Calendario
Info da proba

Boimorto

26/09/2015 18:00 - 20:30
Regulamento IX Carreira e Canicross Popular de Boimorto

Data: domingo, 26 de setembro de 2015.
Hora: a partires das 18:00 h.
Lugar: Boimorto.
Distancia: de 200 a 6.330m
Organiza: Concello de Boimorto.
Inscrición: en Prueba-T.

/ Dúbidas e comentarios sobre a Carreira de Boimorto neste tema do foro



REGULAMENTO

1. PODERÁN PARTICIPAR ATLETAS FEDERADOS E NON FEDERADOS:

Haberá unha soa clasificación conxunta. A cronometraxe da carreira estará a cargo da empresa Prueba-T

2. CATEGORÍAS DOS PARTICIPANTES:
PITUFO Atletas nados no 2011 e posteriores
PREBENXAMÍN Atletas nados no 2008, 2009 e 2010
BENXAMÍN Atletas nados nos anos 2006 e 2007
ALEVÍN Atletas nados nos anos 2004 e 2005
INFANTIL Atletas nados nos anos 2002 e 2003
CADETE Atletas nados nos anos 2000 e 2001
PROMESA Atletas nados nos anos 1996, 1997,1998 e 1999
SENIOR Atletas nados en 1995 ata veteráns
VETERÁN A Atletas nados entre 1980 e 1971
VETERÁN B Atletas nados entre 1970 e 1961
VETERÁN C Atletas nados en 1960 e anteriores
VETERÁN A Atletas nadas entre 1980 e 1971
VETERÁN B Atletas nadas en 1970 e anteriores

3. DISTANCIAS E HORARIOS:
O percorrido da carreira seguirá un circuito de 3167m a partires da categoría infantil e cadete.
18:00 CARREIRA ABSOLUTA (6330 m, dúas voltas ó circuito)
18:45 INFANTIL e CADETE (3.167 m) (1 volta ó circuito)
19:15 BENXAMÍN e ALEVÍN (1000 m)
19:30 PREBENXAMÍN (500m)
19:45 PITUFO (200M)
20:45 ENTREGA DE PREMIOS (Pavillón polideportivo)

4. INSCRICIÓNS:
As inscricións realizaranse a través da web www.prueba-t.es
A inscrición é gratuíta para os particpantes das categorías escolares, os da Carreira Absoluta deberán aboar 5 €uros.
Os atletas locais (deberán estar censados no concello mínimo dende o día 2 de xaneiro de 2015) deberán indicalo cubrindo a casilla correspondente no momento da inscrición.

Os atletas da proba absoluta correrán cun CHIP que lles será entregado na SECRETARÍA no momento de recoller o dorsal; unha vez crucen a liña de meta deberán entregalo de xeito obrigatorio nuns recipientes habilitados para tal efecto. De perdelo deberán aboar 5 €uros e serán descualificados.
Os corredores que se inscriban na Carreira Absoluta e no Canicross pagarán tan só unha.

Para formalizar a inscrición é obrigatorio facilitar os seguintes datos: nome e apelidos, sexo, concello, data de nacemento, DNI, teléfono, mail, clube (se se ten) e nº de licencia (se se ten).

Admitiranse inscricións ata o xoves 24 de setembro de 2014 ás 23:00 horas. NON SE ADMITIRÁN INSCRICIÓNS FORA DO PRAZO ESTABLECIDO.
Os dorsais recolleranse na Secretaría da Competición sita no colexio público de Boimorto (Campo do Rosario) ata media hora antes do inicio de cada proba.
Para calquer información adicional poderán chamar ó teléfono 645 98 01 35

5. SERVIZOS
Haberá servizo de vestiario e duchas a disposición do atletas no polideportivo municipal (a carón da saída).

6. PREMIOS
Haberá trofeos para os 3 primeiros clasificados das categorías establecidas (en mulleres e homes) agás ós 3 primeiros/as clasificados/as da proba absoluta (categorías PROMESA, SENIOR e VETERÁNS), os cales percibirán un diploma conmemorativo da proba así como o correspondente premio en metálico. Tamén outorgarase trofeos os 3 primeiros clasificados/as censados no Concello. Os trofeos non serán acumulativos.

No caso de non haber 4 participantes na categoría haberá só trofeo ó gañador (agás nos locais). Trofeo ó atleta máis xoven e máis veterán que sexan capaces de finalizar a carreira polos seus propios medios e sen axudas externas.

Tamén haberá agasallo sorpresa conmemorativo da carreira para os corredores da proba absoluta, así como froita e bebida a quen finalice a proba (para absoluta e escolares).

Premio especial Fidelidade: para todo aquel que esta sea a súa 5ª carreira consecutiva rematada ou ben a remate por 8ª vez (con un ano no medio sen participación), deberán marcalo na casilla correspondente. No caso de estar nas dúas situacións, só se lle entregará un premio.

PREMIOS EN METÁLICO
(Só para a Carreira Absoluta: PROMESA, SENIOR e VETERÁNS)

PREMIOS INDIVIDUAIS PREMIOS POR CLUBES*
1º Clasificado/a: 150 € 1º Clube Clasificado: 150 €
2º Clasificado/a: 100 € 2º Clube Clasificado: 100 €
3º Clasificado/a: 50 € 3º Clube Clasificado: 50 €

PREMIOS ESPECIAL POR RÉCORD E PREMIO GAÑADOR/A LOCAL DA PROBA
BATIR O RÉCORD DA CARREIRA ABSOLUTA MASCULINA OU FEMININA: 60 €
(Carlos Villamor Castiñeira 2015: 19'14'')
(Maria Yolana Gutiérrez Robles 2013: 21'55'')
1º Clasificado/a: 50€

*Para a entrar na premiación por clubes deberán inscribirse os atletas individualmente na web www.prueba-t.es e remitir un correo electrónico ó mail carreiradeboimorto@hotmail.com cos datos do clube xunto co listado de atletas que participarán na proba, só se admitirán clubes federados e atletas con licencia en vigor de atletismo. SEN ESTE CORREO ELECTRÓNICO NON PODERÁN OPTAR OS PREMIOS POR CLUBES.

A clasificación por clubes será establecida a través dos 6 primeiros corredores en cruzar a líña de meta, pola suma dos seus postos, gañando o equipo que menos puntos acade. En caso de empate gañará o equipo que mellor clasifique o seu 1º compoñente. Os equipos poderán ser mixtos. Para puntuar nesta clasificación é necesario que alo menos 8 corredores do clube logren concluir a carreira.

O abono dos premios en metálico realizarase ó concluir a entrega de premios, para o cal os gañadores dos mesmos deberán acreditar a súa identidade coa presentación do DNI.

7. DESCUALIFICACIÓNS
Será motivo de descualificación calquera infracción grave estimada polo xurado da proba, sendo a súa decisión inapelable. Dado o carácter popular e festivo desta proba, a organización agarda de todos os participantes o mellor espíritu deportivo.

8. IMPLICACIÓN:
A realización da inscrición implica que se aceptan os compromisos de estar en bo estado físico, que se superaron os pertinentes recoñecementos de saúde e que se autoriza á organización para a utilización da imaxe en carteis, publicacións, medios de comunicación e outros para a promoción do deporte.

9. RESPONSABILIDADE:
A organización non se fai responsable dos danos físicos ou morais que poidan sufrir os participantes na carreira antes, durante ou despois, se ben en todo momento haberá un posto de primeiros auxilios nas inmediacións da saída e da meta.

10. LOPD:
Conforme á Lei orgánica 15/1999, infórmase de que os datos persoais pasarán a formar parte dun ficheiro do que é responsable o Concello de Boimorto. A súa finalidade é levar a cabo a xestión de datos para a carreira popular e informalo de futuras edicións. Se desexa exercitar os dereitos de acceso, rectificación, cancelación e oposición poderá facelo dirixíndose por escrito ó enderezo rúa Vilanova. 1, 15,817 Boimorto (A Coruña), achegando unha fotocopia do seu DNI.

/ Dúbidas e comentarios sobre a Carreira de Boimorto neste tema do foro