Calendario
Info da proba

Ferrol

12/09/2015 20:00 - 23:00
Regulamento IV CARREIRA NOCTURNA "CORRE POR FERROL"

A IV Carrera Nocturna Corre por Ferrol, organizada polo Servizo de Deportes do Concello de Ferrol e co control técnico da Delegación en Ferrol da Federación Galega de Atletismo, terá lugar o sábado 12 de setembro de 2015 a partir das 20:00 h da tarde. A proba pertence o III Circuito Provincial de Carreiras Populares organizado pola Deputación da Coruña.

INSCRICIÓNS: será ata as 23:59 h do día 8 de Setembro. Non se admitirá outra vía de inscrición que a sinalada anteriormente nin fora de prazo.Inscricións. As inscricións de todas as categorías podarán efectuarse a partir do día 26 de Agosto até as 23:59 h do día 8 de Setembro a través da páxina web http://www.carreirasgalegas.com
Non se admitirá outra vía de inscrición que a sinalada anteriormente. Nin fóra de prazo.
O custo da inscripción será de 3 euros para a carreira absoluta (Dende Xuvenil ata Veterán). As inscripcións das carreiras de menores serán gratuitas.


RETIRADA DE DORSAIS: poderase efectuar ao longo do venres 11 todo o día e sabado 12 pola maña no Pavillón polideportivo de A Malata así como o sábado 12 de setembro, dende as 16:30 ata as 20:30 horas no posto habilitado na praza de armas para tal fin.

SERVIZOS: Servizo de duchas no Pavillón Municipal de Esteiro.

PREMIOS: A organización premiará as tres primeiras persoas clasificadas de cada categoría.

REGULAMENTO:

As probas están suxeitas ás seguintes normas:
1. A Saida e a chegada situaranse nas proximidades da Praza de Armas.
2. A proba discorrerá por un circuíto de acordo co plano deseñado.
3. A organización contará coa axuda da Policía Local, Protección Civil, persoal do Servizo de Deportes e voluntarios, que regularan o tránsito ó longo do percorrido.
4. As reclamacions relativas a clasificación faranse verbalmente antes dos 30 minutos posteriores de facerse publico o Xuíz Árbitro ou na secretaría da competición, sendo o Xuíz árbitro o encargado de resolvelas. Para todo o non previsto neste regulamento, resolverase conforme as normas da F.G.A ; R.F.E.A e a I.A.A.F po reste orden.
5. As probas estarán controladas polo Comité Galego de Xuíces, que establecerá os correspondentes controis ao longo do circuíto
6. O percorrido estará sinalizado como mínimo cada kilómetro.
7. No percorrido estableceranse controis, así como un posto de avituallamento.
8. O control de chegada pecharase unha hora despois de que entre en meta o primeiro clasificado. Cando un participante sobrepase o tempo previsto de peche de control (unha hora dende que entre o primeiro clasificado), será avisado pola organización e deberá subir ao coche oficial que pecha a carreira e abandonar a proba coa fin de non entorpecer o tráfico automobilístico e o desenvolvemento da propia actividade. No caso de continuar, farao baixo a súa responsabilidade, debendo cumprir as normas e sinais, e considerarse un usuario máis da
vía, quedando eximida a organización de toda responsabilidade do que puidese acontecer (Regulamento xeral de circulación R.D. 1428/2003).
9. A Organización ten suscrito un Seguro Colectivo de Accidentes e Responsabilidade Civil. De tódolos xeitos, a Organización recomenda aos participantes que, con anterioridade á proba, efectúen un recoñecemento médico específico e que realicen un adestramento axeitado para as características desta competición.

SERAN MOTIVOS DE DESCALIFICACIONS OS SEGUINTES:
a. Prohíbese o acompañamento dos participantes e o uso de coches de apoio. O incumprimento desta norma implicará a inmediata descalificación dos corredores que a infrinxiran. Os únicos vehículos autorizados que poderán seguir a proba serán os das forzas de seguridade e os de apoio a organización, que contarán con roupa apropiada e visible.
b. Non levar o dorsal perfectamente colocado ata a súa entrada a meta.
c. Participar con un dorsal de outro corredor
d. Non realizar o percorrido da carreira completo.
e. Non pasar polos controis de carreira establecidos
f. Non atender as indicacións dos membros da organización e dos xúices.
g. Pretender participar na carreira sen terse inscrito.
h. Por conducta antideportiva.
i. Ser reincidente en algunha infracción de descualificación de carreira.
j. Realizar a inscripción alterando os datos.
k. Manter unha actitude groseira, violenta ou que en xeral atente co espíritu deportivo da proba.
l. Calquera outra de análoga natureza, que a xuízo da organiación poda se considerada como conducta antideportiva merecedora de sanción disciplinaria.


CATEGORÍAS:
Establecense as seguintes categorías masculinas e femininas:
• Benxamín: Nados nos anos 2006 e 2007
• Alevín: Nados nos anos 2004 e 2005
• Infantíl: Nados nos anos 2002 e 2003
• Cadete: Nados nos anos 2000 e 2001
• Xuvenil: Nados nos anos 1998 e 1999
• Júnior: Nados nos anos 1996 e 1997
• Promesa: Nados nos anos 1993, 1994 e 1995
• Senior: Nados en 1981 ata 1992
• Veterano 1 de 1975 a 1980
• Veterano 2 de 1974 a 1966
• Veterano 3 de 1965 a 1956
• Veterano 4 de 1955 a 1900

DISTANCIAS E HORARIOS
20:00 Benxamín e Alevín Feminino 1.000 m (1 Volta)
20:15 Benxamín e Alevín Masculino 1.000 m (1 Volta)
20:30 Infantil e Cadete Feminino 2.000 m (2 Voltas)
20:45 Infantil e Cadete Masculino 2.000 m (2 Voltas)
21:00 ABSOLUTA 6.000 m