Calendario
Info da proba

Rianxo

02/11/2015 11:00 - 14:00
Regulamento III Carreira Popular Toffe- Concello de Rianxo

REGULAMENTO
III CARREIRA POPULAR TOFFE - CONCELLO DE RIANXO

Artigo 1.
O Concello de Rianxo e o Club Atletismo Rianxo organizan a III Carreira Popular Toffe –
Concello de Rianxo, o luns 2 de novembro de 2015. A proba conta con patrocinio de
Cafetería Toffe e está incluída no III Circuíto Provincial de Carreiras Populares e no
Calendario Oficial da Federación Galega de Atletismo.

Artigo 2.
Poderán participar atletas federados e non federados; haberá unha clasificación conxunta. O
control da carreira estará a cargo do Comité de xuíces da Federación Galega de Atletismo.
Artigo 3. Categorías
• Xoubas 2010-2011-2012 . 3 saídas, agrupados por ano de nacemento.
• Sardiñas 2008-2009.
• Benxamín 2006-2007.
• Alevín 2004-2005.
• Infantil 2002-2003.
• Cadete 2000-2001.
• Xuvenil 1998-1999.
• Júnior 1996-1997.
• Promesa 1993-1994-1995.
• Sénior 1981-1992.
• Veteranos A 1968-1980.
• Veteranos B 1955-1967.
• Veteranos C 1954 e anteriores.

Artigo 4. Distancias e horarios
Categoría Distancia Horario Percorrido Nº voltas
Xoubas 100 m. 10:45 h. Amarelo – 100 m. 1 volta
Sardiñas 500 m. 11:00 h. Verde – 500 m. 1 volta
Benxamín 1.000 m. 11:10 h. Verde – 500 m. 2 voltas
Alevín 1.500 m. 11:25 h. Azul - 750 m. 2 voltas
Infantil: 2.250 m. 11:40 h. Azul – 750 m. 3 voltas
Cadete: 6.600 m. 12 h.. Vermello 2 voltas
Xuvenil/Júnior/
Promesa/Sénior
e Veteranos
10.000 m. 12 h. Vermello 3 voltas

Artigo 5. Lugar de saída e percorrido
Saída e chegada
Praza Castelao
Establécense 4 percorridos, aos que se darán as voltas indicadas na táboa de distancias.
1. Percorrido amarelo: 100 m.
2. Percorrido verde: 500 m.
3. Percorrido azul: 750 m.
4. Percorrido vermello: 3.333 m.

Artigo 6. Inscricións
Prazo:
Ata o xoves 29 de outubro de 2015 ás 24:00 h. Non se aceptarán inscricións fora de prazo ou
con datos incompletos.
Onde:
emesports.es
Prezo:
• Gratuíto para as categorías de xoubas a cadete.
• 6 € nas categorías xuvenil, júnior, promesa, sénior e veteráns.
Límite prazas: Haberá un límite de 500 inscritos na categoría absoluta (xuvenís e
posteriores).

Artigo 7. Retirada de dorsais e chips.
Na Praza de Castelao o mesmo día da proba a partir das 9 h. e ata o inicio da mesma.
Control por chip
Agás os participantes nas categorías xoubas e sardiñas, os demais participantes estarán
controlados a través dun chip que se entregará a cada participante xunto co dorsal. Deberá
colocarse na zapatilla antes da saída.

Artigo 8. Premios
Medallas
Medallas para todos os participantes (ata fin de existencias) nas categorías Xoubas, Sardiñas,
Benxamín, Alevín, Infantil e Cadete.
Trofeos
Trofeo aos tres primeiros clasificados de cada categoría feminina e masculina.
Trofeo “Xosé Neira Hermida” ao primeiro e primeira corredor/a local.
Premios
Premio para os tres primeiros/as corredores/as en cruzar a liña de meta na proba, tanto en
categoría feminina coma masculina, cos seguintes premios: 1º-150 €, 2º-100 € e 3º- 50 €.
Agasallos
Os participantes nas categorías xuvenil, júnior, promesa, sénior e veteranos recibirán un
agasallo técnico.

Artigo 9. Servizos
Servizo de gardarroupa
Pavillón polideportivo de Rianxo.
Vestiarios e Duchas
Pavillón polideportivo e Piscina Municipal.
Aparcadoiros:
Aparcadoiro Público Municipal (gratuíto), arredores do pavillón polideportivo e nas
inmediacións da zona portuaria.
Publicación Resultados
carreirasgalegas.com
emesports.es
concelloderianxo.gal

Artigo 10. Outras consideracións
Non estará permitido o acompañamento dos participantes mediante o uso de vehículos de
apoio. A non observancia desta norma implicará a descualificación dos atletas acompañados.
O dorsal deberá ser colocado visiblemente na parte dianteira do/a corredor/a, sen poder
facer ningunha modificación no mesmo.
A organización e os seus colaboradores non se fan responsables dos danos morais ou
materiais que a si mesmos ou a outras persoas ocasionen os participantes nas carreiras.
A organización da proba reservarase a facultade de decidir sobre calquera aspecto ou
circunstancia non contemplada neste regulamento.
En caso de cancelación do evento por causas alleas a organización, non se devolverá o
importe da inscrición