Calendario
Info da proba

MediaSan

10/04/2016 10:00 - 13:30
Regulamento
MediaSan do Camiño 2016



Data: domingo, 10 de abril de 2016.
Hora: a partir das 10:00 h.
Lugar: de Arca a Santiago de Compostela
Distancia: 21.097 m aprox.
Organiza: Concello de O Pino e Concello de Santiago. Federación Gallega de Atletismo.
Inscrición: www.mediasandocamino.com
Web: www.mediasandocamino.com


ARTIGO 1: Data e horario

Os Concellos de O Pino e Santiago de Compostela organizarán o domingo 10 de Abril de 2016 o III edición da “MediaSan do Camiño”, proba que terá unha distancia aproximada de 21.097,50 metros (proba NON homologada). A proba dará comenzo ás 10:00 horas da mañá.

ARTÍGO 2: Circuito

A saída estará ubicada na localidade de Arca-Pedrouzo, derradeiro punto do Camiño de Santiago. A meta estará ubicada na Praza do Obradoiro en Santiago de Compostela e o circuito transcurrirá pola derradeira etapa do Camiño de Santiago.
Os únicos vehículos que poderán seguir a proba serán os designados pola Organización.


ARTIGO 3: Control técnico da proba

A carreira estará controlada polo Comité Galego de Xuices da Federación Galega de Atletismo e formará parte do seu calendario oficial de probas en ruta.

ARTIGO 4: Peche de control da carreira

O peche de control da proba realizarase ás 12:45 horas (2 horas e 45 minutos despois da súa saída). Pasado este tempo correspondente, o participante que siga en carreira deberá retirarse do circuito oficial de competición.

ARTIGO 5: Inscricións

a) Realizaranse a través da web www.mediasandocamino.com onde se poderá acceder a pasarela de pago da proba. Tamén poderán consultar información na web da Federación Gallega de Atletismo (Departamento de Carreiras Populares) www.carreirasgalegas.com. A inscrición estará aberta desde o 01/02/2016 ás 00:00 horas ata o 06/04/2016 ás 23:59 horas. Non se aceptarán inscricións fora do prazo establecido nin o día da proba.

b ) Os prezos de inscrición serán os seguinte:

Cotas de inscrición:
CARREIRA ATLETAS POPULARES E FEDERADOS
> Do 1 ao 15 de febreiro 12 euros
> Do 16 de febreiro ao 01 de abril 15 euros
> Do 02 de abril ao 06 de abril 18 euros

ARTIGO 6: Entrega de dorsal/chip e bolsa de corredor

A entrega de dorsais/chip e bolsa de corredor realizarase con anterioridade na planta de deportes do Centro Comercial Compostela (El Corte Inglés - Hipercor) nos seguintes días e horarios:
• Venres 08 de abril de 10:00 a 22:00 horas.
• Sábado 09 de abril de 10:00 a 22:00 horas.

De xeito excepcional permitirase a recollida do dorsal/chip e bolsa de corredor o día da proba entre ás 08:30 e as 09:15 horas na Praza do Obradoiro (lugar de chegada da proba).
ARTÍGO 7: Categorías de competición

CATEGORIA ANOS DE NACEMENTO
Junior masc/fmno 1997-1998
Promesa masc/fmno 1994-1995-1993
Senior masc/fmno Desde 1993 e anteriores ata veteranos
Veteranos/as 1 De 35 a 39 anos cumpridos o día da proba
Veteranos/as 2 De 40 a 44 anos cumpridos o día da proba
Veteranos/as 3 De 45 a 49 anos cumpridos o día da proba
Veteranos/as 4 De 50 a 59 anos cumpridos o día da proba
Veteranos/as 5 De 60 anos cumpridos o día da proba en adiante


ARTIGO 8: Utilización dos dorsais

Os dorsais son persoais e intransferibles, debendo ir colocados na parte anterior do corpo de forma totalmente visible, sen dobreces, e así deberá levarse durante toda a proba. O incumprimento deste artigo será motivo de descalificación.

Non serán admitidos pola organización corredores que non estean inscritos ou corran sen dorsal/chip ou co dorsal/chip correspondentes a outra carreira.

ARTÍGO 9: Sistema de cronometraxe

O cronometraxe realizarase mediante sistema de dorsal/chip. Haberá punto de control ao longo do percorrido. Os participantes que non cumpran co paso polos puntos de control, serán descalificados.

ARTIGO 10: Colocación previa

Os participantes deberán situarse na liña de Saída, na localidade de Arca-Pedrouzo, 10 minutos antes da hora prevista pola organización para a saída da carreira. A hora da saida da proba se producirá ás 10:00 horas da mañá.

ARTIGO 11: Utilización de medios físicos naturais

Os participantes deberán competir cos seus propios medios físicos, sen ningún material de apoio. Calquera dúbida sobre iso poderán consultala á organización no momento de formalizar a inscrición. Non se admitirá o acompañamento por calquera vehículo alleo á organización. As bicicletas, patíns ou persoas non autorizadas pola organización non poderán seguir a carreira, avituallar ou marcar ritmos ós participantes. Así mesmo non se permitirá a participación con coches, sillas de bebés, animais nin correr acompañados de éstos en ningún momento.

ARTIGO 12: Avituallamentos

Estableceranse puntos de avituallamento durante o percorrido aproximadamente nos puntos kilométricos 5, 10, 15 e na liña de Meta para favorecer a hidratación dos participantes. Estos puntos poderán moverse levemente dos puntos kilométricos indicados en función da orografía do circuito.

ARTIGO 13: Servizos médicos

A proba dispondrá dos servizos médicos regulamentarios así como de ambulancias e coches de apoio.

ARTIGO 14: Outros servicios

A organización porá a disposición dos participantes avituallamentos intermedios e na meta, guardarroupa na zona de meta e na saída que trasladará á zona de meta todo o depositado nel, servicio de duchas e autobuses para facilitar o traslado dos atletas desde o punto de meta á zona de SAIDA.

OS AUTOBUSES SAIRÁN DESDE A DÁRSENA DE AUTOBUSES UBICADA NA AVENIDA DE XOAN XXIII CUNHA FRECUENCIA DE 15 MINUTOS A PARTIR DAS 08.15 HORAS DA MAÑÁ E EN DIRECCIÓN A ZONA DE SAÍDA. A DERRADEIRA SAIDA SERÁ AS 09.15 HORAS. PREGASE NON DEIXAR O TRANSPORTE PARA A ÚLTIMA VIAXE.

Haberá servizo de duchas no polideportivo municipal de Lorenzo de La Torre desde ás 11.30 ata as 14.00 horas do mediodía.

ARTIGO 15: Clasificación

Realizaranse ás seguintes clasificacións:
- Clasificación Xeral Absoluta
- Clasificación por Categorías Masculina e Femenina

ARTIGO 16: Premios en metálico individuais

Categoría Posto Trofeo Premio
Absoluta homes/mulleres 1º/ª Si 400 €
Absoluta homes/mulleres 2º/ª Si 250 €
Absoluta homes/mulleres 3º/ª Si 150 €
Absoluta homes/mulleres 4º/ª Non 100 €
Absoluta homes/mulleres 5º/ª Non 75 €
Absoluta homes/mulleres 6º/ª Non 50 €

Premios a clubes federados

Establecerase pola suma dos postos dos 6 primeiros clasificados do clube. Deberán rellenar a opción de “Participa na clasificación de clubes” no formulario de inscrición individual de cada un dos compoñentes do clube. Nesta clasificación só poderán tomar parte os clubes federados no deporte do atletismo con atletas con licencia federativa en vigor, feito que se comprobará unha vez remate o prazo de inscrición da proba.

Categoría Posto Trofeo Premio
Clubes Absoluta 1º Si 300 €
Clubes Absoluta 2º Si 200 €
Clubes Absoluta 3º Si 100 €


Os premios en metálico estarán suxetos ás retenciónes legais vixentes.

Así mesmo entregaránse trofeos aos tres primeiros/as clasificados/as da xeral individual, aos tres primeiros clubes e os tres primeiros/as de cada unha das categorías establecidas no artigo 6 deste regulamento.

ARTIGO 17: Entrega de premios

A entrega de premios realizarase na Praza do Obradoiro a partir das 13:00 horas, sendo obrigatoria a presenza do corredor/a para recibir o premio.

ARTIGO 18: Agasallo “finisher”

Todos os participantes que logren rematar a proba recibirán un agasallo de organización “finisher”. Este obsequio será personalizado da MediaSan do Camiño 2016.

ARTIGO 19: Reclamacións

Todas as reclamacións deberán ser feitas verbalmente ao xuiz árbitro da competición, ubicado na zona de meta, non máis tarde de 30 minutos despois da publicacións dos resultados oficiais que serán colocados nun taboleiro oficial da organización.

ARTIGO 19: Descalificacións

Os xuices da proba e membros da organización reservaranse a facultade de descalificar ao infractor que, comprobada calquer irregularidade: non leve visible o seu dorsal, o manipule ou ceda a outro, altere os datos facilitados á organización ou o xuiz árbitro con respecto aos que figuran no seu DNI ou ficha federativa, non completar o percorrido completo, manifeste un mal estado físico, non facilite á organización a documentación que se lle requira, ou incumpra calquer outra norma contemplada nas normas de competición vixentes da FGA e RFEA.

Serán descualificados os corredores/as que non respeten as indicacións da Policía Local, Protección Civil, Garda Civil, Xurado, Servicios Médicos ou membros da Organización debidamente identificados.

Os corredores descalificados perderán o dereito a recibir calquera premio en metálico ou trofeo.


ARTÍGO 20: Responsabilidade

A organización non se fará responsable dos danos que puidesen causar ou causarse os participantes por imprudencias ou neglixencias destes. Igualmente, o participante declara, baixo a súa responsabilidade, terse realizado o oportuno recoñecemento médico que lle permite estar en condicións óptimas para realizar a proba, eximindo á organización da devandita responsabilidade.

A organización dispón dun seguro de responsabilidade civil e accidentes deportivos que cubrirá as incidencias inherentes á proba.

ARTÍGO 21: PARTICIPACION DE ATLETAS EXTRANXEIROS
Nesta proba poderán participar atletas federados e non federados. A participación de atletas de outras Federaciones Autonómicas e atletas extranxeiros rexirase polo “REGLAMENTO PARA LAS COMPETICIONES DE CAMPO A TRAVÉS, MARCHA, RUTA, MONTAÑA, TRAIL Y REUNIONES DE PISTA CUBIERTA Y AIRE LIBRE 2015-2016”, a través do seu artigo 3.4. Dito regulamento poderá consultarse no seguinte enlace:
http://www.rfea.es/normas/pdf/reglamento2016/03_reglamento_comp.pdf
ARTÍGO 22: LOPD

Todos os corredores/as ó realizar a inscrición aceptan a publicación do seu nome e imaxe nas clasificacións, medios de comunicación e/ou internet.


CONSIDERACIÓN FINAL

Todo o non reflexado no presente regulamento rexirase polas normas vixentes da FGA e RFEA.

NOTA: Esta proba pertence ao Calendario Oficial da Federación Galega de Atletismo e mediante a súa inscrición o corredor consente expresamente que os seus datos básicos sexan cedidos a esta entidade para a tramitación, ante a compañía de seguros, dos seguros obrigatorios de accidentes e Responsabilidade Civil así como a xestión da licenza de día e ranking popular de probas de ruta. En todo caso e tal como establece a lei de Protección de Datos, o interesado pode exercer no futuro os seus dereitos de acceso, rectificación, cancelación e oposición mediante escrito ou correo electrónico á Federación Galega de Atletismo. Avenida de Glasgow ,13 - 15008 A Coruña.