Calendario
Info da proba

Forcarei

05/12/2015 16:00 - 20:00
Regulamento III Carreira Popular da Richada - Concello de Forcarei

Data: sábado, 5 de decembro de 2015.
Hora: a partires das 16:00.
Lugar: Forcarei, praza da Igrexia.
Distancia: de 100 a 7.500 m aproximadamente.
Organiza: Concello de Forcarei coa colaboración da Deputación de Pontevedra.
Inscrición: http://emesports.es
Web: Concello de Forcarei


REGULAMENTO
1.- XERAL:
O Concello de Forcarei organiza a III Carreira Popular da Richada “Concello de Forcarei”, coa
colaboración da Deputación de Pontevedra. Esta terá lugar o próximo día 5 de decembro do 2015.
Participación: PODERÁN PARTICIPAR ATLETAS FEDERADOS E NON FEDERADOS.

2.- HORARIOS, CATEGORÍAS E DISTANCIAS.
• Recollida de dorsais: 16:00
• Entrega de premios: 20:00
Categoría Escolar
CATEGORÍA ANO NACEMENTO DISTANCIA HORARIO
PREBENXAMÍN 2010 e Anteriores 100 m. 18:10
BENXAMÍN 2007/2008/2009 200 m. 18:00
ALEVÍN 2005 e 2006 1.100 m. (1 volta circuito A) 17:30
INFANTIL 2003 e 2004 2.200 m. (2 voltas circuito A) 17:40
CADETE 2001 e 2002 2.200 m. (2 voltas circuito A) 17:40


Categoría absoluta: 7.5km aprox. (1 volta o circuíto A e 3 voltas o circuíto B).

CATEGORÍA ANO NACEMENTO DISTANCIA HORARIO
XUVENIL/ JUNIOR 1997 a 2000 7.500 m 18:30
SÉNIOR 1976 a 1996 7.500 m 18:30
VETERANOS A M-40 7.500 m 18:30
VETERANOS B M-50 7.500 m 18:30
VETERANOS C M-60 e posteriores 7.500 m 18:30
VETERANAS A M-40 7.500 m 18:30
VETERANAS B M-50 e posteriores 7.500 m 18:30


Dentro da categoría absoluta, farase a “CARREIRA DAS PARROQUIAS”, que consistirá en Equipos formados por un mínimo de 3 corredores e un máximo de 6, das parroquias do Concello de Forcarei, que puntuarán das seguinte maneira:
- Puntuarán os tres primeiros de cada equipo, e aportarán os puntos equivalentes ó seu posto na
clasificación individual absoluta. O equipo que menos puntos acade, será o gañador.

Exemplo:
Posto Corredor A Posto Corredor B Posto Corredor C PTOS. EQUIPO
Equipo 1 23º 37º 78º 138
Equipo 2 5º 10º 15º 30

4.- PERCORRIDO
Circuíto A: Saída: Praza da Igrexa, Rúa Regueira, Rúa Francisco Filgueira, Rúa
Progreso, Chegada: Praza da Igrexa.

Circuíto B: Saída: Praza da Igrexa, Rúa Regueira, Rúa Tras do concello, Rúa D, Rúa
Francisco Filgueira, Rúa Progreso, Rúa das dúas Igrexas, Giro de 360º, Rúa das dúas Igrexas, Rúa Progreso, Chegada: Praza da Igrexa.

Perfil da proba:


5.- INSCRICIÓNS :
Categoría escolar: Desde prebenxamín ata Cadete, no concello de Forcarei, o mesmo día da proba, ou mediante o formulario habilitado na páxina de EME Sports Eventos http://emesports.es (recomendable) e no correo electrónico da organización milerunningclub@gmail.com . A inscrición destas categoría será gratuíta.

Carreira absoluta: na páxina de EME Sports Eventos http://emesports.es que se encargará das
inscricións, dorsais, chips e resultados das diferentes categorías. O coste da inscripción será de 5
euros.

Carreira das Parroquias: na páxina de EME Sports Eventos http://emesports.es, Indicando na casilla “Clube” o nome da parroquia á que se pertence. O coste da inscripción será de 5 euros por participante.
- Non se admitirán inscricións fora das datas previstas para elo.

A INSCRIPCIÓNS DA CARREIRA ABSOLUTA CERRARASE O XOVES 3 AS 23:59.

6.- PREMIOS:
• Trofeo para @s tres primeir@s clasificad@s de todas as categorías establecidas.
• Trofeos exclusivos para os vencedores absolutos.
• Premios económicos para os tres primeiros clasificados da proba absoluta tanto masculina como feminina.
• Vale de 25 Euros para o primeiro e a primeira en categoría XUVENIL/JUNIOR para canxear na tenda MILER VINTAGE RUNNING CLUB.
• En categoría prebenxamín e benxamín haberá medallas para todos os participantes ou ata os 150 primeiros clasificados entre as dúas carreiras.
• Sorteo dun vale de 25 Euros (categorías escolares) para canxear na tenda MILER VINTAGE RUNNING CLUB.
• Trofeo para equipo ganador na categoría “Carreira das Parroquias” máis cea para todos os compoñentes.
• Os premios non serán acumulativos.

OS ATLETAS QUE OBTEÑAN ALGÚN PREMIO DEBERÁN ACREDITARSE CO D.N.I. OU O PASAPORTE.

7.- AGASALLOS
Camiseta técnica e avituallamento para todos os participantes e agasallos para os máis pequenos (MEDALLAS, etc).

8.- SERVIZOS
- Entrega de dorsais e chips.
- Puntos kilométricos señalizados.
- Avituallamento de meta.
- Servizos sanitarios.
- Duchas e vestuarios.
- Entrega de premios.
* Solicitamos a colaboración de todos, para que estacionen en ditos parkings, mellorando a organización, evitándose o posible estacionamento no interior da proba.
* Todos estes servizos, están predispostos para o uso e comodidade dos participantes e acompañantes co fin de utilizar os vehículos particulares o menos posible.

NORMATIVA:
A) A saída e a chegada darase na Praza da Igrexa.
B ) A clasificación será absoluta.
C) Os participantes deberán colocarse na liña de saída dez minutos antes de que se de esta.
D) Non estará permitido o acompañamento dos participantes mediante o uso de vehículos de axuda. O
incumprimento desta norma suporá a eliminación do atleta acompañado.
E) O dorsal deberá ser colocado visiblemente na parte dianteira do/a corredor/a, sen poder facer
ningunha modificación nel.
F) A Organización contará coa axuda dos organismos municipais competentes que regularán o tráfico
ao longo de todo o percorrido. É unha obriga obedecer ás indicacións de ditos organismos.
G) Na proba absoluta será obrigatoria a utilización do chip de cronometraxe ofrecido pola organización.
H) TODOS OS CORREDORES DEBERAN ENTREGAR O CHIP Ó FINALIZAR A PROBA.
I) A organización e os seus colaboradores non se fan responsables dos danos morais ou materiais que a si mesmos ou a outras persoas ocasione a participación nesta carreira.
J) A organización da proba reservarase a facultade de decidir sobre calquera aspecto ou circunstancia non contemplada neste regulamento.
K) Dado o espírito deportivo e popular desta proba non se admitirán reclamacións. A participación leva implícita a aceptación do regulamento da proba.

Organiza: Concello de Forcarei e Deputación de Pontevedra
Colabora: MILER Vintage Running Club