Calendario
Info da proba

Ares

01/08/2015 11:00 - 13:00
Regulamento XXIV MILLA URBANA CONCELLO DE ARES

A XXIV Milla Urbana Concello de Ares. É unha proba pertencente ao III Circuíto provincial de Carreiras Populares Deputación Provincial de A Coruña. O control da carreira estará a cargo do Comité de Xuices da Federación Galega de Atletismo.

SAÍDA:
Terá lugar o sábado 1 de agosto, dende as 11 horas no Paseo marítimo da vila de Ares.

INSCRICIÓNS:
En Carreiras Galegas. Rematando o prazo ás 23:59 horas do mércores 29 de xullo.
Inscrición gratuita.

RETIRADA DE DORSAIS:

Os dorsais poderán retirarse o venres 31 de xullo de 9 a 14 horas na Alianza Aresana, ou o mesmo sábado no mesmo lugar ata media hora antes da proba. Non poderán tramitarse inscripcións o mesmo día.

CATEGORÍAS
Prebiberóns (2012) 50m ( liña recta ata a meta) 11.05h
Biberóns (2010-11) 100m ( liña recta ata a meta) 11.07h
Prebenxamíns (2008-09) 250m ( xiro 125m) 11.10h
Benxamíns (2006-07) 500m ( xiro 250m) 11.20h
Alevíns (2004-05) 800m ( xiro 400m) 11.30h
Infantís (2002-2003) 1000m ( xiro 500m) 11.40h
Cadetes (2000-2001) 1600m ( xiro 800m) 11.50h
Xuvenís (1998-1999) 1600m ( xiro 800m) 11.50h
Xuniors (1996-1997) 1600m ( xiro 800m) 11.50h
Promesa (1993-1995) 1600m ( xiro 800m) 11.50h
Senior (1981-1992) 1600m ( xiro 800m) 12.00h
Veteráns 1 (1975-1980) 1600m ( xiro 800m) 12.00h
Veteráns 2 (1974-1966) 1600m ( xiro 800m) 12.10h
Veteráns 3 (1965-1956) 1600m ( xiro 800m) 12.10h
Veteráns 4 (1955-1900) 1600m ( xiro 800m) 12.10h

PREMIOS:
Ata prebenxamíns, incluídos o Concello de Ares entregará unha medalla a cada participante e non existirá clasificación oficial nesas probas correndo todos os participantes co dorsal número 01.

Dende benxamíns ata veteráns 4, haberá pódium das probas, con entrega de medallas aos/ás 1, 2, e 3 clasificados/as en cada categoría tanto en masculinos como en femininos.

Haberá trofeo ao gañador absoluto e á gañadora absoluta da proba, así como ao corredor/a máis xove e ao/á máis veterá.

Regulamento:

http://www.carreirasgalegas.com/reglamento/xxiv-milla-urbana-concello-de-ares-iii-circuito-provincial-de-carreiras-populares-deputaci-n-provincial-de-a-coru%C3%B1a/bcf201e3-3c45-a970-a463-39cf453f612f