Calendario
Info da proba

Lalín

24/01/2016 11:00 - 13:00
Regulamento VI Carreira do Cocido, Lalín

Data: domingo, 24 de xaneiro de 2015.
Hora: a partires das 11:00 h.
Lugar: saída e chegada na rúa Luís González Taboada (xusto detrás da Iglesia).
Distancia: de 100 a 10.000 m.
Organiza: Club de Atletismo Deza e o Concello de Lalín.
Inscrición: en Emesports.



/ Máis información da Carreira do Cocido de Lalín neste tema do foro



Carreira especatcular polo centro de Lalín e o Paseo do Pontiñas, este ano moi ambiciosa con gran animación para convertirse no referente das carreiras dos meses mais fríos do ano que combinan ben cun Cocido.

Prezo da inscrición 6 euros

Nenos e nenas gratis.
Servizo de canguraxe.
Parking gratuíto e vixiado.
Música e animación.
Barra de cervexa para finishers.
Obsequios por participante.
Camiseta exclusiva, técnica de calidade opcional.

- - - - - - - - - - - - - - - - - - - - - -

O Club de Atletismo Deza e o Concello de Lalín, organizan o domingo 24 de Xaneiro de 2016, a partir das 11:00 horas, a VI Carreira Pedestre do COCIDO con saída e chegada na rúa Luís González Taboada (xusto detrás da Iglesia). As probas contarán co control técnico de Eme Events e estarán suxeitas ao seguinte regulamento:

REGULAMENTO:

1. Poderá participar toda persoa que o desexe, a partires dos 3 anos de idade.

2. CATEGORÍAS DE COMPETICIÓN:
Masculina e Feminina excepto a Chupete e Pitufo que será Mixta.
- *CHUPETE: nados no 2011 e posteriores.
- *PITUFOS: nados no -2009-2010.
- BENXAMÍN: nados no 2007-2008.
- ALEVÍN: nados no 2005-2006
- INFANTIL: nados no 2003-2004
- CADETE: nados no 2001-2002
- XUVENIL: nados no 1999-2000
- XUNIOR: nados no 1997-98
- PROMESA: nado no 94-95-96
- SENIOR: nados no 1993 ata veterano.
- VETERAN: a partir de 35 e agrupados de 10 en 10 anos

* As categorías chupete e pitufo non son categorías federativas
* Todos os atletas teñen vestiarios e duchas a súa disposición no Lalín Arena.

3. HORARIOS e DISTANCIAS:
11:00 h ABSOLUTA-XUVENIL/JUNIOR-PROMESA-SENIOR-VETERANS (10.000 metros) unha volta o CIRCUITO GRANDE
11:05 h INFANTIL, CADETE (1.800 metros). Duas voltas o recorrido
11:20 h ALEVÍN (800 metros).
11:30 h BENXAMÍN (800 metros).
12:00 h PITUFO (200 metros).
12:10 h CHUPETE (100 metros).

12:30 h ENTREGA DE TROFEOS ATA A CATEGORIA CADETE INCLUIDA.
13:00 h ENTREGA DE TROFEOS, RESTO DE CATEGORIAS

4. INSCRIPCIONS CARREIRA:
A inscrición da carreira e de 6€ a partir da categoría xuvenil (incluída) o resto dos rapaces/as e totalmente gratuíto.
Neste prezo vai incluído o aluguer do chip, que se devolvera o remate da carreira nos puntos indicados.
- A inscrición realizarase a través da plataforma de internet de: www.emesports.es

5. PREMIOS e OBSEQUIOS
Os trofeos non serán acumulativos. Se entregará:
- Trofeo aos 3 primeiros homes e mulleres, da carreira ABSOLUTA.
- Trofeo aos 3 primeiros de cada categoría e sexo.
- Trofeo ao mellor atleta local da categoría sénior, (sempre e cando non este entre os 3 primeiros).
- Trofeo ao atleta de maior idade, tanto feminino como masculino.
- Bebidas e froita e demais agasallos, ao termino de cada proba.
- Obsequio especial “Embutidos Lalinense”, aos primeiros atletas masculino e feminino da carreira Absoluta e mellor clasificado local, tamén da absoluta.
-
6. SAÍDA - META: Rúa Luís González Taboada

7. DORSAIS: A tódolos participantes facilitaráselle dorsal correspondente a súa categoría, colocando o dorsal no seu peito de forma visible para a súa identificación durante a proba e a chegada. O feito de non levalo dará lugar á descalificación do corredor. A RECOLLIDA do dorsal farase o mesmo día 24 de Xaneiro, dende 1 h antes do comezo de cada proba.

8. CHIP: os atletas, dende benxamín , estarán ademais, identificados a través dun chip que se entregará en aluguer a cada corredor e que deberán colocar nas zapatillas antes da saída. Chegar a meta sen chip, será obxeto de descalificación. Todos os participantes teñen a OBRIGA de devolvelo ao finalizar a proba nos puntos sinalados o pasar a meta.

9. CONTROIS: O longo do percorrido, a organización establecerá controis que estimen oportunos, os cales poderán ser descalificantes para o que cometa algunha irregularidade.

10. Avituallamento: entregarase auga no km 5 da carreira absoluta.

11. Dado o carácter estritamente popular, festivo e deportivo desta proba, a organización agarda de tódolos participantes o mellor espírito deportivo.

12. O descoñecemento deste regulamento, non exime do seu cumprimento.

RECORDAMOS A TODOS OS ATLETAS QUE TEMOS VESTUARIOS

/ Máis información da Carreira do Cocido de Lalín neste tema do foro

Clic para ampliar











/ Máis información da Carreira do Cocido de Lalín neste tema do foro