Calendario
Info da proba

San Cibrao

13/12/2015 10:30 - 12:30
Regulamento XIV Carreira Pedestre do Nadal, San Cibrao das Viñas

Campionato Provincial 10 km

13 de decembro de 2015



/ Máis información da Carreira de San Cibrao neste tema do foro

SAÍDA E META: PISCINAS MUNICIPAIS DE PONTE NOALLA

INSCRICIÓNS PARA AS CARREIRAS DE ESCOLARES E ADULTOS
Presenciais: Coolsport (Avenida da Habana, nº 57) ata o martes día 8 de decembro
Pola web en www.championchipnorte.com ata o martes día 8 de decembro
Os datos obrigatorios nas inscricións son NIF con letra, nome e apelidos, data de nacemento completa, localidade, provincia, teléfono de contacto, nome do clube (se o ten), se é federado ou non e tamén se está empadroado no Concello de San Cibrao de Viñas por unha banda e se é traballador/a ou empresario/a do Polígono de San Cibrao de Viñas ou do Polígono de Barreiros pola outra.

NOTA IMPORTANTE
A carreira de adultos estará limitada a 500 participantes e terá un custe de 5€
A carreira de escolares estará limitada a 100 participantes e terá un custe de 2€
O abono das inscricións poderase facer a través da web de Championchipnorte ou de maneira presencial en Deportes Coolsport.

AS INSCRICIÓNS DA CATEGORÍA PITUFOS
FARANSE O DÍA DA PROBA E NON LEVARÁN CHIP

INFORMACIÓN
tlf. 647913079 – 680135711 www.championchipnorte.com www.sancibrao.es

HORARIO
10:30 horas: saída carreira escolares
11:30 horas: saída carreira adultos
13:00 horas: saída carreira pitufos
Ágape para os participantes
13:30 horas: entrega de trofeos e sorteo de agasallos

REGULAMENTO XERAL

1. A saída e a meta estarán situadas nas piscinas municipais de ponte Noalla, nas inmediacións do Polígono de San Cibrao das Viñas. As coordenadas da saída son as seguintes: GPS (WGS84) 42º17’01”, 7º50’15”O - UTM x:595802 y:4681920

2. A recollida de dorsais e chips efectuarase na secretaría da competición o día da proba ata media hora antes da saída de cada carreira.

3. O percorrido será de 200 m para a categoría Pitufos, de 2’5 km para as categorías A – B- C- D - E e de 10 km para as restantes categorías. O percorrido está medido e homologado pola Real Federación Española de Atletismo.

4. A clasificación será absoluta e por categorías. Os premios non son acumulables. Para recibir o premio o atleta deberá estar presente na cerimonia de premiación. A carreira da categoría Pitufos non é competitiva e non se entregarán premios ós vencedores/as.

5. A organización contará co asesoramento da Delegación en Ourense da Federación Galega de Atletismo, o Comité de Xuíces e a colaboración de organismos municipais competentes, que regularán o tráfico ó longo de todo o percorrido.

6. Todo corredor que chegue á meta sen o dorsal ou o chip, será desclasificado. Tamén deberán devolver o chip o finalizar a proba para optar aos premios e obsequios.

7. O percorrido estará sinalado cada km.

8. Todos os participantes están amparados por unha póliza de seguros de responsabilidade civil e outra por accidentes. Quedan excluídos os casos derivados de un padecemento latente, imprudencia, inobservancia das leis, etc.

9. As inscricións estarán limitadas a 500 participantes na carreira de adultos e a 100 participantes na de escolares.. Non se admitirán inscricións o día da proba salvo casos excepcionais.


10. Establécense os seguintes premios
• 150€ - 100€ - 75€ - 60€ - 60€ - 60€ aos 6 primeiros clasificados/as en material deportivo.
• Trofeo aos 3 primeiros/as clasificados/as en cada categoría
• Camiseta técnica para todos os/as participantes que rematen a carreira escolar e a carreira de adultos .
• 60€ aos seis primeiros clasificados/as do Concello de San Cibrao das Viñas en material deportivo.
• Medalla para todos os pitufos participantes ata esgotar existencias
• Sortearanse numerosos agasallos e produtos gastronómicos, bicicletas, cestas de Nadal, unha noite de hotel con cea para dúas persoas, sesións de fisioterapia, etc.
• Premio especial aos 6 primeiros traballadores-empresarios do Polígono de Barreiros e San Cibrao das Viñas

11. Establécense as seguintes categorías:


A) Benxamín: 2007 e 2008
Ojo morado Alevín: 2005 e 2006
C) Infantil: 2003 e 2004
D) Cadete: 2001 e 2002
E) Xuvenil: 1999 e 2000


Distancia a percorrer: 2’5 km
(1 volta pequena)
Saída ás 10:30 horas



F) Junior-promesa: 1994 a 1998
G) Senior: 1993 ata veteranos Distancia a percorrer: 10 km (2 voltas)
H) Veterán A: de 35 a 44 anos Saída ás 11:30 horas
I) Veterán B: de 45 a 54 anos
J) Veterán C: de 55 anos en adiante

Pitufos: 2009 e posteriores Distancia: 200 m. Saída ás 13:00 horas


12. De seren estranxeiros, soamente poderán participar ao ter dilixenciada a súa licenza federativa pola FGA, ou ben aqueles que sen a ter pola FGA, (pola normativa RFEA) as súas marcas sexan de inferior calidade as incluídas no artigo 3.4. da normativa RFEA para probas de ruta en Competicións Autonómicas, circular RFEA 109/2015 publicada o xoves 30 de abril de 2.015. (consultar en http://www.rfea.es/sirfea/ficheros/comunicados/documentos/2015430182938.pdf)
13. Poderanse efectuar reclamacións ante o Xuíz Árbitro da proba. A participación é libre e leva implícito a aceptación do Regulamento Xeral da proba. O non recollido no mesmo resolverase de acordo, por esta orde, as norma da FGA, RFEA e IAAF en vigor.
14. A Organización obsequiará cun ágape a todos os participantes da proba. Haberá servizo de duchas ao finalizar a proba. Non haberá gardaroupa.

15. O atleta inscrito autoriza e acepta a publicación do seu nome e apelidos e a súa imaxe nas clasificacións, medios de comunicación e internet para a promoción do deporte. Calquera persoa inscrita poderá prohibir a utilización da súa imaxe previa solicitude expresa por escrito.

16. Aqueles aspectos que non se contemplen no Regulamento, resolveranse polo disposto no regulamento da Federación Internacional de Atletismo.













REGULAMENTO CAMPIONATO PROVINCIAL FEDERADO DE 10KM

O Campionato provincial de 10 km terá lugar o día 13 de decembro de 2015 na localidade de Ponte Noalla, no concello de San Cibrao das Viñas. A saída e a meta estarán situadas nas piscinas municipais de ponte Noalla, nas inmediacións do Polígono de San Cibrao das Viñas.

PARTICIPACIÓN: poderán participar todos os atletas con licenza federativa, nacional ou autonómica, en vigor para a tempada 2015 – 2016. Todo aquel atleta que se inscriba e non tramitara a súa licenza federativa pola Delegación de Ourense da FGA terá que presentar na Secretaría da Competición un documento que acredite que ten licenza federativa, nacional ou autonómica, en vigor para a tempada en curso. Os atletas que incumpran o presente apartado non poderán participar.
INSCRICIÓNS: os clubes e atletas federados deberán inscribirse na Extranet da RFEA. Dispoñen de prazo para a inscrición ata as 20:00 horas do martes día 8 de decembro.

CLASIFICACIÓNS: estableceranse clasificacións individuais en todas as categorías e por equipos na categoría absoluta:
Individuais (*): nas categorías SENIOR (nados/as en 1993 e anteriores ata o ano en que cumpran 35 anos), PROMESA (nados/as en 1994-1995-1996), XUNIOR (nados/as 1997/1998) e VETERANOS/AS (nas seguintes categorías: A de 35 a 44 anos, B de 45 a 54 anos e C de 55 anos en adiante) Homes e Mulleres.

(*) Para o Cto. Provincial Individual contarán unicamente aqueles atletas que cumpran 3 das seguintes condicións:
• Ser cidadán español (acreditado mediante o carnet de identidade).
• Ser ourensán de nacemento (acreditado mediante o carnet de identidade ou partida de nacemento)
• Con domicilio legal na provincia de Ourense (acreditado mediante certificado de empadroamento).
• Estar en posesión de licenza federativa por un clube da provincia de Ourense para a tempada 2015 – 2016.

Por equipos (**): na categoría ABSOLUTA masculina e feminina, trofeo aos 3 primeiros clubes da provincia de Ourense. O número de atletas dun equipo é libre, contando para a clasificación os 6 primeiros que cheguen a meta e contabilizando os postos dos 4 primeiros atletas de cada clube. Realizando a clasificación da seguinte forma:
• Confeccionarase unha lista de chegada formada polos atletas que compoñen os equipos, con exclusión dos que non clasificaran a lo menos a 4 atletas.
• Esta lista soamente estará formada polos atletas dos clubes que enviaran a inscrición no prazo previsto.
• A cada atleta se lle atribuirá un número de puntos coincidente co posto que ocupe segundo esta nova lista de chegada.
• Sumaranse os puntos dos 4 mellores clasificados en cada equipo.
• Será proclamado vencedor o equipo que obteña o menor número de puntos,
• Os empates a puntos resolveranse a favor do equipo cuio cuarto atleta rematara máis próximo ao vencedor da proba.

(**) Para a clasificación por equipos puntuarán todos aqueles atletas fichados por clubes da provincia de Ourense.

PREMIOS: concederanse premios aos tres primeiros/as clasificados absolutos e premio aos tres primeiros/as clasificados en cada categoría (xúnior, promesa, sénior e veteranos A , B e C) e premio aos tres primeiros clubes da provincia de Ourense en categoría absoluta, tendo para elo a obligatoriedade de asistir a cerimonia de premiacións. Os participantes no Campionato Provincial que desexen optar os premios da XIV CARREIRA PEDESTRE DO NADAL deberán aboar a inscrición prevista pola organización

HORARIO E DISTANCIAS A PERCORRER: o horario e as distancias a percorrer son os indicados no regulamento xeral da Carreira Pedestre do Nadal.