Calendario
Info da proba

Ponteareas

15/11/2015 9:00 - 14:00
Regulamento II TRAIL JOSÉ TEIXEIRA



Terá lugar o 15 de novembro de 2015 con saídas ás 9:00 h (o de 27 Km) e ás 9:30 h (o de 16Km) dende o Centro Cultural de Arcos, parroquia de Ponteareas (Pontevedra).

Existirán dúas probas:

1.- Trail curto: celebrarase sobre un percorrido de 16km, aproximado, nos montes da Picaraña e Vilasobroso; acumulándose un desnivel positivo duns 900m.

2.- Trail longo: celebrarase sobre un percorrido de 27km, aproximado, nos montes da Picaraña e Vilasobroso; acumulándose un desnivel positivo duns 1500m.

CATEGORÍAS: Poderán participar as persoas que o desexen, maiores de 18 anos e ata un máximo de 200 participantes por rigorosa orde de inscrición; que se fará a través de internet.

INSCRICIÓNS: ata un máximo de 200 corredores (inscricións en liña), dende o 1 de outubro ó 10 de novembro.

PREZO: o importe da inscrición é de 10 € para o trail curto e 15 € para o longo, que dan dereito a participar na proba, a gozar dun seguro, unha bolsa do corredor, avituallamentos, gardarroupa, duchas e cantos obsequios consiga a organización.

LUGAR DE SAIDA: Casa Cultural de Arcos (Ponteareas) ás 9:00 do día 15/11/2015
Enderezo: Bº A Igrexa s/n, 36865 Arcos-Ponteareas (Pontevedra)
Coordenadas: 42.179163,-8.478248

INSCRICIÓNS E INFORMACIÓN: http://trailarcos.blogspot.com.es/