Calendario
Info da proba

Combarro

31/10/2015 18:00 - 19:30
Regulamento I Carreira Popular de Combarro

Data: sábado, 31 de outubro de 2015.
Hora: 18:00 h.
Lugar: Praza da Chousa, Combarro, Poio.
Distancia: 4.500 metros aproximadamente.
Organiza: Concello de Poio.
Lodeco S.L.U.
Inscrición: ata o mércores 28 de outubro en lodeco@lodeco.es.



/ Comenta a Carreira de Combarro no foro



Patrocinan:
Concello de Poio

Regulamento:
Non estará permitido o acompañamento dos participantes mediante o uso de vehículos de axuda. A non observancia desta norma implicará a descualificación dos atletas acompañados.

O dorsal deberá ser colocado visiblemente na parte dianteira do/a corredor/a, sen poder facer ningunha modificación nel.

Dado o espírito deportivo e popular desta proba non se admitirán reclamacións. A participación leva implícita a aceptación do regulamento da proba.

A organización e os seus colaboradores non se fan responsables dos danos morais ou materiais que a si mesmos ou a outras persoas ocasionen os participantes nas carreiras.

A organización da proba reservarase a facultade de decidir sobre calquera aspecto ou circunstancia non contemplada neste regulamento

Categorías:

Poderán participar na proba deportistas nados no ano 1999 e anteriores

Estableceranse as seguintes categorías masculinas e femininas:
- Absoluta - todos os participantes.
- Veteranos - nados en 1980 e anteriores.

INSCRICIÓNS:

Inscricións no mail lodeco@lodeco.es
Peche de inscricións o mércores 28 de outubro.

Para poder inscribirse serán obrigatorios os seguintes datos:
-DNI con letra
- Nome
- Apelidos
- Data de nacemento
- Sexo
- Localidade
- Teléfono Móbil
- Se é atleta empadroado/a en Poio

A organización reservarase o dereito de non inscribir a que non cubra correctamente os datos requeridos e, polo tanto, non deixalo participar na proba.
De conformidade coa Lei orgánica 15/1999, do 13 decembro, de protección de datos de carácter persoal, os datos persoais recollidos na tramitación desta solicitude, cuxo tratamento e publicación autoricen as persoas interesadas mediante a inscrición na proba, serán incluídos nun ficheiro cuxo obxecto é a xestión de datos para a carreira, así como, informarlle de futuras actividades. O responsable deste ficheiro é Logística del Deporte, la Cultura y Deporte, SLU. Os dereitos de acceso, rectificación, cancelación e oposición poderanse exercer ante Logística del Deporte, la Cultura y Deporte, SLU,
mediante o envío dunha comunicación ao seguinte enderezo: Logística del Deporte, la Cultura y Deporte, SLU, Camiño da Roca, 9-Bx. B (27003-Lugo), ou a través dun correo electrónico a lodeco@lodeco.es

Percorrido:

O percorrido constará de dúas voltas polo paseo e casco histórico de Combarro, totalmente urbán, con saída na Praza da Chousa e chegada na praza Rualeiro, cunha distancia total aproximada de 4,5 km

ENTREGA DE DORSAIS

Os dorsais entregaranse o día da proba na carpa da organización sita na praza da Chousa de 16:15 a 17:45

PEMIOS POR CATEGORÍAS
1º/1ª Clasificad@ de cada categoría - Trofeo
2º/2ª Clasificad@ de cada categoría - Trofeo
3º/3ª Clasificad@ de cada categoría - Trofeo

Todos os premios son acumulables.
Regalo conmemorativo da carreira e avituallamento final para tod@s @s atletas que rematen a proba co dorsal correctamente colocado, na zona habilitada pola organización.

INFORMACIÓN DE INTERESE PARA O ATLETA

- Avituallamentos: os atletas disporán dun avituallamento final sólido e líquido ó finalizar a proba.
- Gardarroupa: todos aqueles que o desexen poderán facer uso do servizo gardarroupa habilitado pola organización.
- Duchas: unha vez rematada a proba estarán a disposición dos atletas as duchas na nave de piragüismo de Combarro

+ INFO: lodeco@lodeco.es

/ Comenta a Carreira de Combarro no foro