Calendario
Info da proba

Vigo +11

08/11/2015 11:15 - 13:15
Regulamento IX CARREIRA POPULAR VIGO +11 “TROFEO EL CORTE INGLÉS”

A Delegación en Vigo da Federación Galega de Atletismo, co patrocinio de El Corte Inglés, e a colaboración do Concello de Vigo, organizan a 9ª Carreira Popular VIGO +11 “Trofeo El Corte Inglés”, baixo o control técnico do Comité Galego de Xuíces.
A proba está incluida no circuito de carreiras populares do Concello de Vigo.

Saída e Meta: Rúa Concepción Arenal esquina Rúa Luis Taboada
Inscricións: o día 4 de novembro as 24:00. Non admitíndose ningunha inscrición fóra de prazo, nin o mesmo día da carreira.
Entrega de dorsales e chips: Efectuarase en El Corte Inglés de Vigo o día 7 de novembro, desde as 11:00 ás 21:00 horas, na Planta 6ª e o día da Carreira na liña de meta a partir das 9:00.

Percorridos
Circuito carreira absoluta (10,9 km): Saída: Concepción Arenal, Alameda, García Olloqui, Montero Ríos, Carral, Marqués de Valladares, Colón, Areal, Isaac Peral, García Barbón, Colón, Alameda, García Olloqui, Montero Ríos, Cánovas del Castillo, Beiramar, As Ánimas, Tomás A. Alonso, Coruña, Cantro Comercial Traviesas, parte derecha Camelias, Álvaro Cunqueiro, Camelias, Venezuela, Gran Vía, Urzáiz, Colón, Concepción Arenal, Meta.
Circuito menores (1 km): Saída: Concepción Arenal, Alameda, García Olloqui, Montero Ríos, Castelar, Luis Taboada, Pablo Morillo, Montero Ríos, Concepción Arenal, Meta.
Premios: Recibirán trofeo, os tres primeiros clasificados, tanto masculino como feminino, de cada categoría
Premios en metálico (carreira 10,9 km):
300 € 1º absoluto masculino e 1ª absoluta femenina
150 € 2º absoluto masculino e 2ª absoluta femenina
100 € 3º absoluto masculino e 3ª absoluta femenina