Calendario
Info da proba

Carballo

26/12/2015 16:30 - 18:30
Regulamento IIIPEDESTRE DO ANLLÓNS –TROFEO DE NADAL.
EN CARBALLO, O 26 DE DECEMBRO DE 2015.

ANTECEDENTES E FILOSOFÍA DA PROBA
O club deportivo OS MUDITOS organiza en Carballo xunto coa FGA e a empresa Viraxes sl a 3ª edición da Pedestre do Anllóns-Trofeo de Nadal. Os Muditos é un club de atletismo que pretende promocionar este deporte en Carballo; ante o auxe desta práctica deportiva entre os veciños e veciñas do noso concello organizamos esta carreira no Anllóns pois é sen ningunha dúbida o mellor lugar en Carballo para realizar unha carreira pedestre, onde se fomenta a práctica de actividade física saudable nun marco incomparable escapando do bullicio de coches do centro e tamén case sen tocar o asfalto, desenvolvéndose a proba por camiños de zahorra, herba e terra ao largo do río e rodeado de árbores e tranquilidade.
Esta proba ten un carácter popular, non profesional, na que pode participar todo o que desexe. PROBA GRATUITA PARA TOD@S, maiores e pequen@s.

COLABORADORES E PATROCINADORES
Colaboran na proba: Concello de Carballo, Policia Local Carballo, PC Carballo, Cocacola, Decathlon Marineda, Deputación da Coruña…
Patrocinan a proba entre outras as seguintes empresas: Metal Cebey, lotería Alexandra, Alicatados Señaris, Metal Cebey, EFA Fonteboa…

LUGAR DE SAÍDA:
Pavillón Vila de Noia.

CATEGORÍAS
CATEGORÍA ANOS DE NACEMENTO
PITUFO 2009 E POSTERIORES
BENXAMÍN NADO/AS 2007 E 2008
ALEVÍN NADOS/AS 2005 E 2006
INFANTIL NADOS/AS 2003 E 2004
CADETE NADOS/AS 2001 E 2002
XUVENIL-XUNIOR NADOS/AS ENTRE 1997 E 2000
PROMESA-SENIOR NADOS/AS 1996 ATA 35
VETERANO A DESDE QUE CUMPREN 35 ATA 50 ANOS
VETERANO B DESDE QUE CUMPREN 50

HORARIOS
HORARIO CATEGORÍAS DISTANCIA
16:30 H Xuvenil-Xunior, Promesa-Senior, Vet A e Vet B 8,09 km
17:30 H Cadete e Infantil 2,05 km
17:50 H Alevín e benxamin 440 m
18:00 H Pitufos 130 m
18:30 H ENTREGA DE PREMIOS E SORTEO

RECORRIDOS
Carreira de maiores 8,09 km
Carreira cadetes e infantís 2,05 km
Carreira alevíns e benxamíns 440 m
Carreira pitufos 130 m
A organización se o paseo do río está inundado ten previsto un recorrido alternativo para a carreira de maiores e a de infantís-cadetes. Ademais este ano hai obras no entorno do Choris e se non están rematadas a saída será na vila de Negreira (paralela a vila de Noia)

INSCRICIÓNS
As inscricións tanto na categoría de maiores como nas probas dos/as pequenos/as é gratuita.
Na categoría de maiores o límite de participantes é de 400 participantes.
A data límite de inscrición para a proba de maiores é o martes, 22 de decembro ás 24:00, xa que esta proba será controlada por chip.
Para inscribirse na carreira de maiores realizarase na páxina web da Federación Galega de Atletismo www.carreirasgalegas.com sendo necesario en todos os casos aportar os seguintes datos: Nome e apelidos, data de nacemento, NIF con letra, localidade, federado ou non email de contacto e teléfono.
As inscricións das probas de nen@s permanecerán abertas hasta o día 22 de decembro ás 24:00. Non levan chip. Os datos necesarios para a inscrición d@spequen@s serán os seguintes: Nome e apelidos, data de nacemento, localidade, autorización pai/nai.
Na categoría de pequen@s non hai límite de participantes.
A inscriciónpara as categorías de pequen@s realizarase na páxina web da Federación Galega de Atletismo www.carreirasgalegas.com
RETIRADA DE DORSAIS E CHIPS
O xoves, 24 de decembro poderanse retirar os dorsais e os chips na tenda de Decathon Marineda en horario de apaertura e tamén o mesmo día da pedestre, atá media hora antes do comezo de cada proba.

CONTROL DE CHEGADA
O cronometraxe correrá a cargo da Federación Galega de atletismo.
Tódalas reclamacións deberán realizarse verbalmente ao Xuíz Arbitro, non mais tarde de 30 minutos despois de publicados os resultados oficiais.
A o largo do recorrido, a organización establecerá os controis que estime oportunos.
Os puntos kilométricos estarán señalizados na carreira dos maiores.
As clasificacións de todas as probas poñeranse no tablón de resultados o remate de cada proba.

AVITUALLAMENTO O FINAL DAS PROBAS E SERVIZO DE DUCHAS
O final de cada proba entregarase @s deportistas bebida, froita…
Tamén se dispondrá no pavillón Vila de Noia de duchas con auga quente.
Darase o final da proba un chocolate.

PREMIOS E SORTEO DE PRODUTOS DE NADAL
Recibirán trofeo/medallas os tres primeiros e as tres primeiras clasificadas de cada categoría, menos os pitufos que levarán tod@s @s participantes medalla.
Recibirán un premio especial o primeiro e primeira clasificado/a do concello de Carballo.
A entrega de premios será ás 18:30 hs no pavillón municipal da Vila de Noia.
Debido o carácter festivo da proba realizarase un sorteo de productos de deporte.

SEGURO DE ACCIDENTES E RESPONSABILIDADE CIVIL
Tod@s @s participantes inscrit@s estarán amparados por unha póliza de seguro de accidentes e responsabilidade civil concertada por o club deportivo Os Muditos. Estarán excluidos os derivados dun padecemento latente, imprudencia, neglixencia, inobservancia das leis,… Tamén quedarán excluidos os producidos por desprazamentos a ou dende o lugar no que se desenvolve a proba.
Todo o non recollido no presente Reglamento rexisare polas normas da FGA, RFEA e IAAF.