Calendario
Info da proba

Carreira da Filloa

13/02/2016 All Day Event
Regulamento
IV Carreira da Filloa de Lestedo - Subida ó Pico Sacro


A IV CARREIRA DA FILLOA terá lugar en Lestedo con motivo da festa da filloa con subida ata o famoso Pico Sacro
A saída da carreira será diante do campo de fútbol de Lestedo (Concello de Boqueixón). Os coches poderánse aparcar no propio terreo de xogo. As duchas (cedidas polo concello) son as do campo de fútbol, polo que non haberá que desprazarse para ducharse
Despois da carreira haberá filloas e pinchos para todos os participantes no campo da festa (a 500 metros da saída)

Este ano como novidade, crease o Circuito Cumes de Compostela: Pico Sacro-Monte Pedroso. Unindo a Carreira da Filloa de Lestedo e II Trail de Compostela
Os tres primeiros absolutos masculinos e femininos dos que participen nas dúas probas serán obsequiados cun agasallo especial

DATA: 13 de febreiro do 2016
HORA: a partires das 16:30 h
LUGAR: Lestedo (Concello de Boqueixón)
DISTANCIA: ata 9.500 m
ORGANIZA: Comisión de Festas de Lestedo
PREZO: Carreira absoluta (5 €) e carreira de escolares (gratuita)
INSCRICIÓN: Na páxina 39 segundos ou Presencialmente na tenda Deportes Caneda (Fonte de San Antonio 25, Santiago de Compostela)

DATA LIMITE DE INSCRICIÓN: xoves 11 de febreiro do 2016. (NON SE ADMITIRÁN INSCRICIÓNS FORA DE PRAZO)
LÍMITE DE INSCRICIÓNS: 250 persoas na absoluta e 50 escolares.


CIRCUITO CORRER EN GALICIA 2015-2016