Calendario
Info da proba

Xermade

14/11/2015 16:00 - 18:30
Regulamento VI Carreira Popular de Xermade

Data: 14 de Novembro de 2015.
Hora: Adultos: 17:00h, Menores: 16:00h.
Lugar: Praza do concello de Xermade. En caso de chuvia, a saída sería dende o pavillón.
Distancia: 6.200m.
Organiza: Concello de Xermade.
Inscrición: en Carreiras galegas.



/ Comenta a Carreira de Xermade neste tema do foro


Regulamento
O Concello de Xermade organiza a VI Carreira Popular de Xermade. A proba celebrarase o día 14 de novembro de 2015, tendo a sua saída dende a Praza do Concello (en caso de que o tempo non o permita transladarase ó pabellón polideportivo). A saída terá lugar ás 16:00 horas na categoría biberón, sendo consecutivas o resto das categorías, ata dar a saída á proba absoluta ás 17:00 horas. Todas as categorías a partir da benxamín terán un percorrido circular con saída e chegada no mesmo punto
• As categorías serán as seguintes:
o Biberón: 2008 e posteriores
o Benxamín: 2007-2006
o Alevín: 2005-2004
o Infantil: 2003-2002
o Cadete: 2001-2000
o Xuvenil: 1999-1998
o Absoluta: 1997e anteriores (So se establecerá unha categoría para a carreira absoluta)
• Distancias:
o Biberón: 60 metros Aprox. 16:00h
o Benxamín: 300 metros Aprox 16:10h
o Alevín - Infantil: 600 metros Aprox. 16:20h
o Cadete - Xuvenil: 1.800 metros Aprox. 16:40h
o Absoluta: 6.200 metros 17:00h
As categorías dende Alevín ata Xuvenil poderían discurrir por zonas con firme esbaradizo e mollado debido ás inclemencias meteorolóxicas
• Inscricións e entrega de dorsáis:
As Inscripcións realizaranse na páxina www.carreirasgalegas.com a traves da web oficial da Federación Galega de Atletismo, e terá un coste de 5 € na categoría absoluta. As inscripcións poderán realizarse ata o 11/11/2015 ás 23:59. Non se admitirán inscripcións fora de prazo nin o día da proba. Os dorsais entregaranse o día da proba na zona de saida ata 10 minutos antes de cada proba
• Premios: Non haberá premios económicos en ningunha categoría. Nas categorías inferiores habera trofeo ós tres primeiros clasificados en cada categoría masculina e femenina. Na categoría absoluta só haberá trofeo ós tres primeiros clasificados da carreira, tanto masculina como femenina. Trofeo ao primeiro e primeira clasificada de Xermade da carreira absoluta. Entregaráselle un agasallo dunha camiseta conmemorativa ós 150 primeiros clasificados en
chegar a meta. Ó rematar a proba sortearase entre todos os participantes agasallos doados polos nosos patrocinadores, en fubción do número de dorsal
• Avituallamento e duchas: Haberá avituallamento solido é líquido para todos os participantes ó rematar as probas. Estarán a disposición dos participantes os vestuarios e duchas do pavillón municipal
• Control: A carreira será controlada polos árbitros da federación galega, e na categoría absoluta a través de un chip desechable situado no dorsal
• A carreira ten carácter meramente participativo, polo que todo atleta polo propio xeito de tomar a saída acepta o regulamento da mesma así como as decisións dos xuices da proba e posibles modificacións de normativas, percorridos ou horarios se as circunstancias así o aconsellan
• A proba está cuberta polo seguro oficial da Federación Galega de Atletismo
• A proba discorrerá por vias públicas do Concello de Xermade, que estarán controladas por Protección civil e a Garda Cívil
• A organización non se fai responsable dos posibles danos moráis que poidan sufrir os participantes
• Todo corredor polo simple feito de inscribirse e tomar a saída acepta que se publiquen os datos persoáis dados en medios de comunicación asicomo das suas imaxes e fotografías
Todo o non previsto no presente regulamento, resolverase de acordo co Regulamento da FGA e RFEA en vigor
NOTA: Esta proba pertence ao Calendario Oficial da Federación Galega de Atletismo e mediante a súa inscrición o corredor consente expresamente que os seus datos básicos sexan cedidos a esta entidade para a tramitación, ante a compañía de seguros, dos seguros obrigatorios de accidentes e Responsabilidad Civil así como a xestión da licencia de día de ranking popular e probas de ruta. En todo caso e tal como establece a lei de Protección de Datos, o interesado pode exercer no futuro os seus dereitos de acceso, rectificación, cancelación e oposición mediante escrito ou correo electrónico á Federación Galega de Atletismo. Avda de Gasgow 13 15008 A Coruña.