Calendario
Info da proba

Cambados

31/12/2015 16:30 - 18:30
Regulamento Inscripciones aquí: Prueba-T





II SAN SILVESTRE SOLIDARIA DE CAMBADOS 2015

Data: xoves, 31 de decembro de 2015.
Hora: a partires das 16:30 h.
Lugar: Cambados
Distancia: de 100 a 5.000 m.
Organiza: Clube Atletismo Cambados
Inscrición: Ver punto 5 do regulamento. Ata o 29 de decembro as 24:00 H. en www.prueba-t.es.
Facebook: www.facebook.com/clubeatletismocambados.cac

REGULAMENTO DA PROBA “II SAN SILVESTRE SOLIDARIA DE CAMBADOS 2014”


PREVIO Á CARREIRA

Art. 1º.- Todos os participantes polo feito de inscribirse declaran coñecer, entender e aceptar o presente regulamento.

Art. 2º.- O Clube Atletismo Cambados, con NIF: G94050432 e o Excelentísimo Concello de Cambados ORGANIZAN, o xoves 31 de decembro de 2015, a partir das 16:30 horas a “II San Silvestre Solidaria de Cambados” sobre un trazado urbano de 5 Km.

Art. 3º.- PARTICIPANTES E CATEGORIAS
Poderán participar todas aquelas persoas, federadas ou non, que o desexen sempre que estean inscritas, nos prazos establecidos para o efecto pola organización, e cumpran as condicións de participación.

Categorías Establecidas:

A proba absoluta estará aberta a todos os atletas que teñan cumpridos os 14 anos de idade no día da proba (nados no 2001 e anteriores). Hora inicio: 17:30

Para este ano 2015 haberá San Silvestre Solidaria Infantil con tres categorías:

Chupete San Silvestre para nenos e nenas de 3 a 7 anos cumpridos no día 31 de decembro de 2015 (nados nos anos 2008, 2009, 2010, 2011 e 2012), cun percorrido de 100 m. pola Avenida de Galicia. Hora inicio: 16:40

Mini San Silvestre para nenos e nenas de 8, 9 e 10 anos cumpridos no día 31 de decembro de 2015 (nados nos anos 2005, 2006 e 2007), cun percorrido de 400 m. polo centro urbano. Hora inicio: 16:50

San Silvestre Promesas para rapaces e rapazas con 11, 12 e 13 anos cumpridos no día 31 de decembro de 2015 (nados nos anos 2002, 2003 e 2004) , cun percorrido de 800 m. polo centro uyrbano. Hora inicio: 17:00

Art. 4º.- CONDICIÓNS DE PARTICIPACIÓN
As persoas participantes comprométense a aceptar estritamente o presente regulamento e calquera posible modificación da proba, obrigada por causas alleas á vontade da organización.
O feito de inscribirse implica ter lido, entendido e adquirido os compromisos que se expoñen a continuación:
• Cada corredor participa baixo a súa enteira responsabilidade, afirma posuír un nivel de condición física suficiente para afrontar a proba e ter pasado os pertinentes controis médicos de saúde.
- A organización non se fai responsable de calquera lesión ou padecemento por imprudencia, neglixencia ou falta de forma física do/a participante.
- O/A participante exime de toda responsabilidade á organización que puidese derivarse da súa participación no evento (Exemplos: perda de obxectos persoais por roubo ou outras circunstancias, perigo de lesións, atropelos, agresións...)
- Autorízase á organización o uso de calquera imaxe en publicacións, carteis ... para a promoción do deporte. Calquera persoa inscrita poderá prohibir a utilización da súa imaxe previa solicitude expresa e por escrito dirixida á Clube Atletismo Cambados (rúa Montiño de Arriba, 12. Santome – 36630 Cambados)
A Organización resérvase o dereito a rexeitar calquera inscrición que non acepte os termos e condicións expostos no presente regulamento. No caso de dúbida, ou de xurdir algunha situación non reflectida neste, estarase ao que dispoña a Organización.

Art. 5º.- INSCRICIÓNS
Faranse na páxina web www.prueba-t.es ata o martes 29 de decembro de 2015 as 24:00 h.

A inscrición será GRATUITA para as categorías infantiles e terá un custe de 1 € para a categoria absoluta.
Ademais e debido o carácter solidario da proba, no momento de retiralo dorsal aportarase 1 KG DE CALQUER ALIMENTO NON PERECEDOIRO, que serán doados a Cáritas de Cambados.

A inscrición na proba absoluta quedará limitada a 500 participantes.
Para os rapaces limitarase a 100 participantes sumando as tres categorías de idade.

ACCIÓN SOCIAL: todos/as participantes, sexan corredores ou membros da organización e público en xeral, poderán facer unha achega de produtos alimenticios non perecedoiros ou produtos de limpeza e de hixiene persoal, que serán doados a Cáritas de Cambados.

O DÍA DA PROBA

Art. 6º.- RECOLLIDA DE DORSAIS
Farase na zona de saída, na Praza do Concello, nun lugar habilitado pola organización, entre as 15:30 h. e as 17:00 h. do día da proba.
Na mesma zona farase a entrega do avituallamento final ao rematar a proba.

Existira na zona de saida un hinchable con monitor para quen queira deixar os pequenos mentres participa na carreira.

Art. 7º.- PERCORRIDO
As categorías infantís completarán os seguintes percorridos:

Chupete San Silvestre para nenos e nenas de 3 a 7 anos:100 m. pola Avenida de Galicia. Hora inicio: 16:40


Mini San Silvestre para nenos e nenas de 8, 9 e 10 anos: 400 m. con saida na Avenida de Galicia, xiro a izquierda pola Rúa Muelle, xiro a izquierda pola Rúa Rollo, xiro a dereita pola Rúa Caracol, xiro a izquierda pola Praza Ramón Cabanillas, xiro a izquierda pola Praza do Concello e chegada a Meta no mesmo lugar da Saida. Hora inicio: 16:50


San Silvestre Promesas para rapaces e rapazas con 11, 12 e 13 anos: 800 m. con Saida na Avenida de Galicia, xiro a izquierda na Rúa Nova, xiro a dereita na Rúa Lugo, xiro a izquierda pola Rúa Borron, xiro a izquierda pola Rúa Hospital, xiro a izquierda pola Rúa Nova, xiro a dereita pola Rúa Infantas, Praza Ramón Cabanillas, xiro a izquierda pola Praza do Concello e chegada a Meta no mesmo lugar da Saida. Hora inicio: 17:00


Categoría absoluta, 14 ou máis anos: 5 km.
Os corredores completarán 2 voltas de 2,5 km. cada unha ao seguinte circuíto urbano:
saida na Avenida de Galicia, xiro a izquierda na Rúa Nova, xiro a dereita na Rúa Lugo, xiro de 180o pola Rúa Rego, xiro a izquierda pola Rúa Nova, xiro a dereita pola Rúa Rollo, xiro a izquierda pola Rúa Muelle, xiro a dereita pola Rúa Curros Enríquez, xiro a dereita pola Praza do Concello, xiro a dereita pola Praza Ramón Cabanillas, Rúa Infantas, xiro a izquierda pola Rúa Nova, xiro a dereita pola Rúa Hospital, xiro a izquierda pola Rúa Santa Margarita, xiro a izquierda pola Rúa Albariño, xiro a dereita pola Rúa Nova, xiro a izquierda pola Rúa A Mariña, Rúa Eduardo Pondal, xiro a izquierda pola Rúa San Francisco, xiro a izquierda pola Rúa San Francisco, xiro a dereita pola Avda. Pastora, xiro a dereita pola Rúa Isabel II, xiro a dereita pola Rúa Pontevedra, xiro a izquierda pola Rua San Francisco, xiro a izquierda pola Rua Ourense, Praza do Concello e chegada a Meta no mesmo lugar da Saida.

Nº Voltas ao circuíto: 2. Distancia: 5 km aprox.
Horario da saída: 17:30h
Avituallamento na zona de chegada ao rematar a proba.


Art. 8º.- SERVIZOS SANITARIOS E SEGURO DE ACCIDENTES
Existe un Centro de Saude a 50 m. da Saida que dispon dos servizos médicos necesarios en caso de accidente ou lesión.
O Concello de Cambados dispón dun seguro de responsabilidade civil segundo a lexislación vixente que ampara a celebración desta carreira.


Art. 9º.- DESCUALIFICACIÓNS
Calquer membro da organización, están facultados para retirar da carreira calquera atleta que manifeste un mal estado físico evidente, que non realice o percorrido completo, que non teña dorsal, que manipule a publicidade do dorsal, que manifeste un comportamento non deportivo ou que se reitere en protestas á organización.

Art. 10º.- PERSOAS NON INSCRITAS
Toda persoa que corra sen estar inscrita, faino baixo a súa responsabilidade, non estará cuberta pola Organización. Se é advertida a súa presenza instaráselle a abandonar o circuíto.

POSTERIOR Á CARREIRA

Art. 11º.- PREMIOS:

Chupete San Silvestre: Medallas conmemorativas para todolos participantes.

Mini San Silvestre: Trofeo aos tres primeiros clasificados masculinos e femininas e medallas conmemorativas para todolos participantes.

San Silvestre Promesas: Trofeo aos tres primeiros clasificados masculinos e femininas e medallas conmemorativas para todolos participantes.

Categoria Absoluta:

1º Clasificado: Trofeo e Cesta de Nadal
2º Clasificado: Trofeo e Lote de Nadal
3º Clasificado: Trofeo e Lote de Nadal

Mellores disfraces individuales:

1º Clasificado: Cesta de Nadal
2º Clasificado: Lote de Nadal
3º Clasificado: Lote de Nadal

Mellor disfraz de grupo (minimo 3 para ser grupo):

1º Clasificado: Vale compra de 75 € en establecemento colaborador


Polo carácter solidario e non competitivo da proba, non haberá máis premios que o poder correr polas rúas da nosa vila o derradeiro día do ano.

Art. 12º.- SERVIZO DE DUCHA
As persoas participantes disporán de servizo de ducha nun pavillón cercano a chegada e que informaremos antes do dia da proba.
Para máis información: atletismocambados @ gmail.com