Calendario
Info da proba

O Porriño

12/09/2015 9:00 - 19:00
Regulamento 1º BUDIÑORAID Terras do Louro

Queriamos convidalos, o primeiro evento organizado pola sección de Orientación da Asociación Deportiva A FORNA de Budiño, o BUDIÑORAID, é un ambicioso proxecto que implica a tres dos concellos polos que discorre o Río que lle vai dar nome a esta edición.

As Gándaras de Budiño, o Faro de Budiño e o Faro de Cans no Concello de O Porriño, a Senda do Caselas, o Monte de San Cibrán e o Espicho do Faro de Entenza no Concello de Salceda e as Veigas do Louro, ou o Río Miño son algúns dos preciosos espazos naturais existentes na zona polos que vai a discorrer esta primeira edición do noso Raid.

Un raid de longa duración xa que vai ter un percorrido de uns 100 km. de distancia repartidos en 7 sectores ó longo das 10 horas de competición que non vai a deixar indiferente a ninguén.

Dende a organización esperamos que todos os amantes deste deporte de Aventura, dende os mais experimentados competidores nas distintas ligas autonómicas, así como os mais novatos e inexpertos xa que imos a contar tamén con unha categoría de iniciación, vos acheguedes a disfrutar con nós do primer evento de este tipo que se celebra na zona para disfrutar de unha experiencia inesquencible en un entorno inigualable.

Achégate e disfrútao!!!!

Máis información en: E-mail: budinhoraid@gmail.com Páxina en Facebook: https://www.facebook.com/pages/BUDIÑORAID_TerrasdoLouro/1626057347608405 WEB da Asociación: http://www.aforna.org WEB da Fegado: http://www.fegado.es Inscripcións: https://tracktherace.com/es/events