Calendario
Info da proba

Mondariz

26/09/2015 17:30 - 20:00
Regulamento
I Carreira Popular Concello de Mondariz

Data: sábado, 26 de setembro de 2015.
Hora: a partires das 17:30 h.
Lugar: Mondariz.
Distancia: de 100 a 7.000 m.
Organiza: Concello de Mondariz.
Inscrición: en Cronotec.
Web: Carreira de Mondariz.

/ Comenta a Carreira de Mondariz no foro



O Concello de Mondariz organiza a “I Carreira Popular Concello de Mondariz” o sábado 26 de setembro de 2015 a partir das 17.30. O percorrido da carreira realizarase por diversas rúas da vila así como por unha senda polo río Tea.

INSCRICIÓNS
Segundo a idade do corredor, hai dúas opcións de inscrición:

Para a categoría absoluta: exclusivamente a través da páxina cronotec.es
Para a categoría de menores: enviando á organización os datos precisos no seguinte enlace: Inscrición de menores
O custe da inscrición será de 3 euros por participante, agás as categorías de menores.

En ambas categorías a data límite de inscrición é o 23 de setembro de 2015. O número máximo de corredores na categoría absoluta é de 200.

CATEGORÍAS, DISTANCIA E HORARIO DA SAÍDA
Categoría de menores Data nacemento Distancia Saída
Cadetes Nados entre 2000/2001 1.500 m 17:30h
Infantís Nados entre 2002/2003 1.200 m 17:45h
Alevíns Nados entre 2004/2005 900 m 18:00h
Benxamíns Nados entre 2006/2007 600 m 19:30h
Prebenxamíns Nados entre 2008/2009 300 m 19:45h
Pitufos Nados entre 2010/2015 100 m 20:00h

Categoría absoluta Data nacemento
Xuvenís Nados entre 1998/1999
Junior Nados entre 1996/1997
Promesas Nados no 1995 ata veteráns
Veteranos A de 35 a 44 anos
Veteranos B de 45 a 54 anos
Veteranos C de 55 en diante

A categoría absoluta terá unha única saída ás 18.30 e realizará un circuito total de 7 km.

PREMIOS
Haberá trofeos para os tres primeiros clasificados da proba absoluta, tanto feminina coma masculina, e para as categorías de menores. Así mesmo, terán trofeo os tres primeiros clasificados nados en Mondariz.



/ Comenta a Carreira de Mondariz no foro