Calendario
Info da proba

A Estrada

03/10/2015 17:00 - 19:30
Regulamento V Memorial Manuel Bergueiro - A Estrada

Data: sábado, 3 de outubro de 2015.
Hora: a partir das 17:00 h.
Lugar: A Estrada.
Distancia: de 100 a 10.000 m.
Organiza: Atlántica de Abogados.
Inscrición: en Eme Sports.

/ Comenta o Memorial Manuel Bergueiro neste tema do foro



ATLANTICA DE ABOGADOS, organiza o Sábado día 3 de Outubro de 2015 a partir das 17:00 horas, en colaboración ca Concellería de Deportes, Novas Tecnoloxías e Participación Cidadá do Concello da Estrada, Club Deportivo San Paio e Atletismo A Estrada o “V Memorial Manuel Bergueiro”. Esta proba é a derradeira carreira puntuable para o III Circuito “Corre A Estrada Corre”.

REGULAMENTO

1.- PARTICIPANTES:
A proba estará baixo a supervisión e control de EmeSports. Poderán participar atletas federados e non federados; Establecense as clasificacións según as idades que se detallan a continuación:

2.- CATEGORÍAS DOS PARTICIPANTES:
Poderán participar todas as persoas, sexan ou non federadas, das seguintes categorías:
PITUFOS: Atletas nados/as no ano 2010 e posteriores.
PREBENXAMÍN Atletas nados/as nos anos 2008 e 2009.
BENXAMIN: Atletas nados/as nos anos 2006 e 2007.
ALEVÍN: Atletas nados/as nos anos 2004 e 2005.
INFANTIL: Atletas nados/as nos anos 2002 e 2003.
CADETE: Atletas nados/as nos anos 2000 e 2001.
XUVENIL: Atletas nados/as nos anos 1998 e 1999
JUNIOR: Atletas nados/as nos anos 1996 e 1997
PROMESA: Atletas nados/as nos anos 1993, 1994 e 1995
SENIOR: Atletas nados/as entre os anos 1992 e 1980.
VETERÁN/A A: Atletas nados/as entre 1979 e 1970.
VETERÁN/A B: Atletas nados/as no ano 1969 e anteriores.

3.- PERCORRIDOS:
O percorrido da carreira seguirá un circuito de 3.330 metros, aproximadamente a partir da categoría xuvenil/junior/promesa, cun total de 10.000 metros. O resto das probas farase nun minicircuito de 800 metros e de 500 metros.

HORA CATEGORÍA DISTANCIA APROX
17:00 PITUFOS 100-120 mtos
17:15 PREBENXAMÍN e 500 mtos (1 volta circuito pequeno)
BENXAMÍN
17:30 ALEVÍN 800 mtos (1 volta circuito mediano)
18:00 INFANTIL e CADETE 1.600 mtos (2 voltas ao circuito mediano)
18:30 XUVENIL/JUNIOR/ 10.000 mtos (3 voltas ao circuito grande)
PROMESA/SENIOR e
VETERÁN
20:00 ENTREGA de PREMIOS

Os percorridos estarán indicados, controlados e sinalizados. A organización contará coa colaboración dos organismos municipais competentes, que regularán o tráfico o longo do percorrido ademáis de servicio de ambulancia.

4.- INSCRICIÓNS:
ADULTOS (dende Xuvenil a Veterans B): Ata o Venres día 2 de Outubro de 2015 as 14:00 horas na web www.emesports.es (única forma de inscrición).
ESCOLARES: (dende pitufos a cadetes) Ata o Xoves día 1 de Outubro de 2015 ás 14:00 horas no teléfono 986.570.030 en horario de 9:00 a 14:00 horas ou no correo deportes@aestrada.es.

Non se aceptarán as inscricións fora de prazo, con datos incompletos ou sen tódolos datos obrigatorios, sendo os seguintes os datos obrigatorios: Nome e apelidos, data de nacemento, teléfono de contacto e localidade de procedencia.
O PREZO da inscrición e gratuíta para os escolares.
Haberá un límite de 500 inscritos na proba absoluta.

Calquera dúbida relacionada co proceso de inscrición poderán dirixirse ó teléfono 986570030 no caso dos escolares ou no 627366134 para os adultos.
Calquera dúbida relacionada coa organización da proba poderán dirixirse os teléfonos 986570030 (horario de mañá) no correo deportes@aestrada

5.- RETIRADA DE DORSAIS E CHIPS:
Realizarase o día da proba na Praza da Constitución, diante do Concello da Estrada, a partir das 16:00h.

CONTROL CON CHIP: As probas dende Xuvenil ata Veterans C estarán controladas a través dun CHIP que se entregará a cada corredor no momento da recollida do dorsal e que deberá colocarse na zapatilla antes da saída da súa proba

TODOS OS CORREDORES TEÑEN A OBRIGA DE DEVOLVER O CHIP O FINALIZAR A SÚA PROBA. AQUELES CORREDORES QUE NON ENTREGUEN O CHIP NON ENTRARAN NAS CLASIFICACIONS NIN RECIBIRÁN NINGUN TIPO DE OBSEQUIO, habilitaranse caixas para recollelos.

DESCALIFICACIONS: Todo corredor/a que incumpra as normas da competición ou as establecidas nos regulamentos RFEA e FGA referentes a probas en ruta, será excluído a criterio da organización da Competición. TODAS AS RECLAMACIÓNS DEBERÁN SER DIRIXIDAS A ORGANIZACIÓN con prazo máximo de 30 minutos despois da publicación dos resultados da proba da que se efectúe dita reclamación.

6.- TROFEOS, PREMIOS e AGASALLOS:
CATEGORIA ABSOLUTA:
Trofeo os tres primerios clasificados de cada categoría feminina e masculino.
Trofeo e premio para ós 6 primeiros/as corredores/as en cruzar a linea de meta na proba, tanto en categoría feminina coma masculina, cos seguintes premios:
- Proba Masculina 1o. Trofeo + 200€. 2o. Trofeo + 150€. 3o. Trofeo + 100€. 4o Trofeo + 75€. 5o. Trofeo + 50€. 6o. Trofeo + 25€.
Proba feminina 1o. Trofeo + 200€. 2o. Trofeo + 150€. 3o. Trofeo + 100€. 4o. Trofeo + 75€. 5o. Trofeo + 50€. 6o. Trofeo + 25€.

CATEGORÍAS ESCOLARES:
Trofeo ós tres primeiros clasificados de cada categoría feminina e masculino. Medallas para todos os participantes (ata fin de existencias).
Os premios son acumulativos.
Entregarase unha camiseta conmemorativa da proba a cada participante, tanto escolar como absoluto ata esgotar existencias.

7.- OUTRAS CONSIDERACIÓN REGULAMENTARIAS.
As reclamacións ós resultados oficiais deberán formularse verbalmente a organización da Competición non máis tarde de 30 minutos despois da publicación dos mesmos. Todo o non previsto no presente regulamento, resolverase de acordo co Regulamento da RFEA en vigor. A participación implica a total aceptación deste regulamento, e o descoñecemento do mesmo non exime do seu obrigado cumprimento.
Haberá habilitado vestiarios no campo municipal da Baiuca. O horario de apertura será a partir das 17:00 ata as 22:00.
Poderán consultar os resultados oficiais das probas nas web:
www.emesports.es
www.correrengalicia.org

/ Comenta o Memorial Manuel Bergueiro neste tema do foro



/ Comenta o Memorial Manuel Bergueiro neste tema do foro