Calendario
Info da proba

Trail de San Alberte [RIBEIRA]

31/01/2016 11:00 - 13:15
Regulamento IV Trail de San Alberte [RIBEIRA]

PRESENTACIÓN


O IVº Trail de San Alberte, en Ribeira, renace unha edición máis, con novo percorrido, novo perfil, novos sendeiros, e a diversión de sempre que garantiza esta proba. Ademais, para tod@s aquel@s que a edición anterior, vos gustou por atopar ese puntiño entre a dureza e a capacidade de asumila, que sepades que tratamos de respetala. Asegurámosvos que a xente que pudo probar o trazado desta edición, asegura que non desmerece para nada as anteriores, que se disfruta e se padece a partes iguais.

E para os que creíades que coñeciades o monte de San Alberte, decirvos que hai novos camiños, novas sendas, novos recunchos que estaban perdidos e que os atopamos e os poñemos no trazado para que podades disfrutalos. Tamén incorporamos dúas categorías de participación SENIOR e VETERÁN, tanto masculina coma feminina, entrando na primeira delas (SENIOR) os menores de 45 anos, e na segunda (VETERÁN) os maiores; para as féminas o corte establécese nos 40 anos. E haberá un trofeo especial ao mérito deportivo para aquel corredor e corredora que entren pechando o pelotón (dentro do tempo máximo establecido para a proba).

Co IVº Trail de San Alberte, queremos abrir o Arousa-Revolutrion Trail Series 2016, que é un circuito de catro trails que terán lugar nos concellos de Riveira, Rianxo, Boiro e Pobra ao longo dos seguintes catro meses. Con premios especiais para os gañadores, e unha prenda técnica para tod@s os que desexedes formalizar a inscrición para participar nas catro probas, e que se vos entregará cando retiredes o dorsal na primeira delas. Ademais os participantes que rematen as catro probas terá un premio finisher. Esperamos que vos guste esta iniciativa na que se incorpora coma novidade a posibilidade de participar en todas as probas coma equipos de dúas persoas. Podedes ler o regulamento con máis detalle PREMENDO AQUÍ.

INFORMACIÓN TÉCNICA

Día: 31 de Xaneiro de 2016
Hora: 11:00 h.
Saída e chegada: Capela de San Alberte - Riveira
Información: Arousa Natureza e Ocio
Inscricións: www.arousa.com e www.galitiming.com
Páxina web oficial: www.arousa.com - E-mail: contacto@arousa.com
Teléfono de información: 638 811 000
Distancia: 14 km.
Desnivel+: 475 m.
Custe inscrición: 8€
Data límite inscrición: 24 de Xaneiro

INFO EN: www.arousa.com

INCLUIDO DENTRO DO AROUSA-REVOLUTRION TRAIL SERIES.
---------------------------------------------------------------------------
INFORMACIÓN TÉCNICA DO AROUSA-REVOLUTRION TRAIL SERIES 2016

Información: Arousa Natureza e Ocio
Inscricións: www.galitiming.com
Páxina web oficial: www.arousa.com - E-mail: contacto@arousa.com
Teléfono de información: 638 811 000
Custe inscrición: 30 € Trail Series - 8 € cada proba individualmente
Data límite inscrición: 24 de xaneiro do 2016 (para o Trail Series, o prazo de cada proba individual fixarase no regulamento propio da proba)

Na edición 2016 do Arousa Revolutrion Trail Series [ARTS2016] propoñemos un circuito de 4 probas a desputar nos 4 concellos que conforman a Mancomunidad de Municipios Arousa-Norte: Ribeira, Rianxo, Boiro e Pobra do Caramiñal. Mantendo a esencia dos trails da primeira edición e ampliando en unha proba mais o circuito presentamos 4 competicións con características únicas cada unha delas, que vos facerán disfrutar dun entorno e duns lugares nos que algúns vos resultarán familiares pero outros totalmente descoñecidos.

As datas e as probas serán as seguintes:

Riveira- Trail de San Alberte: 31 de Xaneiro - 14 km. (475 m. desnivel+)
Pobra do Caramiñal- Trail de San Isidro: 21 de Febreiro - 13 km. (523 m. desnivel+)
Boiro - Trail de Bealo: 6 de Marzo - 14 km. (pdte. verificación desnivel+)
Rianxo - Trail de Castro Barbudo: 3 de Abril - 13 km. (490 m. desnivel+)