Calendario
Info da proba

A Guarda

26/09/2015 18:00 - 20:30
Regulamento
XV Carreira Pedestre Popular "Julia Vaquero"

Data: sábado, 26 de setembro de 2015.
Hora: a partires das 18:00.
Lugar: A Gándara, A Guarda.
Distancia: de 100 a 6.500 m.
Organiza: Asociación de Veciños O Percamino.
Coordina: Comisión de Festas Das Mercedes da Gándara.
Inscrición:
ATA O DÍA LUNS 21 DE SETEMBRO:
TELÉFONO: 609 117 835
E-MAIL: carreirajvaquero@gmail.com
NO DÍA DA CARREIRA:
DE 16:00 a 17:30, na mesa de secretaría da carreira

/ Comenta a Carreira Julia Vaquero no foro




REGULAMENTO
1- A Asociación de Veciños O Percamino, en coordinación coa Comisión de Festas da Virxe das Mercedes da Gándara (A Guarda) organiza a 15ª CARREIRA PEDESTRE POPULAR “JULIA VAQUERO” que se celebrará o sábado día 26 de setembro de 2015, a partires das 18:00 horas, na Praza dos Seixiños da Gándara, no Concello de A Guarda.

2- Dado o carácter popular da proba, a inscrición está aberta a todas as persoas que o desexen, sen límite de idade.

3- As inscricións SON GRATUITAS e poderán realizarse ata o luns 21 de setembro, ben a través do correo electrónico ou do número de teléfono máis arriba descrito. Ademais, no día da carreira na secretaría ata 30 minutos (de 16:00 a 17:30) antes do comezo da primeira das carreiras.

Nas inscricións farase constar o NOME, APELIDOS, DATA DE NACEMENTO, LUGAR DE PROCEDENCIA e CLUBE se pertencese a algún.

4- A organización no se responsabiliza dos danos morais ou físicos ocasionados a si mesmo ou a outro na participación da proba, esperando dos participantes o mellor espírito deportivo.

5- Ao inscribirse na 15ª CARREIRA PEDESTRE POPULAR “JULIA VAQUERO”, os participantes ou titores legais dos mesmos, dan o seu consentimento e de acordo aos intereses deportivos, de promoción, distribución e explotación para todo o mundo (reproducción de imaxes e fotografías da proba, publicación de listados clasificatorios, etc.) mediante calquera dispositivo (Internet, publicidade, etc.) e sen límite temporal, os inscritos ceden de maneira expresa a organización o dereito a reproducir o nome e apelidos, o posto obtido na clasificación xeral e na propia do participante e a marca deportiva realizada, así como a súa imaxe.

6- En caso de calquera dúbida, prevalecerá o criterio da organización, a cal se reserva o dereito de realizar algún cambio no presente reglamento se así o considerara, debendo comunicalo sempre, no mesmo día da carreira.

7- Os dorsais serán entregados pola organización ata 30 minutos antes do comezo das carreiras (17:30), na secretaría da carreira.

8- Entregaranse trofeos aos primeiros clasificados de cada categoría tanto feminina como masculina. Aos segundos e terceiros clasificados de cada categoría, masculina e feminina faráselle entrega dunha medalla feita para a ocasión. Haberá agasallo para tódolos participantes, así como avituallameto líquido e sólido ao final da proba. A entrega de trofeos e medallas realizarase unha vez finalizadas todas as carreiras.

9- Haberá duchas a disposición de tódolos participantes.

10- Polo simple feito de participar, os corredores e corredoras aceptan todo o reflexado neste regulamento.

11- Categorías por orde de saída a partires das 18:00 :

CATEGORÍA ANO NACEMENTO DISTANCIA
A 2011 e posteriores 100m
B 2007, 2008, 2009 e 2010 300m
C 2003, 2004, 2005 e 2006 750m
D 1999, 2000, 2001 e 2002 1200m
E 1989 a 1998 6500m
F 1975 a 1988 6500m
G 1960 a 1974 6500m
H 1959 e anteriores 6500m


/ Comenta a Carreira Julia Vaquero no foro