Calendario
Info da proba

Vigo - Carreira do Pavo

27/12/2015 11:00
Regulamento 54º GRAN PREMIO PEDESTRE DO NADAL (CARREIRA DO PAVO 2015)

Fecha: 27de Diciembre de 2015.
Hora: 11h adultos, desde 11h menores.
Distancia: 10 km y 5 Km
Organiza: Federación Galega de Atletismo, xunto cos clubs de atletismo da delegación en Vigo da FGA, ca colaboración do Concello de Vigo
Inscrición: http://www.carreirasgalegas.com



REGULAMENTO
1. A Delegación en Vigo da Federación Galega de Atletismo, xunto cos clubs de atletismo da delegación en Vigo da FGA, ca colaboración do Concello de Vigo, organiza o 54ºGRAN PREMIO PEDESTRE DO NADAL (CARREIRA DO PAVO 2015),
a disputar o 27 dedecembro en Vigo, baixo o control técnico do Comité Galego de Xuíces.
2. As carreiras disputaranse no circuíto urbano da Praza de Compostela e arredores.
3. Poderán participar cantas persoas o desexen estean ou non federadas. Non poderán participar atletas españois con axuda económica da RFEA nin atletas estranxeiros que houbesen realizado (durante a presente tempada ou as dúas anteriores) unha marca igual ou mellor a 900 puntos de táboa IAAF, segundo recolle o artigo 3.4. do Regulamento para as competicións de Campo a Través, Marcha, Carreiras en estrada e reunións de pista cuberta e aire libre para competicións autonómicas da RFEA
(1). Esta prohibición nonafecta aos atletas que teñan licenza federativa pola FGA.

4. Inscrición
. O prazo para a inscrición péchase o día 23 de decembro ás 24 horas.
As inscricións farán constar:
DNI (xuvenil e maiores), nome e apelidos, data de nacemento, equipo e nº de licenza no caso de atletas federados.
Formalizaranse en Deportes Athletics (Avenida de Balaídos 41, Vigo).
Ou no formulario web dispoñible en carreirasgalegas.com

5.Entrega de dorsais.
Os atletas participarán cos dorsais con chip incluído que se entregarán na Casa do Deporte (Rúa Fotógrafo Luis Ksado 17) o sábado 26 de 12 a 14 h e de 16 a 20 h. Ou ata media hora antes de cada carreira na Secretaría da Competición, situada no
Mesón Compostela, na mesma Praza de Compostela.
6.Duchas e consigna
. Estarán situadas no Real Club Náutico.
7. Establecese un límite de 1 hora e 20 minutos para completar as probas de 5 e 10 km. A partir de ese momento pecharase o control de chegada e quen permaneza no circuítoo fará baixo a sua responsabilidade seguindo as normas de circulación.
8. Nas rúas con beirarrúas estas non forman parte do recorrido.
9. Será motivo de descualificación, entre outros, os seguintes aspectos: non realizar
todo o circuíto da carreira, non levar dorsal ou manipular este, falsificar datos persoais
10. Premios
. Concederanse trofeos aos tres primeiros clasificados por cada categoría e sexo establecidas en cada carreira. Establécense ademais os seguintes premios para a carreira absoluta de 10 km: un pavo á gañadora absoluta e gañador absoluto, así como os premios en metálicoda carreira masculina:
1º 300 €, 2º 150€, 3º 100€
e da carreira feminina:
1ª 300 €, 2ª 150€, 3ª 100€

11. Esta proba forma parte do circuíto Cidade de Vigo de Carreiras Populares.
12. As reclamacións deberán ser feitas verbalmente ao xuíz árbitro, non más tarde de 30 minutos despois de comunicarse oficialmente os resultados. Se son desestimadas por este poderase presentar reclamación por escrito e acompañada dun depósito de 60 euros ao Xurado de Apelación.
13. Todo o non previsto neste regulamente se resolvera de acordo coas normativas da FGA, RFEA e IAAF vixentes, nese orden.