Calendario
Info da proba

O Grove

12/10/2015 10:00 - 13:30
Regulamento VIDEO PROMOCIONAL XVII EDICION CARREIRA POPULAR FESTA DO MARISCO.

XVII EDICION CARREIRA POPULAR FESTA DO MARISCO.



ORGANIZA: Concello do Grove e ADM (Asociación de Deporte Meco).

DATA DE CELEBRACIÓN: Domingo 4 de outubro de 2015.

HORA DE COMEZO: Ás 10.30 sairán as categorías inferiores.

SAÍDA DA PROBA: Parque de Confín (no Paseo Marítimo de Beiramar).

INSCRICIÓNS: para tódalas categorías, as inscricións realizaranse a través da páxina web www.galitiming.com indicando nome e apelidos, data de nacemento, teléfono, dirección e club (ou lugar de procedencia) antes do xoves 1 de outubro ás 0:00. A categoría absoluta terá un prezo de 5€ con dereito a “bolsa do corredor” (inclúe camiseta técnica do evento).

INSCRICIONS XII CARREIRA POPULAR DO MARISCO.

ENTREGA DE DORSAIS: O día da carreira, a partir das 9:00 na zona de saída (ata media hora antes da saída).

CARACTERÍSTICAS DO CIRCUÍTO: o percorrido será mixto, comeza sofre asfalto, continua por terra (no Parque Forestal Illa da Toxa), segue por céspede polo Golf La Toja, rematando en asfalto novamente ata a liña de meta. Haberá duchas ao servizo dos corredores no Pavillón Náutico e no Pavillón dos Deportes ao finalizar a carreira.

TRACK XVII CARREIRA POPULAR FESTA DO MARISCO 2015


DISTANCIAS E CATEGORÍAS :

PREBENXAMÍN ata 6 anos ______250 m.
BENXAMÍN de 7 a 9 anos_______500 m.
ALEVÍN 10 e 11 anos__________1000 m.
INFANTIL 12 e 13 anos_________1000 m.
CADETE 14 e 15 anos__________1500 m.
XUVENIL 16 e 17 anos ________10.000 m.
SENIOR de 18 a 34 anos _____10.000 m.
VETERANO A 35 a 49 anos______10.000 m.
VETERANO B 50 en diante_______10.000 m.

PREMIOS:

- Recibirán trofeo os 3 primeiros clasificados de cada categoría a partir de infantil. Nas categorías prebenxamín, benxamín e alevín recibirán unha medalla.

- Haberá que presentar o DNI para o cobro dos premios en metálico.

1º: 250€ e noite de hotel nos hoteis “Gran Hotel Talaso La Toja” e “Louxo La Toja” (1 noite de hotel para vencedor masculino e outra para vencedora feminina).

2º: 200€ e cea para dúas persoas no Restaurante cunha estrela Michelín “Culler de Pau”.

3º: 100€ e patela de mariscos de “Mariscos Jacobo”.

4º: 75€ e patela de mariscos de “Mariscos Trelles”.

5º: 50€ e patela de mariscos de “Remagro S.A.”

- 5 kg de mexillón de “Amegrove” e un estoxo de viño Albariño “Bodegas Agro Vello” para os 3 primeiros clasificados e clasificadas absolutos.

- Os 3 primeiros atletas masculinos e femininos locais recibirán un trofeo e un bono de consumición para a “Festa do Marisco”.

- Trofeo ao 1º e 1ª atleta portugués/a que tamén recibirán un bono/consumición da Festa do Marisco. O e a atleta de maior idade levarán o mesmo premio.

SEGUIR EN EL FORO.