA 527 m.
13:05 OLÍMPICOS FEMENINO * 11-12-13-14 CIRCUITO CHAN 100 m.
13:10 OLÍMPICOS MASCULINO * 11-12-13-14 CIRCUITO CHAN 100 m.
13:30 ENTREGA DE PREMIOS

*Estas carreiras son de promoción non oficiais.

2º As carreiras estarán baixo o control técnico do Comité de Xuices da Federación Galega de Atletismo.

3º Os dorsais serán facilitados pola organización e deberán levarse en toda sua extensión, sen dobreces que dificulten a sua visión po los Xuices, sendo o contrario motivo de descalificación.

4º Tódolos clubes, centros escolares ou agrupacións teñen que estar representados por un delegado que deberá presentarse en secretaría como mínimo media hora antes da hora prevista para o inicio da competición a fin de retirar os dorsais e documentación da mesma.

5º As inscripcións faránse a través da plataforma online na Web Carreiras Galegas, tendo como fecha límite o día 4 de febreiro as 22:00 horas, onde deberán indicar os datos da inscrición requeridos.

6º Premios. Para as categorías ata cadetes entregaránselle trofeo os tres primeiros de cada categoría e sexo, e medalla ó resto dos participantes, solo na carreira escolar.
Nas categorías Xuvenil e Junior feminimo e masculino, entregaranse trofeos os tres primeiros clasificados de cada categoría.
Na carreira popular entregaranse trofeos os tres primeiros das seguintes categorías, tanto feminino como masculino:

-Promesa-Sénior.........Nados entre os anos 1.996 e 1.983.
-Veteranos A..............Nados entre os anos 1.982 e 1.974.
-Veteranos B..............Nados entre os anos 1.973 e 1.965.
-Veteranos C..............Nados entre os anos 1.964 e 1.956.
-Veteranos D..............Nados entre os anos 1.955 e 1.949
-Veteranos E.............. Nados entre os anos 1.948 e anterioes.

7º Os premios individuais non serán acumulables.

8º A proba está cuberta cun seguro de responsabilidade civil obligatorio e seguro de accidentes.

9º A organización desta proba non se fai responsable dos danos morais que a sí mesmos ou a outras persoas ocasionen os participantes desta carreira, así como das neglixencias que poidan cometer durante o seu transcurso.

10º As reclamacións sobor de este regulamento e outras incidencias non contempladas no mesmo faranse de acordó cos regulamentos da IAAF, RFEA e FGA en vigor.

11º A inscripción nesta competición implica a aceptación do presente regulamento.

*NOTA: Esta proba pertence o Calendario Oficial da Federación Galega de Atletismo.

S.D.A. San Miguel de Oia