Calendario
Info da proba

Carral

06/09/2015 11:00 - 14:00
Regulamento XXII Carreira popular de Carral

REGULAMENTO DA PROBA

1. A carreira celebrarase o vindeiro domingo 6 de setembro. O comezo está previsto para as 11.00 da mañá (carreira dos pequenos) e ás 12.00 para o percorrido completo.
2. As inscricións realizaranse na platforma www.championchipnorte.com .
3. No momento da inscrición a organización facilitará un dorsal así como os medios para que estea visible durante toda a carreira. Os corredores , deberán recoller o seu dorsal no campo da feira de carral ata 30 min. antes da proba.
4. A liña de SAÍDA estará situada na rúa Jesús Méndez Búa, e a de META e o punto de recollida de dorsais, estará situado no Campo da Feira de Carral.
5. A organización establecerá as seguintes categorías e percorridos (tanto masculino coma feminino).
- Pitufo e prebenxamín (08-12), entre 3-7 anos 50-100 m
- Benxamín (06/07), entre 8 e 9 anos  900 m
- Alevín (04/05), entre 10 e 11 anos  900 m
- Infantil (02/03) entre 12 e 13 anos  1.800 m
- Cadete (00/01) entre 14 e 15 anos  1.800 m
- Xuvenil (98/99) entre 16 e 17 anos  8.400 m
- Sénior (74/97) entre 18 e 41 anos  8.400 m
- Veteranos (>1973) máis de 42 anos  8.400 m
6. A organización establecerá puntos de control e avituallamento ó longo do percorrido.
7. A organización premiará cun trofeo ao primeiro clasificado de cada categoría e aos segundos e terceiros clasificados das categorías máis concorridas. Ademais, todos os corredores/as que rematen o percorrido serán agasallados pola organización cunha agasallo.
8. Un vehículo da policía abrirá a carreira e outro de protección civil e a ambulancia irán pechando a proba. Entre medias, outro vehículo membro da organización irá no “pelotón” para axudar se fose preciso aos corredores.
9. A entidade organizadora, a A.X. Mil e Pico non se fai responsable dos danos que poidan causar ou causarse os participantes.
10. Todos os participantes, polo mero feito da súa inscrición aceptan este regulamento.
(este regulamento pode ser modificado antes da proba en funcion de circunstancias propias da organización

DESCRIPCIÓN DA PROBA, PERCORRIDOS E TEMPOS

Percorrido completo.- Esta proba (para xuvenís, sénior e veteranos), transcorre polo casco urbano de Carral e por estradas da mesma localidade e de Culleredo. Partirá ao redor das 12.00 h da rúa Jesús Méndez Búa cara a rúa Belvís; dende aquí se dirixe a o lugar de Cabrois pola CP 2105 ata o cruce de Castelo-Culleredo (pto. Km 4.9). Neste punto enlazamos coa estrada provincial CP-2103, pola que transcorreremos 200 m en dirección a Tabeaio (Carral) antes de desviarnos pola estrada local que une Castelo con Carral, pasando por Vilaverde e a Brexa. 2.3 Km despois, no pto. quilométrico 7.52 da proba, o percorrido desvíase pola rúa da Revolta para tornar á CP-2105, para rematar no Campo da Feira de Carral. En total 8.400 metros é a distancia desta clásica proba deportiva.
O tempo agardado para completar o percorrido polos gañadores estará entre 27 e 32 minutos, mentres que agardamos que os últimos marquen un tempo máximo de 50 minutos.
Percorrido intermedio.- Os infantís e cadetes recorrerán una distancia de 1.800 m partindo dende a rúa Jesús Méndez Búa, subindo pola rúa local de Belvís Paleo baixando despois pola rúa da Fraga para voltar ao campo da Feira.
Percorridos pequenos.- Por último o recorrido dos mais pequenos, (pitufos, prebenxamins, benxamíns e alevíns) transcorre integramente polo casco urbano de Carral, rematando todos eles no Campo da Feira. As diferentes distancias xa foron relatadas anteriormente.
Durante o tránsito da proba deportiva, en tódolos recorridos, a estrada estará cortada ao tráfico en todo momento por axentes da policía local de Carral e de Culleredo, coa axuda de voluntarios e persoal de protección civil de ambos concellos. Ao paso da carreira as estradas iranse abrindo de novo ao tránsito de vehículos.


PREZO DE INSCRIPCIÓN : 5€